• info@semescom.gal

Xornadas sobre a figura de Juan Antonio Posse

O 29 de novembro de 1812 Juan Antonio Posse (nado en Soesto, Laxe, en 1766) pronunciaba ante os seus fregueses de San Andrés de Rabanedo (León) un Discurso a favor da Constitución que se promulgara en Cádiz o 19 de marzo do mesmo ano.

No ano 1834 escribirá as súas memorias, inéditas ata 1916 (parcialmente publicadas na revista La Lectura). En 1984 o hispanista americano Richard Herr (catedrático emérito da Universidade de Berkeley, California, EE.UU.) poñeríaas de novo de actualidade ao publicalas xunto co texto do seu Discurso (Memorias del cura liberal don Juan Antonio Posse y su Discurso sobre la Constitución de 1812; CIS/Ed. Siglo XXI, Madrid, 1984).

TRIPTICOS DON JUAN ANTONIO POSSE

En 1995, grazas a un opúsculo impreso de 27 páxinas que se achou na Casa Vella ou Casa de Mariana (súa nai) de Soesto, soubemos algo máis do seu pensamento político. Era a Plática Tercera de 1838, unha atinada crítica da Constitución de 1837.

O 21 de abril de 2007 o Seminario de Estudos Comarcais celebrou en Laxe a I Xornada Conmemorativa sobre a figura de don Juan Antonio Posse con motivo do 240 aniversario do seu nacemento. As actas desta I Xornada están publicadas na Ed. Toxosoutos (2008).

Para descargalo preme aquí.

Na casa de Juan Antonio Posse.

Na casa de Juan Antonio Posse.

No 2012 (23 e 24 de novembro), no bicentenario do seu discurso sobre a Constitución de Cádiz, a figura deste crego liberal volveu ser homenaxeada nunhas II Xornadas celebradas en Vimianzo. Nelas houbo tempo para visitar e coñecer de primeira man os espazos nos que viviu o sacerdote (a súa casa, a igrexa de Soesto, etc.).

Visita aquí a galería de imaxes.

Para coñecer máis sobre Juan Antonio Posse Varela, descarga este pdf.