• info@semescom.gal

Textos Literarios sobre a Costa da Morte

 

Ficha técnica

Título: Textos Literarios sobre a Costa da Morte

Autores: Xosé María Rei Lema

Edita: Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (Vimianzo, 2011)

122 páxinas

 

Case 300 anos de textos literarios dedicados á Costa da Morte, do ano 1728 ó 2010, compoñen a base desta publicación. Poesía, narrativa e teatro en diferentes linguas (galego, castelán, portugués, inglés, italiano), textos que falan desta terra, que como ben dixo Xelucho Abella ten uns límites emocionais máis que físicos, pero que nós consideramos a partir da súa habitual configuración (comarcas de Nemancos, Terra de Soneira e os catro concellos do oeste de Bergantiños). A distribución dos textos é cronolóxica, e dentro das entradas do mesmo ano distribuímolas seguindo unha orde alfabética dos seus autores.

Compoñen o corpus desta obra 156 entradas, que se corresponden con 167 textos de 130 autores. Desas 156 entradas, 95 son textos poéticos, 60 son narrativos e 1 é dramático; do mesmo xeito, 129 están escritos en galego, 18 en castelán, 6 en portugués, 2 en inglés e 1 en italiano. Como en toda antoloxía a escolla ten moito de subxectiva, pero consideramos que neste corpus aparece ben representado todo o territorio da Costa da Morte, e nel ofrécese un amplo percorrido pola literatura dos tres últimos séculos, considerando dende a escrita máis culta ata a popular.

O lector poderá atopar aquí a visión que 130 escritores teñen sobre a Costa da Morte, ou polo menos dalgún anaquiño desta terra, tanto de autores nativos ela coma de forasteiros que a coñeceron e souberon apreciar, como espero que aprecie o lector esta recolleita. Moitos deles coñecidos e outros non tanto: Antonio de Rioboo e Seixas, Rosalía de Castro, Federico García Lorca, Eduardo Pondal, Enrique Labarta Pose, Evaristo Martelo Paumán del Nero, Gonzalo López Abente, Ramón Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro, Antón Avilés de Taramancos, Antón Zapata, Teodoro Morgade, Xosé Collazo, Xohana Torres, Úrsula Heinze, José Ángel Valente, Hans Christian Andersen, Xavier Seoane, Nélida Piñón, Manuel Rivas, Víctor F. Freixanes, Manuel María, Darío Xohán Cabana, Juan Antonio Posse, Xosé Luís Méndez Ferrín, María Xosé Queizán, Francisco F. Naval, Rivadulla Corcón, César Antonio Molina, Miro e Rafa Villar, Pepe Carballude, Marilar Aleixandre, Suso de Toro, Camilo José Cela, Concha Blanco, María Canosa, Xurxo Borrazás, Móñica Góñez, Inma López Silva, Ramiro Fonte, Cesáreo Sánchez, Estevo Creus, María Lado, Alexandre Nerium, Alejandro Finisterre, Fernando Cabeza Quiles, AlbertoLema, Rosa Villada, Modesto Fraga, Luís Lamela, Alois Jirásek, Gerardo Diego, George Borrow etc. etc.

Descarga esta obra en formato PDF, premendo aquí.

Se queres adquirir esta obra contacta con nós en info@semescom.gal