Ficha técnica
Título: Polas antas e mámoas da Costa da Morte
Autor: Xosé María Lema Suárez
Edita: Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (Vimianzo, 2006)
Desta obra existen edicións en español e francés:
– Por los dólmenes de la Costa da Morte (Galicia), Tórculo Edicións, Santiago, 2006
– Les dolmens de la Costa da Morte (au Finisterre de la Galice); Seminario de Estudos Comarcais da CM, Vimianzo 2007.
Hai uns sete mil anos, a finais do V milenio antes de Cristo, aparecen en Galicia os primeiros monumentos históricos coñecidos que chegaron ata os nosos días. Son as construcións megalíticas, denominadas así porque foron realizadas a base de grandes pedras. Toda Galicia está inzada deste tipo de construcións, de fins funerarios, e tamén de carácter monumental, que popularmente son coñecidas cos nomes de antas, arcas ou dolmens, nalgúns casos, e de mámoas o medorras, noutros.
A Costa da Morte presenta unha gran riqueza megalítica. Se ademais lle engadimos a comarca do Barbanza, podemos afirmar que esta rexión occidental, fisterránica, ocupa un dos primeiros lugares de toda Galicia, especialmente no tocante á importancia das antas dalgúns dos seus xacementos megalíticos, pero tamén no elevado número destes. Non cabe dúbida de que este territorio atlántico estivo bastante poboado durante o longo período en que se desenvolveu a cultura megalítica (do V ó II milenio).
Neste libro visitamos as antas máis senlleiras da Costa da Morte: Pedra Moura de Aldemunde (Carballo); Pedra da Arca (Malpica); Dombate (Cabana); Fornela dos Mouros (Laxe); Pedra Moura de Pedra Vixía, Arca da Piosa (Zas); Mina de Recesindes, Pedra Cuberta, Pedra Moura de Carnio, Pedra da Lebre, Casota de Freán (Vimianzo); Pedra da Arca (Vimianzo e Dumbría) e Mina da Parxubeira (Mazaricos).
Descarga esta obra en formato PDF, premendo aquí.
Se queres adquirir esta obra contacta con nós en info@semescom.gal
Preme aquí para descargar un resumo en formato PDF