• info@semescom.gal

Dicionario de escritores e escritoras da Costa da Morte

dicionario de escritores e escritoras da costa da morte semescom

 

Ficha técnica

Título: Dicionario de escritores e escritoras da Costa da Morte

Autor: Xosé María Rei Lema

Edita: Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (Vimianzo, 2010)

 

 

Incluímos neste dicionario aqueles autores que naceron neste territorio, mais tamén tiñamos que considerar os fillos da emigración, é dicir, os autores que naceron fóra e que regresaron á terra de orixe dos pais; así como aqueles que non nacendo na Costa da Morte viñeron vivir para aquí e/ou forman parte activa desta zona.

Compoñen en total o corpus desta obra 77 autores, que abranguen case trescentos anos de literatura na Costa da Morte, desde a publicación da primeira obra en 1728 (La barca más prodigiosa de Antonio Rioboo) ata as últimas obras que viron a luz no ano 2010. Non todos os autores teñen obra publicada en libro, mais incluímos tamén aqueles que deixaron un corpus interesante espallado en distintas publicacións periódicas. Oxalá este libro sirva para recuperar a obra de moitos escritores esquecidos.

Descarga esta obra en formato PDF, premendo aquí.

Se queres adquirir esta obra contacta con nós en info@semescom.gal