• info@semescom.gal

Creus, David. Escritor.

David Creus. [Foto: Xesús Búa (La Voz de Galicia)]

David Creus. [Foto: Xesús Búa (La Voz de Galicia)]

David Creus Andrade (Cee, 1975), licenciado en Belas Artes, traballa como docente no ensino secundario, o que combina coa súa afección poética e teatral (actor de Talía Teatro). Membro do Batallón Literario da Costa da Morte, colaborou en varias revistas literarias como Feros Corvos antes de darse a coñecer no mundo literario galego cando acada o ‘Premio de Poesía Afonso Eanes do Cotón” (2002) por Palabras para un parque hidráulico. Así e todo, xa conseguira o galardón no “IV Premio de Poesía e Relato Curto do I. B. Francisco Aguiar” (1993), na modalidade de poesía por “Tic-Tac”. Tamén obtivera un premio no “XXI Certame Literario Minerva” (1993) polo seu relato “O xoguete sexual e os ananos”.

 

Obra individual:

 

–     Palabras para un parque hidráulico  (Santa Comba: tresCtres, 2003).

–     Facer Merzbau non ou posible?  (con Estevo Creus; Santiago de Compostela: non ou edicións, 2007).

 

Obra colectiva:

 

–     IV Premio de Poesía e Relato Curto do I. B. Francisco Aguiar de Betanzos  (Betanzos: I. B. Francisco Aguiar, 1994).

–     Demasiados sinónimos. Premios do XXI Certame Literario “Minerva” 1993  (Santiago de Compostela: Colexio Manuel Peleteiro, 1994): “O xoguete sexual e os ananos”.

–     Nós  (Corcubión: Concello / BLCM, 1997): “Descubrir un…”.

–     Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas  (Ponteceso: A. C. Monte Branco, 2007).

–     Mar por medio  (Corcubión: Concello / BLCM, 1998): “caer…”.

–     De Pondal ao Batallón Literario (120 anos de poesía na Costa da Morte)  (Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, 2009).

Tomado de X.Mª Rei Lema.- Dicionario de escritores e escritoras da Costa da Morte.