
Diego Cousillas Novo. [Foto: Galicia Hoxe. ECG]
Diego Cousillas Novo (Malpica, 1980) é Licenciado en Filoloxía Galega, e exerce como profesor no ensino secundario. Deuse a coñecer no mundo literario ao acadar o “Premio de Poesía Johán Carballeira” no ano 2005 por
Faltas de ortografía, ata o momento a súa única obra publicada. Tamén conseguiu un accésit no “Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas” (2006) por “Poemas de ocasión”.
Obra individual:
-Faltas de ortografía (A Coruña: Espiral Maior, 2008).
Tomado de X.Mª Rei Lema.- Dicionario de escritores e escritoras da Costa da Morte.