• info@semescom.gal

Blanco, Concha. Escritora.

concha blancoConcepción Blanco Blanco (Lires-Cee, 1950) é diplomada en Maxisterio, e exerce a docencia na vila de Cee. O seu traballo como profesora fixo que comezase escribindo títulos a medio camiño entre o manual de lectura e a obra literaria, constituídos por poemas, relatos e cadros teatrais. Pero logo continúa unha frutífera carreira como escritora de relatos e novelas destinadas ao público infantil e xuvenil. Nos últimos anos deu o salto á narrativa destinada aos adultos, sen descoidar nunca os máis novos.

A súa produción literaria viuse recompensada con varios premios. Desde os primeiros “Premios O Facho” dos anos 1982 (con “O planeta ceboleiro”) e 1983 (con “Os habitantes de Nepocifonilandia”); ata os máis recentes: “Premio Novela por Entregas ‘La Voz de Galicia’” (2007) por Habitación 202, “Premio Arume de poesía para nenos” (2007) por Cantos da rula, “Premio Frei Martín Sarmiento” (2008) por Poemas para pintar, e “Premio de Literatura Infantil e Xuvenil ‘Pura e Dora Vázquez’” (2008) por Encontros ás agachadas. Tamén foi finalista do “Premio Barco de Vapor” (1988), finalista dos “Premios Merlín” (1996, 1999 e 2003), finalista do “Premio Pura e Dora Vázquez” (2007) por “Os poderes máxicos de Aitema” e obtivo o accésit dos “Premios Lazarillo” (1997) por ¡A min que me importa!.

Obra individual:

 

–     Contos prá escola  (Sada: Ediciós do Castro, 1981).

–     Cousiñas prá escola  (Sada: Ediciós do Castro, 1984).

–     Chuchamel  (Sada: Ediciós do Castro, 1988).

–     O Noso Pepe  (Sada: Ediciós do Castro, 1989).

–     ¿Andrómenas?  (Vigo: SM, 1989).

–     A misteriosa montaña de Pena Negra  (A Coruña: Casals, 1991).

–     A vaca titiriteira  (A Coruña: Bruño, 1991).

–     O milagre de Carola  (Sada: Ediciós do Castro, 1992).

–     A Papoula era máxica  (Sada: Ediciós do Castro, 1994).

–     A camioneta da media risa  (A Coruña: Bruño, 1994).

–     Berta non sabe voar  (Santiago de Compostela: Pentalfa, 1995).

–     A Disco ecoloxista  (Vigo: Edicións do Cumio, 1995).

–     Marcelo non me toma o pelo  (Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, 1995).

–     A maxia da bola metálica e outros contos  (Vigo: Edicións do Cumio, 1995).

–     As loucas vacacións dunha formiga  (A Coruña: Bruño, 1996).

–     O aniversario de Ana  (Vigo: Obradoiro, 1997).

–     ¡A min que me importa!  (A Coruña: Bruño, 1998).

–     O vestido de Cora  (Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, 1998).

–     A aventura das cores  (Vigo: Xerais, 1998).

–     A casa de cartón  (A Coruña: Everest, 2000).

–     Querido Iván  (A Coruña: Everest, 2000).

–     Quero que veñan meus pais  (Barcelona: Casals, 2000).

–     Berta  (Vigo: Ir Indo, 2001).

–     Estela, a domadora de ras  (Vigo: Ir Indo, 2002).

–     A camioneta da media risa  (A Coruña: Bruño, 2004).

–     Boris  (Vigo: Galaxia, 2004).

–     Sara  (A Coruña: Casals, 2004).

–     A bruxiña da sorte  (Santiago de Compostela: Alfaguara/Obradoiro, 2005).

–     Boris e compañía  (Vigo: Galaxia, 2005).

–     Poemas para pintar  (Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, 2006).

–     Tita  (A Coruña: Everest, 2006).

–     Cantos da rula  (Sada: Ediciós do Castro, 2008).

–     Habitación 202  (A Coruña: Everest, 2008).

–     Nano  (A Coruña: Everest, 2008).

–     Coa carauta posta  (Noia: Toxosoutos, 2009).

–     Encontros ás agachadas  (Ourense: Deputación, 2009).

–     Os poderes máxicos de Aitema  (Vigo: Galaxia, 2010).

–     Repetimos. Acción!  (A Estrada: Ed. Fervenza, 2010).

–     Luces, bicos e cores, (2012. Ed. Embora).

–     Misterio Resolto, (2012. Ed. Everest).

–    Catuxa quere saber, (2012. Ed. Everest).

–    Cos ollos do avó, (2014. Ed. Embora)

–    As noites de Xián, (2014. Ed. Xerais).

 

· Obra colectiva:

–     8 contos  (Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 1989).

–     E dixo o Corvo…  (Santiago de Compostela: Hospital Xeral / Xunta de Galicia, 1997): “A tatuaxe de Sam”.

–     Nós  (Corcubión: Concello / BLCM, 1997): “a mentira é un tirizó”.

–     Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas  (Ponteceso: A. C. Monte Branco, 1997).

–     O trasno rebuldeiro  (Cee: A. Neria / A. C. Monte Branco, 1997): “Hale Bopp”.

–     Deixade que voe o Paporroibo, que nos conte contos  (Ortigueira: Edicións O Paporroibo, 1999): “Andainas de neno”.

–     Namorados da Costa da Morte  (Cee: Concello / Asociación Neria, 2001).

–     Catro contos para unha data  (Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 2004): “A fonte das ras”.

–     Contos de barcos, paxaros, infancias e pesadelos  (Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 2004): “O voo do paxaro”.

–     A Coruña á luz das letras  (Iñás-Oleiros: Trifolium, 2008): “Son elas”.

–    Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013. Toxosoutos.

Tomado de X.Mª Rei Lema.- Dicionario de escritores e escritoras da Costa da Morte.