• info@semescom.gal

Blanco Campaña, Xosé Luís. Xornalista.

Xosé Luís Blanco Campaña. [Foto: camarinas.eu]

Xosé Luís Blanco Campaña. [Foto: camarinas.eu]

O xornalista e presentador de radio e televisión, Xosé Luís Blanco Campaña, é natural de Camariñas (1948). Foi fundador e director da Radio Galega e director da TVG e da TVE-G. Recibiu varios premios xornalísticos (Ondas, 1990; Galicia de Comunicación, 2000, etc.). Na súa faceta de escritor cóntanse estes libros: Camariñas, terra de palilleiras (1991), Radio e prensa na Galicia Exterior (1995), Historia da radio en Galicia (1999) e Manuel Fraga Iribarne (2001).

Tomado de A Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte.