• info@semescom.gal

Baña, María. Escritora.

María Baña Varela (Cesullas-Cabana de Bergantiños, 1906 – 1995) é unha representante da poesía oral e popular, e como ela mesmo di “eu penso en copla”. Este tipo de poesía estivo sempre desprestixiada, pero coincidimos con Xosé Manuel Varela (autor da edición do seu libro recompilatorio) ao afirmar que estes textos permítennos contemplar a situación da lingua oral e da variante dialectal do galego de Bergantiños, ademais de ser unha mostra dunha literatura tan válida como calquera outra. Chegou a ser moi coñecida na redonda polo seu labor poético, celebrándose homenaxes antes e despois da súa morte, e hoxe en día o concello cabanés outorga un premio literario co nome da poeta.

 

Obra individual:

 

–     Falaba de ser poeta  (Cabana de Bergantiños: Concello, 1998).

–     Colleita poética  (Cabana de Bergantiños: Concello / Caixa Galicia, 2004).

[Foto: Concello de Cabana]

Tomado de X.Mª Rei Lema.- Dicionario de escritores e escritoras da Costa da Morte.