• info@semescom.gal

Balboa Toba, Antonio. Escritor.

Antonio J. Balboa Toba (Muxía, 1944) é diplomado en Psicoloxía, pero as súas paixóns confesadas son a literatura e a pintura. Aínda que empeza a escribir na década de 1970, non será ata finais do século XX cando vexa editada a súa obra. Ata o momento deu ao prelo dúas novelas en castelán e un poemario en galego, mais xa afirma ter lista para a súa publicación unha novela en galego. A súa primeira novela, La crónica de un viajante, foi finalista do “Premio Torrente Ballester” (1998).

Obra individual:

 

–     La crónica de un viajante  (Betanzos: Lugami A. G., 1998).

–     Cavilacións viaxeiras  (Muxía: Concello, 2007).

–     De las tinieblas a la luz  (Vigo: Ir Indo, 2009).

[Foto: La Voz de Galicia]

Tomado de X.Mª Rei Lema.- Dicionario de escritores e escritoras da Costa da Morte.