• info@semescom.gal

Bahamonde, Suso. Escritor.

Suso Bahamonde (A Coruña, 1974) vive dende hai tempo na Costa da Morte, menos unha paréntese de catro anos que o levou a Compostela. Foi membro do Batallón Literario da Costa da Morte e participou nos seus libros colectivos. Suso Bahamonde escribe tanto poesía como relatos curtos con grande éxito. Colaborou en revistas como Feros Corvos ou Dorna. De momento só ten dado a lume unha obra individual, mais hai outros libros que como di el “andarán perdidos polos bares de Compostela, inéditos xa por sempre e por capricho”.

Obra individual:

 

–     Óxido nas flores da tarde. Manifestos  (Santiago de Compostela: Letras de Cal, 2001).

 

Obra colectiva:

 

–     Nós  (Corcubión: Concello / BLCM, 1997): “Algúns poetas morren empalmados”.

–     Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas  (Ponteceso: A. C. Monte Branco, 1997).

–     Mar por medio  (Corcubión: Concello / BLCM, 1998): “Canto”.

–     O entrelazo das palabras  (Santiago de Compostela: Consello Comarcal do BNG, 1999).

–     37 poemas por man propia  (Ribeira: Bourel, 2006).

–     Dez por dez  (Santiago de Compostela: Abrente Editora, 2007).

–     De Pondal ao Batallón Literario (120 anos de poesía na Costa da Morte)  (Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, 2009).

 

[Foto: do seu blog “FromHell”]

Tomado de X.Mª Rei Lema.- Dicionario de escritores e escritoras da Costa da Morte.