Xosé María Lema Suárez
Nome oficial: Bundesrepublik Deutschland (‘República Federal Alemá’)
Composta por 16 Estados libres federados (Bundesländer). Capital Berlín.
Poboación: 82 millóns de hab.
Idioma maioritario: o alemán, pero tamén se falan e oficialmente están protexidos, o danés, o sorabo, o romaní e o frisón. O alemán fálase fóra das fronteiras da república (en Austria e no norte de Suíza, e tamén no norte de Italia (Alto Adige ou Tirol do Sur, con capital en Bolzano/Bolzen); o alsaciano considérase un dialecto alemán, aínda que tamén o alemán que se fala en Austria e, sobre todo, en Suíza, se poden considerar dialectos polo difícil que lles resulta ós falantes do alemán oficial a súa comprensión.
As linguas estranxeiras máis usadas no país son o turco, o polaco, os idiomas eslavos balcánicos e o ruso.
O alemán estándar é unha lingua xermánica occidental estreitamente relacionada co inglés, o neerlandés, o flamengo, o luxemburgués e o sueco.
En total, teñen o alemán como idioma nativo arredor de 100 millóns de persoas, case todas na UE, onde é un dos 23 idiomas oficiais e un dos tres de traballo (xunto co inglés e o francés). Dentro da UE o alemán conta con máis millóns de falantes có inglés e có francés (e có italiano e o castelán). No conxunto de Europa supérao o ruso. Segundo as estatísticas, máis do 67 % dos alemáns é capaz de de entenderse noutro idioma (sobre todo o inglés).
Xentilicio: alemán (utilizado por españois, portugueses, franceses < alamáns, tribo xermánica do sur, en contacto cos romanos); xermano (polos ingleses: ‘German’); tedesco (italianos); Deustch (os propios alemáns).
| DATAS | |
| PALEOLÍTICO | |
| Desde hai 600.000 anos a 200.000 anos | Home de Heidelberg (especie extinguida dunha forma primitiva de homo sapiens); individuos alto (1,80 m) e moi fortes (100 kg) |
| Desde hai 230.000 anos a 28.000 anos | Home de Neanderthal (restos achados en 1856 na cova de Feldhofer, no val de Neander, preto de Düsselforf) |
| NEOLÍTICO | |
| 1.800-400 a.C. | Os pobos celtas do sur de Alemaña e Austria desenvolveron a técnica do traballo do metal, configurando varias culturas (campos de urnas, Hallstatt e La Téne) que se difundiron por toda Europa; disque foron os destas últimas culturas os que introduciron o uso do ferro. A cultura dos celtas acabouse fundindo coa dos pobos xermanos. |
| 750 a.C. | Posibles orixes da lingua protoxermánica |
| Séc. I a.C. | Expansión cara ó sur das tribos xermánicas –de maior homoxeneidade idiomática (indoeuropea) que étnica- do norte de Alemaña e do sur de Escandinavia, entrando en contacto coas lexións romanas |
| Ano 0 | ERA CRISTIÁ |
| 9 d.C. | Tres lexións romanas dirixidas por Varo foron aniquiladas por Arminio, xefe dos que-ruscos, na batalla do bosque de Teotoburgo è os romanos non van tratar de conquistar máis territorio, de xeito que a fronteira co Imperio vai quedar establecida permanentemente nas marxes do Rin e do Danubio. |
| Séc. I | Os cronistas romanos clasifican tres grupos de pobos xermánicos: oriental (vándalos, burgundios, godos etc.), setentrional (os de Escandinavia) e occidental (queruscos, francos, frisóns, saxóns, suevos, lombardos, alamáns, turinxios etc.). |
| Ca. 98 | De origine et situ Germanorum («Sobre a orixe e territorio dos germanos»), tamén coñecido como Xermania, obra do historiador romano Tácito que describe os xermanos e o seu país en base ós testemuños de lexionarios, mercadores e viaxeiros. Malia que os considera primitivos, expresa a súa admiración polos valores destes pobos (austeri-dade, dignidade, valor militar), pero tamén critica a súa afección á bebida e ó xogo, a súa tendencia á inactividade en tempo de paz e a súa terrible indisciplina militar. |
| Séc. III | Xurdimento de gran número de tribos xermánicas no oeste: os alamáns, francos, frisóns e turinxios, pobos que inician o período das grandes migracións ou invasións bárbaras traspasando a fronteira norte do Imperio romano. |
| SÉCULOS V-XV | IDADE MEDIA |
| Séculos IV-V | Invasións xermánicas (=bárbaras) no Imperio romano, motivadas polos cambios climá-ticos desfavorables, as crises de subsistencia, o incremento demográfico, o empuxe dos hunos etc.: cruzan a fronteira do Rin, entre outros, os ostrogodos (godos do leste), os visigodos (godos do oeste), os vándalos, os alanos e o suevos. |
| 411 | Os suevos (procedentes da Suabia) atravesan a Galia e entran en Hispania no 409; instálanse na provincia de Gallaecia (NO. da península Ibérica) e fundan o reino suevo, o primeiro reino independente do Imperio romano tras a súa desmembración, que durou máis de 175 anos (do 411 ó 585) |
| 415 | O visigodo Ataúlfo casa con Gala Placidia, irmá do emperador romano Honorio, e funda o reino visigodo, con capital en Tolosa (Toulouse) [419-507]. |
| 429 | Os vándalos, que tamén trataran de se instalar en Hispania, atravesan o estreito de Gibraltar e o seu rei Xenserico funda un reino no norte de África., que se vai dedicar á piratería. |
| Ca. 450 | Tribos xermanas do norte (xutos, anglos, saxóns) desembarcan nas Illas Británicas e relegan os britanos ás “fisterras” (Escocia, Gales, Cornualles). Época da lenda do rei Artur. Parte destes britanos emigran á Armórica (Bretaña francesa) e ó norte da Gallaecia (o bispo Maeloc e a diocese de Britonia). |
| 451 | Meroveo, rei dos francos, derrota a Atila nos Campos Cataláunicos (preto de Châlons-en-Champagne, norte de Francia). |
| 482-511 | Reino franco de Clodoveo (Clovis), que se instala no norte da Galia (actual Francia e Países Baixos) e acaba cos restos do dominio romano occidental. |
| 493-553 | Reino ostrogodo de Italia |
| 714-741 | O franco Carlos Martel somete as tribos xermanas dos alamáns e turinxios e loita contra os saxóns; os bávaros perden a súa independencia. |
| 732 | Carlos Martel frea a invasión musulmá en Poitiers |
| 751 | O papa Estevo II pide axuda ó rei franco Pipino II o Breve contra o rei lombardo Astolfo, e pon a Roma baixo a protección do rei franco, que recibe o título de Patricius Romanorum (‘Protector dos romanos’). Pipino faralle ó papa doazón do ducado de Roma (a Doazón de Pipino), orixe do Estado Pontificio. |
| 768-814 | Reinado de Carlomagno, fillo de Pipino |
| 772-814 | Carlomagno vence os saxóns (xermanos do oeste, de Saxonia) e sométeos, aínda que estes se rebelarían en moitas ocasións. |
| 773-774 | Carlomagno conquista o reino lombardo, proclámase “rei dos francos e dos lombardos” e confirma a doazón de Pipino. |
| 798 | Con máis guerras contra os saxóns, eslavos e ávaros, Carlomagno logra a incorporación ó Imperio carolinxio do territorio comprendido entre a desembocadura do río Oder (norte de Alemaña) e o Adriático |
| 800 | O papa León III coroa emperador a Carlomagno (Romanum gobernans Imperium). |
| 812 | Tratado de Aquisgrán (actual Aachen): Miguel I, emperador de Oriente, recoñece a Carlomagno como emperador de Occidente.
Carlomagno aconsella ó seu fillo Ludovico que non se deixe coroar polo papa, senón que colla a coroa por si mesmo (a Deo coronatus), seguindo a tradición bizantina. |
| 814 | Morte de Carlomagno |
| 814-840 | Ludovico Pío (Luís o Piadoso) consinte que o papa Estevo IV o coroe en Reims, o que supón que só o papa pode outorgar a dignidade imperial |
| 817 | “Ordinatio imperii”: a dignidade imperial será herdada polo primoxénito de Ludovico (Lotario, que xa estaba asociado á coroa); os fillos menores, en calidade de subordinados ó emperador, reciben o goberno dos reinos de Aquitania (Pipino) e de Baviera (Luís o Xermánico) |
| 829 | Malia que no acordo se facía constar que non habería novas divisións, o propio Ludovico creou o reino de Alamania para o seu fillo Carlos o Calvo. |
| 830 | Por esta razón, 1ª rebelión dos fillos de Ludovico (Pipino, Luís e Lotario, que se fixera coroar no 823 emperador de Roma, con xuramento de fidelidade ó papa). |
| 838 | Carlos o Calvo herda Aquitania á morte de Pipino. |
| 840 | Guerra fratricida: Luís o Xermánico e Carlos o Calvo contra Lotario (derrotado no 841 na batalla de Fontenoy) |
| 842 | Xuramento de Estrasburgo entre Luís o Xermánico e Carlos o Calvo (o máis antigo documento que se conserva redactado en antigo alemán e antigo franco) |
| ORIXES PRIMIXENIAS DOS REINOS DE FRANCIA E ALEMAÑA | |
| 843 | Tratado de Verdún: división do Imperio carolinxio en tres reinos: o emperador Lotario I recibe a parte central (a Lotarinxia, do mar do Norte á metade norte de Italia, coas cidades imperiais de Aquisgrán e Roma); Luís o Xermánico a parte oriental (orixe da actual Alemaña) e Carlos o Calvo a occidental (orixe da actual Francia). Só formalmente se conserva a unidade do Imperio. |
| Entre os fillos e netos destes reis seguirán habendo loitas e as fronteiras destes reinos variarán con moita frecuencia; nunca foron estables, como é lóxico. | |
| 919-1024 | ÉPOCA DOS EMPERADORES SAXÓNS |
| 910 | Fundación da abadía de Cluny |
| 919-936 | Henrique I, rei dos francos e dos saxóns |
| 936-973 | Otón I o Grande |
| 962 | Otón I o Grande é coroado emperador en Roma do Sacro Imperio R.X. |
| 962-1806 | SACRO IMPERIO ROMANO XERMÁNICO |
| 973-983 | Otón II |
| 983-1002 | Otón III, que intenta no 996 reconstruír o Imperio de Carlomagno |
| 1002-1024 | Henrique II o Santo, que fora elixido emperador porque se sabía que non podería fundar unha dinastía (era impotente: mantivo coa súa muller, santa Cunegunda de Luxemburgo, un matrimonio ‘branco’, e tal castidade forzosa valeríalle para a súa posterior canonización). Así e todo, disque someteu a súa muller a unha ordalía –facéndoa camiñar descalza sobre ascuas- porque sospeitaba da súa infidelidade. |
| 1007 | Fundación do bispado de Bamberg, cidade protexida polo emperador Henrique, para a evanxelización dos eslavos do río Meno (Main). |
| 1024-1125 | OS EMPERADORES SÁLICOS |
| 1024-1039 | Herda o imperio Conrado II, neto de Conrado o Roxo de Lorena |
| 1033 | Incorporación do reino de Borgoña ó Sacro Imperio, por herdanza (ó que se opoñen os señores feudais borgoñóns). |
| 1039-1056 | Herique III, coroado emperador en 1047 |
| 1056-1106 | Henrique IV, que no 1075 logra someter os saxóns, sempre en rebeldía. |
| 1074 | O papa Gregorio VII (o monxe Hildebrando, de Cluny, de carácter austero), tras un Concilio en Roma, sanciona a imposición do celibato ós cregos. |
| 1075 | Novo concilio romano: prohíbese que os cregos reciban cargos dos laicos: inicio da loita das Investiduras entre o papado e o Imperio Xermánico. O papa Gregorio VII ameaza ó emperador Henrique IV coa excomuñón. |
| 1076 | Sínodo de Worms: Henrique IV e os bispos alemáns declaran deposto o papa.
–Concilio lateranense: Gregorio VII depón e excomunga o emperador, liberando os seus súbditos do xuramento de fidelidade. |
| 1077 | Ante a rebelión dos seus súbditos, o emperador atravesa os Alpes en inverno e permanece tras días descalzo ante o castelo de Canosa (onde estaba o papa refuxiado) para implorar o seu perdón; obteno tras prometer a arbitraxe papal en todos os conflitos |
| 1080 | O emperador incumpre a palabra e faise coroar emperador polo antipapa Guiberto de Rávena.
-O emperador acosa a Gregorio VII, refuxiado no Castel de Sant’Angelo en Roma; liberáno os normandos de Roberto Guiscardo, refuxiándose en Salerno, onde morre, consciente de ter fracasado no intento de subordinar a Igrexa e o Imperio á autoridade papa (deste xeito, subsiste a doutrina da orixe divina do poder imperial). |
| 1122 | Concordato de Worms entre Henrique V e o papa Calisto II, que dá fin á 1ª fase da loita das Investiduras: o emperador renuncia a conceder a investidura espiritual representada polo báculo e o anel (para bispos e abades, dignidades canónicas reservadas ó papa), pero si outorgará a investidura temporal representada polo cetro e a espada (bens cedidos en feudo). |
| 1125-1137 | Morre o emperador Lotario II e empezan as loitas entre os güelfos de Saxonia (partidarios da Casa de Baviera e do Pontificado) e os xibelinos (da Casa de Suabia e do emperador) |
| 1137-1254 | O IMPERIO DOS HOHENSTAUFEN |
| 1152-1190 | Frederico I Barbarroxa, da dinastía suaba dos Hohenstaufen, pretende instaurar un gran Imperio de Occidente con capital en Roma, pero recibe a oposición do papa Alexandre III è sucédense moitas guerras en Italia (ata seis ou sete campañas) entre os partidarios do papa (güelfos) e do emperador (xibelinos) |
| 1188 | Dieta de Worms: o emperador Frederico I emprende a 3ª Cruzada, morrendo en San Xoán de Acre en 1191. |
| 1209 | Otón IV nomeado emperador, pero é excomungado polo papa Inocencio III, que coroa a Frederico II, educado baixo a súa tutela |
| 1250 | Continúan as loitas dinásticas. En 1250 morre Frederico II na Puglia (Italia). |
| 1250-54 | Reinado de Conrado IV, pero more nunha batalla e con el rematan os Hohenstaufen è empeza un período de interregno, sendo un dos aspirantes á coroa imperial alemá Afonso X o Sabio de Castela, por ser fillo de Beatriz de Suabia. |
| 1273-1356 | INÍCIASE O PERÍODO DO IMPERIO ELECTIVO XERMÁNICO |
| 1257 | Dobre elección de Afonso X de Castela e de Ricardo de Cornualles è acórdase instaurar un sistema electivo: a) formación dunha orde de príncipes electores (3 eclesiásticos e 4 leigos); b) renuncia do Sacro Imperio Xermánico á política italiana e á idea dun Imperio universal.
-máis adiante, cunha nova Constitución imperial, favorécese a elección dos candidatos das casas de Luxemburgo e, despois de 1417, a de Habsburgo austríaca para asegurar o dualismo do Estado: a división do poder entre o emperador e o Imperio; refórzase a influencia leiga para evitar a inxerencia do papa na elección do emperador (segundo a Bula de Ouro, de 1356, o papa só poderá elixir “o rei dos romanos” designado polos electores). |
| LIGA DAS CIDADES XERMANAS MERIDIONAIS | |
| 1254 | Liga das cidades renanas (para asegurar a tregua no interregno) |
| 1376 | Liga das cidades suabas |
| 1389 | Paz xeral de Eger e renuncia ás Ligas e fin da política independente das cidades meridionais |
| PROXECTO DUN IMPERIO PANESLAVO | |
| 1373-1419 | Wenceslao, rei de Bohemia, goberna despoticamente. Contra el organízase a Liga dos Cabaleiros |
| 1410-1437 | Sexismundo de Luxemburgo logra coroarse emperador |
| 1414-18 | Concilio de Constanza, convocado polo emperador Sexismundo para acabar coa división da Igrexa: persistía o Cisma de Occidente (desde 1378), división Aviñón-Roma (chegou a haber ata tres papas) |
| 1415 | Execución de Jan Hus, reformista bohemio, e rebelión violenta do catolicismo bohemio contra a Igrexa Católica e o Sacro Imperio Xermánico (rebelión antixermánica dos checos). |
| 1419 | 1ª Defenestración de Praga e división dos husitas en utraquistas e taboritas. |
| O IMPERIO MUNDIAL DOS HABSBURGO | |
| 1438-39 | Extinta a dinastía de Luxemburgo, cinxe a coroa xermana Alberte II, da casa de Habsburgo, austríaca |
| 1440-93 | Frederico III, emperador |
| 1477 | Os Habsburgo adquiren o ducado de Borgoña |
| 1491 | Acordo hereditario dos Habsburgo con Bohemia e Moravia |
| 1493-1519 | Maximiliano I de Austria (Habsburgo), emperador dun amplísimo territorio: Países Baixos, Lorena-Palatinado, Borgoña, toda a actual Alemaña e boa parte de Polonia, Bohemia, Moravia, Baden-Würtemberg, Baviera, Austria…. |
| 1496 | Filipe o Fermoso (natural de Bruxas), fillo de Maximiliano, casa coa infanta Juana de Castela e introduce neste reino a Casa de Habsbrugo en 1506 |
| 1495-1521 | Diversas Dietas (Worms, Colonia…) intentan dar unha Constitución imperial para evitar o fraccionamento territorial |
| SÉCULOS XVI-XVIII | IDADE MODERNA |
| 1500 | Nace en Gante (Flandres) o príncipe Carlos, fillo de Filipe o Fermoso e de Juana de Castela. |
| 1517 | O 18-09 desembarca en Villaviciosa (Asturias) o príncipe flamengo Carlos de Habsburgo, Carlos de Gante, herdeiro das coroas de Castela (tras a abdicación de súa nai, recluída nun convento en Tordesillas) e Aragón (tras a morte do seu avó Fernando o Católico (1516).
O 31-10 Martiño Lutero fixa na igrexa de Wittenberg as 95 teses contra as indulxencias. |
| 1518 | Morre o cardeal Cisneros, rexente de Castela. Na 1ª sesión das Cortes de Castela esixíuselle a Carlos, para ser recoñecido rei, “el respeto a las leyes de Castilla y que aprendiese el castellano”. El accedeu, pero a cambio dun crédito de 600.000 ducados. No reino de Aragón as negociacións aínda foron máis arduas. |
| 1519 | Morre Maximiliano de Austria e o seu neto Carlos postúlase como emperador do Sacro Imperio Xermano, cousa que logra mediante subornos ós electores e certas concesións (os banqueiros Fugger de Augsburgo financian a súa elección a cambio do monopolio das minas de mercurio de Almadén). |
| 1520 | Despois de conseguir financiamento nas Cortes de Santiago e A Coruña para para a súa elección (400 mil ducados) o rei Carlos I embarca na Coruña para ser coroado emperador.
-23-10: Carlos de Gante foi coroado en Aquisgrán emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico co nome de Carlos V, como é coñecido na historia europea. Tiña 20 anos e era o rei máis poderoso de Europa. |
| 1521 | Batalla de Villalar (Valladolid), onde as tropas imperiais fieis a Carlos I vencen ás das Comunidades de Castela (os xefes casteláns Padilla, Bravo e Maldonado foron executados).
–Edicto de Worms, co que Carlos V pretendía acabar coa disidencia de Lutero declarándoo herexe. |
| 1526 | Dieta de Spira, que consagraba a relativa tolerancia relixiosa entre protestantes e católicos baixo o lema “Cuius regio, eius religio”. |
| 1529 | Nova Dieta de Spira: ante a intención dos católicos de anularen a tolerancia relixiosa, os luteranos protestaron è serán chamados ‘protestantes’ |
| 1530 | 25-6: Confesión de Augsburgo: declaración de fe dos reformistas luteranos ante o emperador Carlos V dos líderes luteranos (Philip Melanchton), coa aprobación de M. Lutero e asinada por sete príncipes alemáns.
-3-8: os teólogos católicos refutan a doutrina luterana. |
| 1532 | Paz ou tregua de Núremberg entre o emperador e os líderes protestantes. |
| 1545 | Dieta de Worms: os estados protestantes alemáns néganse a asistir ó Concilio de Trento (1545-1563) |
| 1547 | Batalla de Mühlberg: Carlos V vence o exército protestante da Liga de Esmalcalda; vitoria pírrica, pois non logra conter o protestantismo. |
| 1552 | Fúndase en Roma o Collegium Germanicum, dedicado a formar sacerdotes alemáns para introducir a Contrarreforma. |
| 1555 | Paz de Augsburgo, que proclama a liberdade relixiosa nos Estados alemáns e consagra a excisión do cristianismo de Occidente. |
| 1556 | Carlos V abdica e retírase ó mosteiro de Yuste (Estremadura): lega ó seu fillo Filipe II a coroa de España (Castela e Aragón), as posesións italianas, os estados da Casa de Borgoña e os territorios do Novo Mundo; ó seu irmán Fernando cédelle o Imperio alemán e os territorios austríacos. |
| 1555-1564 | O emperador Fernando I procura manter a paz relixiosa. Fracasa na súa tentativa de unificación confesional. |
| 1563 | Iníciase a Contrarreforma en Baviera (baluarte do catolicismo alemán). Xesuítas como san Pedro Canisio (o segundo apóstolo de Alemaña) van ser fundamentais neste propósito. |
| 1564-1576 | Maximiliano II prohíbe a publicación dos decretos do Concilio de Trento e declárase neutral en materia confesional. O protestantismo segue espallándose polo norte do Imperio. |
| 1576-1612 | Rodolfo II, educado en España polos xesuítas, introduce a Contrarreforma nos dominios da casa de Habsburgo. Vive en Praga como un misántropo, e rodéase de alquimistas e astrónomos (Kepler, Ticho Brahe). |
| 1583 | Triunfo da facción católica en Colonia: o arcebispo, convertido ó protestantismo, é expulsado da cidade. |
| 1596 | Persecución de protestantes en Estiria, por orde do arquiduque Fernando. |
| 1609 | O rei Maximiliano I de Baviera funda a Liga Católica co apoio de España. |
| 1618 | 2ª Defenestración de Praga, chispa que deu orixe á Guerra dos Trinta Anos: ó ser proclamado rei de Bohemia Fernando de Estiria, xefe da Liga Católica, os protestantes checos lanzaron polas ventás do pazo imperial a dous funcionarios católicos do rei. Cando Fernando II foi proclamado emperador, os bohemios escolleron como rei o elector palatino Frederico V, calvinista e xefe dos protestantes. |
| 1618-1648 | Guerra dos Trinta Anos, que afectou sobre todo ó Imperio alemán. Causas:
A) relixiosas: intento do emperador Fernando II de impoñer o catolicismo; loitas relixiosas en Bohemia. B) Políticas: intento do mesmo emperador en transformar en hereditario o Imperio alemán, que era electivo; rivalidade entre o emperador e varios príncipes alemáns. C) Intento de Francia de arruinar a Casa de Austria (Habsburgo) e restablecer o equilibrio europeo. D) Rivalidade comercial no mar Báltico dos alemáns cos dinamarqueses e suecos. |
| 1648 | Paz de Westfalia: no último período da Guerra dos Trinta Anos (o período francés), Francia entrou na guerra a favor dos protestantes e a loita estendeuse dos Pireneos ó Báltico. Os terzos españois foron vencidos en Flandres na batalla de Rocroi (1643), e o emperador Fernando III, ante o perigo de que as tropas francesas (Luís XIII, cardeal Richelieu) tomasen Viena en 1648, asinou a paz. |
| 1648 | Consecuencias da Paz de Westfalia:
a) o emperador de Alemaña recoñeceu que os 335 príncipes do seu Imperio eran soberanos en cada un dos seus estados confederados; b) estableceuse a completa liberdade relixiosa en Alemaña; c) Suecia e Dinamarca ampliaron os seus territorios a custa do Imperio alemán; d) Alemaña devolveu a Francia Alsacia e Lorena; e) A Confederación Helvética (Suíza) e os Países Baixos (Holanda) sepáranse do Imperio e independízanse; f) desaparece a hexemonía dos Habsburgo en Europa, e tamén marca a fin da hexemonía española en Europa. |
| Despois de 1648 | Despois de Westfalia: O Imperio alemán componse de 335 territorios soberanos con órganos de goberno repartidos entre o emperador e o Imperio: Chancelería da Corte en Viena; Chancelería imperial en Maguncia (Mainz), p.ex. A Dieta imperial (desde 1663 en Ratisbona) permanente é unha asemblea articulada en tres grupos: 8 príncipes electores; 165 príncipes non electores; 61 cidades imperiais. Só para a guerra se prevía un exército imperial (improvisado). O emperador só era un señor territorial máis. |
| 1640-1688 | O Gran Elector Frederico Guillerme (da casa de Hohenzollern) crea o Estado prusiano, no norte de Alemaña (estados de Brandenburgo e Prusia), con capital en Berlín. |
| 1669 | Austria afírmase como gran potencia, obtendo dos turcos toda Hungría e Transilvania. |
| 1700-1740 | Créase a monarquía dualista austro-húngara, e Viena convértese na capital do novo imperio Austro-Húngaro |
| 1711-1740 | 1713: Carlos VI rei de Austria tras renunciar ás súas pretensións ó trono de España (Guerra de Sucesión española 1700-1713) asina o Tratado de Utrech.
-o non ter sucesión masculina, publicou a Pragmática Sanción (1713) para asegurar o trono para a súa filla María Teresa |
| 1740-48 | Guerra de Sucesión austríaca, provocada pola invasión de Silesia de Frederico II de Prusia. Na Paz de Aquisgrán (1748) sería recoñecida no trono imperial, pero Austria entregou Silesia a Prusia. |
| 1789 | Iníciase a Revolución francesa, que, pola súa oposición ó absolutismo monárquico, chocará cos imperios alemán e austríaco. |
| 1792 | Invasión de Francia por tropas austroprusianas contra os revolucionarios franceses. Vitoria francesa en Valmy e retirada do exército invasor |
| 1800 | Napoleón derrota o exército austríaco en Marengo |
| 1805 | Napoleón atravesa o Rin, vence o exército austríaco en Ulm e ocupa Viena. Na batalla de Austerlitz vence a austríacos e rusos. |
| IDADE CONTEMPORÁNEA | |
| FIN DO SACRO IMPERIO ROMANO XERMÁNICO è CONFEDERACIÓN DO RIN | |
| 1806 | Confederación do Rin, protectorado francés que supón o desmembramento do Imperio alemán.
-6-8: presionado por Napoleón, Francisco II renuncia á coroa imperial, o que supón o remate do Sacro Imperio Romano Xermánico. –outubro 1806: Napoleón vence os prusianos en Jena e entra en Berlín. |
| 1813-15 | A loita contra os exércitos imperiais de Napoleón van facer espertar o nacionalismo alemán è toda Europa aliada contra el: desde Gran Bretaña e España a Rusia. |
| 1814 | 6-4: tras seren derrotadas as tropas francesas en Rusia e en España (en Galicia xa o foran en xuño de 1809), Napoleón abdica e será recluído na illa de Elba. |
| 1815 | Marzo: Napoleón desembarca en Cannes e inicia o Imperio dos Cen Días. |
| 1815 | 18-6: batalla de Waterloo: Napoleón é vencido definitivamente por unha coalición internacional (prusianos, austríacos, británicos) ó mando do duque de Wellington. |
| CONFEDERACIÓN XERMÁNICA | |
| 1815 | set. 1815: créase en Viena a Santa Alianza, intento dos monarcas absolutistas de Rusia (ortodoxo), de Prusia (protestante) e de Austria (católico) de erradicar o liberalismo e volver á monarquía absoluta.
– neste congreso tamén se constitúe a Confederación Xermánica, creada para manter a integridade dos estados alemáns: 39 estados soberanos cun imperio (Austria) e cinco reinos (Prusia, Baviera, Württemberg, Saxonia e Hannover); ten unha Dieta (congreso) con sede en Fránkfurt. Cada un destes estados (Land) tiña leis e sistemas de gobernos propios, pero existía unha forte conciencia, nacida nas guerras napoleónicas e estimulada por intelectuais (Fichte, Hegel, Ranke) de formar parte dunha única nación: a nación alemá (idea romántica e historicista de nación, que existe aínda que o pobo non teña conciencia diso: unha mesma historia, unha mesma lingua, unha mesma idiosincrasia…). Este tipo de nacionalismo oponse ó da revolución francesa (nación = pobo). |
| 1816 | Nace en Tréveris (Trier) Karl Marx, creador do marxismo. |
| 1831 | Morre W.F. Hegel, o pensador máis importante da época e representante do “idealismo alemán”. O seu pensamento influirán en Karl Marx e no materialismo histórico. |
| 1834 | Créase a Deutscher Zollverein (‘Unión aduaneira alemá’), baixo a presidencia de Prusia, que abarca a 25 millóns de persoas e supón unha etapa previa á unificación política. |
| 1840 | Morre Frederico Guillerme III de Prusia, que se aferrara ós principios da Sta. Alianza (perseguiu os liberais, suspendeu reformas constitucionais, aprazou o decreto de abolición da servidume dos labregos etc.) |
| 1840-1861 | Frederico Guillerme IV de Prusia amnistía os perseguidos políticos e pon fin ás desordes católicas de Colonia iniciadas en 1837 (conflito co estado prusiano polos matrimonios mixtos; os bispos católicos opoñíanse á secularización e propugnaban o control relixioso da educación). |
| 1848 | Revolución de marzo. Enfrontamentos entre obreiros e militares en Berlín (barricadas). F. Guillerme IV acaba prometendo unha Constitución.
-tamén houbo levantamentos en Viena, e o príncipe Metternich ten que fuxir. -Marx e Engels publican o Manifesto Comunista. |
| A UNIFICACIÓN ALEMÁ | |
| 1862 | O rei Guillermo I de Prusia nomea Primeiro Ministro a Otto von Bismarck, o chanceler de ferro, que fortalece o exército e inicia a época do militarismo xermánico con miras a lograr a unificación alemá combinando a guerra e a diplomacia. |
| 1864 | Guerra dos Ducados: Austria e Prusia, aliados, eliminan no ducado de Holstein a administración danesa e anexionan á Confederación Xermánica o ducado de Schlewig, territorio danés habitado por alemáns. |
| 1866 | Guerra contra Austria. A derrota austríaca permitiría excluír Austria da unificación; disólvese a Confederación Xermánica e créase a Confederación alemá do Norte, presidida polo rei prusiano. |
| 1870 | Guerra franco-prusiana, provocada para estimular o patriotismo alemán fronte a un inimigo secular (lembranzas da invasión napoleónica). Vitoria dos prusianos en Sedán e anexión de Alsacia e Lorena, cunha poboación falante dun dialecto alemán, o alsaciano. |
| II IMPERIO (REICH) ALEMÁN (1871-1918) | |
| 1871 | Proclamación do II Reich alemán: unha alianza de monarcas (Luís II de Baviera entre eles) que recoñecen a preeminencia do rei de Prusia Guillerme I, convertido en káiser ‘emperador’. (En 1861 Italia lograra a súa unificación, con Vítor Manuel II, rei do Piemonte, como soberano)
Lógrase por fin a ansiada unificación alemá, pero con moitos matices. O modelo político foi unha monarquía constitucional confederal, conservando os antigos Estados unha grande autonomía interna (sobre todo aqueles que achegasen axuda financeira; Baviera e Würtemberg teñen o privilexio do exército, correos e impostos propios. O poder central controla o exército, as aduanas, o comercio e as comunicacións. O órgano supremo do Reich é o Consello Federal (Bundesrat) con poder lexislativo e dereito a control (o seu presidente é o rei de Prusia, xefe supremo do exército, é quen nomea o chanceler (1º Ministro), que só é responsable ante o emperador. O Reichtag (Parlamento) é elixido por sufraxio universal masculino, pero conta cunha autonomía moi relativa. |
| 1871 | Lei do Púlpito, para limitar a influencia política do clero. Bismarck gobernou co apoio dos partidos conservadores, pero non só tivo a oposición do incipiente Partido Socialdemócrata Alemán (SPD), senón da Igrexa Católica. |
| 1888-1918 | Reinado do káiser Guillerme II |
| 1890 | Destitución de Bismarck, debido ó triunfo nas eleccións do Partido Socialdemócrata (SPD), que reclama os dereitos da clases obreira. A SPD nacería a partir das ideas do revisionismo de Eduard Bernstein, que renuncia á ditadura do proletariado e acepta entrar no sistema burgués de partidos para lograr o poder polas urnas. A Socialdemocracia alemá sería a 1ª en conseguir un certo estado de benestar para a clase obreira. |
| 1890-1914 | Tensións prebélicas en Europa polas rivalidades imperialistas dos grandes Estados-nación (p.ex., a rivalidade franco-alemá, os intereses coloniais, as tensións nacionalistas (Estados-nación imperialistas; nacións sen Estado que desexan telo). |
| 1914 | Sistema de alianza europeas: a) Tripla Alianza (Imperio alemán, Imperio Austrohúngaro e Italia); b) Triple Entente (Gran Bretaña, Francia e Imperio ruso). |
| 1914-1918 | I GUERRA MUNDIAL |
| 1914-18 | I Guerra mundial; dous bandos:
a) Os Imperios centrais (Imperio alemán, Imperio Austrohúngaro, Imperio turco e Bulgaria); b) Os aliados: Gran Bretaña, Francia, Imperio ruso (Italia en 1915, EE.UU. en 1917, ano en que a Rusia bolxevique de Lenin abandona a guerra) |
| 1918 | 7 out.: o goberno alemán pídelle armisticio ó presidente Wilson è a influencia da Revolución rusa provoca sublevacións de obreiros e militares en Hamburgo, Hannover e Múnic (ó estilo dos sóviets).
-7 nov.: proclamación da República en Baviera. Revolución en Berlín. -9 nov.: abdicación de Guillerme II, que foxe a Holanda è proclamación da República alemá. -10 nov.: rebelión espartaquista dos socialdemócratas radicais (Liebknecht, Rosa Luxemburg) que propugnan a ditadura do proletariado. 11 nov.: armisticio que dá fin á guerra, en base ós 14 puntos de Wilson è derrota dos Imperios alemán e austrohúngaro. |
| 1919-1939 | PERÍODO DE ENTREGUERRAS |
| 1919 | Tratado de Versalles (das potencias vencedoras con Alemaña):
a) perdas territoriais de Alemaña: Alsacia e Lorena a Francia; Eupen e Malmedy a Bélxica; o norte de Schleswig a Dinamarca; Posnania, Prusia Occidental e Alta Silesia a Polonia. -Danzig convertida en cidade libre. -o Sarre será administrado durante 15 anos por Francia b) condicións militares (redución do exército, ocupación da zona do Rin, supresión do servizo militar obrigatorio. c) condición económicas: fortes indemnizacións de guerra ós vencedores. d) condicións morais: Alemaña declarada responsable da guerra. e) disolución do Imperio alemán e destitución do káiser è Alemaña pasa a ser unha república. |
| 1918-1933 | A REPÚBLICA ALEMÁ DE WEIMAR |
| 1918 | -nov.: pacto entre a facción moderada da socialdemocracia (Friedrich Ebert) e o exército (xeneral W. Groener) è nace a República de Weimar (cidade do land de Turinxia), sede da Asemblea de Weimar (1918-19) |
| 1919 | -xan.: militares de dereitas asasinan os líderes do movemento espartaquista (‘Garda Vermella’), Liebknecht e Rosa Luxemburg, e afogan este movemento comunista. |
| 1919-1925 | Friedrich Ebert (SPD) é elixido presidente da República, á fronte dun goberno de coalición cos católicos e co Partido Demócrata Alemán. |
| 1919 | Constitución da República de Weimar:
-República federal, parlamentaria e democrática. -Parlamento constituído polo Reichstag (deputados electos) e o Reichsrat (representantes dos Länder). |
| A República tivo a hostilizade da alta burguesía (contraria á lei das 8 horas, á contribución sobre rendas etc.), do exército e de grupos da extrema dereita.
-a extrema esquerda adopta unha táctica insurreccional (Kurt Eisner proclama unha República dos soviets en Múnic) |
|
| 1920 | Nunha cervexería de Múnic, un antigo cabo do exército de orixe austríaca, Adolf Hitler, funda o Partido Obreiro Alemán Nacional Socialista (partido Nazi) |
| 1923 | Ocupación da zona do Ruhr por Francia e Bélxica como garantía dos seus créditos. |
| 1923 | 9-11: Putsch de Múnic: golpe de estado de Hitler e Ludendorff en Múnic, co apoio do Comisario Xeral do Estado para Baviera, Von Kahr. è co apoio do exército e da policía, Hitler é encarcerado (no cárcere escribe Mein Kampf ‘A miña loita’).. |
| 1925-1934 | Von Hindenburg, presidente da República |
| 1930 | Caída de Müller, último chanceler socialdemócrata è agrávanse as crises. |
| 1932 | Xullo: eleccións xerais con vitoria (sen maioría absoluta) do Partido Nazi (14 millóns de votos e 230 deputados no Reichstag; os comunistas logran 89 deputados è o triunfo desata a violencia dos nazis contra comunistas e socialdemócratas.
-Hindenburg oponse á designación de Hitler como chanceler e convócanse novas eleccións: -6-11: os nazis perden 3 millóns de votos; avance nacionalista e comunista |
| 1933-1945 | ALEMAÑA BAIXO O NAZISMO |
| 1933 | -30-01: Hitler (chanceler) forma goberno de coalición con nacionalistas, independentes e católicos, con Von Papen como vicechanceler.
-27-02: os nazis incendian o Reichstag e bótanlles a culpa ós comunistas è persecución oficial dos partidos de esquerda. -05-03: novas eleccións ó Reichstag: os nazis obteñen 17 millóns de votos (maioría absoluta); os socialdemócratas 7 millóns; comunistas 4.800.000 e nacionalistas 3 millóns. -13-03: creación do Ministerio para a Educación do Pobo e da Propaganda, ó cargo de Joseph Goebbels. -21-03: disolución do Parlamento è detencións arbitrarias de membros da oposición política -07-4: Lei de Unificación dos Länder: abolición do sistema federal a prol do centralismo estatal. -maio: prohibición de partidos e sindicatos, a excepción do Partido Nazi, o único (para asegurar a unidade do Partido e do Estado). |
| 1934 | -Creación da GESTAPO (Policía secreta do Reich), controlada por H. Himmler, xefe supremo das SS è reprímense todos os movementos da oposición è os inimigos políticos son enviados a campos de concentración (Dachau, preto de Múnic, foi un dos primeiros).
-30-06: a Noite dos coitelos longos (asasinato masivo dos principais dirixentes das Sturmabteilung (SA, grupos armados de asalto) non leais a Hitler) – Agosto: morre o presidente Hindenburg e Hitler asume tamén a presidencia como Führer (‘o guieiro’) e chanceler de todos os alemáns, integrados todos no Partido Nazi e as súas agrupacións -pacto de non agresión con Polonia. |
| 1935 | Reinstauración do servizo militar obrigatorio.
Leis de Núremberg: a pureza de sangue para a supervivencia do pobo alemán (prohibidos os matrimonios mixtos cos xudeos etc.) |
| 1936 | Denuncia do Pacto de Locarno de 1925 e ocupación da Renania desmilitarizada(fin do Pacto de Versalles)
-agosto: Xogos Olímpicos de Berlín. -axuda material ós militares sublevados na Guerra civil española, violando o acordo de Non Intervención. |
| 1937 | Protocolo Hossbach: Hitler descobre os seus plans de guerra: conquista do espazo vital alemán pola violencia è xuntar os territorios de fala e cultura alemás. |
| 1938 | 10-01: noite dos cristais rotos, contra os xudeos.
13-03: anexión de Austria (Auschluss), confirmada en abril por plebiscito. 01-10: Conferencia de Múnic (Hitler, Mussolini, Chamberlain, Daladier) è cesión a Alemania dos Sudetes checos è non haberá guerra! (Chamberlain e Daladier recibidos triunfalmente) |
| 1939 | 16-03: invasión de Checoslovaquia polos alemáns.
21-03: esixencia a Polonia da anexión de Danzig e do corredor polaco de comunicación entre este territorio e Alemaña è Polonia non acepta e GB e Francia abandonan a política de pacificación e garanten a independencia polaca (pacto do 25-08). 26-03: anexión de Alemaña do territorio Memel de Lituania. 29-08: Pacto de non agresión xermano-soviético (entre Hitler e Stalin, para repartir Polonia). -01-09: invasión de Polonia. Comeza a II GM |
| 1939-1945 | II GUERRA MUNDIAL |
| 1939-1942 | 1ª fase: guerra lóstrego è triunfos rápidos do Eixe Berlín-Roma-Tokio
Fronte occidental: -1940: ocupación de Dinamarca e Noruega. -ocupación de Holanda e Bélxica para invadir Francia -22 xuño: Francia capitula è armisticio de Compiègne e división do país entre a Francia ocupada (oeste e norte) e o goberno de Vichy do mariscal Petain (interior e sueste). -Gran Bretaña soa ante Alemaña: a batalla de Inglaterra (bombardeos). Churchill, 1º ministro dun gobeno de coalición. |
| 1940-41 | Guerra nos Balcáns |
| 1940-42 | Guerra no norte de África |
| 1941 | 21-06: Alemaña ataca a URSS sen declaración de guerra, rompendo co pacto anterior
07-09: ataque xaponés a Pearl Harbour (Hawaii), que decide a entrada dos EE.UU. na guerra, a favor dos aliados. |
| 1942-43 | Batalla de Stalingrado (agosto 42-febreiro 43) è a derrota nazi supón o cambio de rumbo na guerra.
07-11: desembarque dos angloamericanos no norte de África (operación Toch). |
| 1943-1945 | 2ª fase: vitorias dos aliados:
1943: 13-05, derrota alemá no norte de África (El Alamein etc.) -maio: instalación dun campamento militar na Cacharosa (Baio), de Artillería e Infantería, para vixiar a costa, de Malpica a Fisterra. -xullo e agosto: desembarque aliado en Italia -xullo: caída de Mussolini (destituído polo rei Vittore Emmanuele II). |
| 1944 | 06-06: Desembarque de Normandía (Operación Overlord).
-20 xullo: atentado frustrado de Von Stauffenberg contra Hitler -agosto: liberación de París -outubro: o novo goberno italiano decláralle a guerra a Alemaña (loita dos partisanos). -outubro: desmantélase toda présa o campamento militar da Cacharosa (Baio). -decembro: comeza a batalla das Ardenas (ofensiva alemá á desesperada) |
| 1945 | -xaneiro-abril: ofensiva imparable soviética na fronte oriental
-28 abril, capitulación das forzas alemás en Italia. Mussolini executado polos partisanos. -29 abril: Hitler escribe o seu testamento político. -30 abril: suicidio de Hitler, Eva Braun, Goebbels e familia no seu búnker de Berlín. -7 maio: capitulación da Wehmacht no Cuartel Xeral de Eisenhower en Reims. -8 maio: 2ª capitulación no Cuartel Xeral soviético en Berlín, ante o mariscal Zúkov -23 maio: destitución e arresto do goberno de Doenitz (designado por Hitler no seu testamento). -25 setembro: capitulación de Xapón tras o lanzamento das dúas bombas atómica sobre Hiroshima (6-08) e Nagasaki (9-08). |
| ACORDOS DE PAZ E POSGUERRA | |
| 1945 | -4-11 febreiro: Conferencia de Ialta (Crimea, URSS): Churchill, Roosevelt, Stalin.
-26-06: Carta de San Francisco, fundacional da ONU. -xullo-agosto: Conferencia e Acordo de Postdam (Berlín): Churchill, Truman, Stalin e Atlee) è división de Alemaña: a URSS anexiónase Prusia Oriental, a Galitzia Oriental e Polesia; confórmase de novo Polonia cos territorios do leste da liña Oder-Neisse: Pomerania, Silesia, Prusia Oriental, Galitzia Occ.) è evacuación de todos os alemáns residentes en Polonia, Hungría e Checoslovaquia è Estatuto especial para Berlín. -Alemaña, dividida en 4 zonas de ocupación: 1) A Británica (noroccidental), francesa (suroeste: Renania e Würtemberg); americana (centro-sur: Hessen e Baviera) e a soviética (leste). -autorízanse a maior parte dos partidos, a excepción do NazionalSocialista. -reconstitución dos Länder (Alemaña volve ser unha República Federal descentralizada). -20-11: empezan os Xuízos de Núremberg, contra os xefes nazis. |
| 1945-47 | Empezan os enfrontamentos entre os vencedores da IIGM, xerme da futura Guerra fría. |
| 1947-1989/90 | GUERRA FRÍA (BLOQUE OCCIDENTAL / BLOQUE SOVIÉTICO) |
| 1947-53 | Fase álxida da Guerra fría |
| 1948-1961 | Plan Marshall: axudas de máis de 30.000 millóns de dólares dos EE.UU. para a reconstrución da Europa da posguerra: Gran Bretaña, Francia, Alemaña occidental e Italia foron as máis beneficiadas (a España de Franco quedou fóra; só recibiría leite en pé e manteiga para os nenos das escolas). |
| 1948-49 | Bloqueo de Berlín: os EE.UU e os seus aliados xestionaban a creación don estado alemán independente sen contar cos soviéticos que, como resposta, cortaron as comunicación terrestres con Berlín, que quedou bloqueado è realizaríanse máis de 300.000 voos para subministrar a poboación da cidade. O bloqueo foi levantado ó ano seguinte. |
| 1949 | O bloqueo acelerou o proceso de división de Alemaña en dous bloques e Estados: na zona occidental, a República Federal Alemá (RFA)/ Bundesrepublik Deutschland (BRD), coa unión das zonas de ocupación británica, americana e franciesa (capital en Bonn), e na oriental, zona de ocupación soviética, coa creación da República Democrática Alemá (RDA), capital en Berlín leste. |
| 1949-1963 | Konrad Adenauer (CDU), chanceler da RFA. |
| 1957 | A Europa dos 6 (CEE, Mercado Común Europeo): Francia, Alemaña, Italia, Bélxica, Holanda e Luxembrurgo. |
| 1961 | Construción do muro de Berlín: coas axudas do Plan Marshall, a zona occidental de Berlín progresaba máis cá oriental e moitos dos habitantes deste sector pasaban ó outro lado è esta foi a causa de que o goberno da RDA decidise pechar a fronteira urbana coa construción dun alto valado, vixiado por soldados con orde de disparar contra os fuxitivos. |
| 1962-1985 | Coexistencia pacífica na guerra fría e distensión entre os bloques
Antecedentes: -en 1953 morrera Stalin: Nikita Kruschev substitúeo (1953-1971) -en 1960 John F. Kennedy sae elixido presidente dos EE.UU. -en 1963 Kennedy visita Berlín e protesta polo muro: “Eu son berlinés”. -Kruschev e Kennedy souberon salvar momentos álxidos (crise dos mísiles en Cuba, 1962) e favoreceron a distensión. |
| 1963-1966 | Ludwig Erhart (CDU), chanceler da RFA. |
| 1966-1969 | Kurt G. Kiesinger, chanceler da RFA. |
| 1969-1974 | Willy Brandt (SPD), chanceler da RFA
-1970: o socialdemócrata Willy Brandt, favorece a distensión coa súa política de apertura ó Leste (a Ostpolitik): tratados co Pacto de Varsovia, negociacións coa RDA (recoñecemento mutuo) etc. |
| 1974-1982 | Helmut Schmidtt (SPD), chanceler da RFA |
| 1982-1998 | Helmut Kohl (CDU), chanceler da RFA. |
| 1985-1991 | FIN DA GUERRA FRÍA E REUNIFICACIÓN DE ALEMAÑA |
| 1985 | Mikhail Gorbachov accede ó poder na URSS, como secretario xeral do PCUS è impulsará a perestroika (reformas) políticas e a glásnot (transparencia informativa) na URSS |
| 1987 | Tratado de Washington sobre desarme entre Gorbachov e R. Reagan |
| 1989 | -agosto-setembro: apertura da fronteira húngara coa RDA è fuxida de milleiros de alemáns.
-outubro: dimisión de Honecker (presidente da RDA) -9-11: derrubo do muro de Berlín |
| 1990 | -12-09 (Moscova) e 02-10 (Nova York): Acta de Unificación (reunificación das dúas Alemañas) è anexión da RDA pola RFA, baixo a presidencia de Helmut Kohl |
| 1994 | Abandonan Alemaña as derradeiras tropas soviéticas de ocupación. |
| 1998-2005 | Gerhard Schröder (SPD), chanceler da RFA |
| 2005- ? | Angela Merkel (CDU), chanceler da RFA (e da UE !). |
| En resumo, de 1949 á actualidade | Os cristiándemócratas (CDU) gobernaron, con 5 chanceleres, entre 1949 e 1969, entre 1982 e 1998 e desde 2005 á actualidade en diversas coalicións co Partido Liberal Democrático (FDP), o Partido Alemán (DP) e mesmo cos socialdemócratas.
O Partdo Socialdemócrata Alemán (SPD) gobernou con 3 chanceleres entre 1969 e 1982 co apoio do FPD e entre 1998 e 2005 co apoio do partido Alianza 90/Os Verdes. Helmut Kohl foi o que máis tempo botou no cargo (16 anos), pero a súa correlixionaria Angela Merkel (xa con 10 anos) leva camiño de superalo. |