O Consello da Cultura Galega acolleu os días 25 e 26 de abril as xornadas ‘A morte nos fisterras europeos: Bretaña e Galicia’. Nelas interviu o presidente do SEMESCOM, Xosé María Lema, coa conferencia “A Costa da Morte. Notas sobre o seu patrimonio cultural e natural”. A presentación contou con abundantes imaxes, nas que se procurou establecer conexións (semellanzas, paralelismos) entre a Costa da Morte (e Galicia en xeral) coa Bretaña, maiormente os relacionados co tratamento da morte (os dolmens megalíticos; as necrópoles romano-suevas; os nosos adros parroquiais e os “enclos paroissiaux” bretóns; os naufraxios; piratas e corsarios; as romaxes…). Pola tarde realizouse unha viaxe nun microbús os/as participantes bretóns/bretoas e galegos/as pola Costa da Morte, sobre todo para ver in situ o Cemiterio dos Ingleses en Camariñas e o cabo de Fisterra, onde estaba esperando o alcalde para ver o Cemiterio da fin do mundo do arquitecto César Portela, que tamén participou nas xornadas.
A Casa da Cultura de Vimianzo acolleu o pasado 1 de febreiro a presentación da obra Antropoloxía e lexicografía. No acto interviron Ana Isabel Boullón (editora e membro da AGOn e do ILG), o presidente do SEMESCOM Xosé María Lema Suárez, e presidiron o alcalde Manuel Antelo e Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega. O acto congregou a 45-50 persoas, a maior parte de Berdoias, a parroquia vimiancesa sobre a que Lema Suárez realizou o seu estudo sobre os seus apelidos no século XVII (a única parroquia de toda Galicia que dispón deste estudo).
Se queres consultar este interesante traballo xa o podes descargar a través da nosa web nesta ligazón.
O Consello da Cultura Galega organizou para este venres 25 de setembro o I Encontro Patrimonio Cultural e Acción Social no que dez entidades de carácter local/comarcal que teñan desenvolvido unha traxectoria de documentación/protección/
O número de organizacións chamadas é limitado, para que todas poidan ter voz e intercambiar experiencias. O encontro será este venres en Santiago de Compostela.