• info@semescom.gal

Tag Archives: cadea humana

cadea humana

15 anos da Cadea Humana

Xa pasaron 15 anos, ben que o deberiamos lembrar. O 22 de xaneiro de 2003 42.000 alumnos e alumnas de E. Secundaria de toda Galicia (e do Bierzo!) -co correspondente permiso por escrito dos seus pais-, xunto co seu profesorado, formaron (formamos) unha CADEA HUMANA desde Laxe a Muxía ó longo de toda a costa (Traba, Camelle, Arou, Cabo Vilán, Camariñas…) para protestar pola mala xestión no do verquido do ‘Prestige’. Estivemos co noso alumnado do Antón Losada da Estrada entre Camelle e Arou. O lembrado debuxante e deseñador vimiancés Roberto Mouzo Lavandeira fixo o único mapa desta ruta senlleira, irrepetible, que publicaría no libro colectivo “A Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte” (Eds. Xerais, 2010, páx. 259). Manuel Rivas escribira daquela que este acontecemento merecería pasar ó Guinness: 40 km de mans xuvenís unidas en defensa do noso. 850 autobuses que deron chegado ó último cornecho desta costa. Nin un só incidente.
Se volvese acontecer agora, habería a mesma resposta dos galegos?
(Véxase tamén a espléndida foto de José Manuel Casal, fotógrafo de La Voz de Galicia, xubilado recentemente):

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/muxia/2018/01/26/quince-anos-protesta-prestige-unio-42000-estudiantes/0003_201801C26C4991.htm