• info@semescom.gal

Tag Archives: Alemaña

DSC07825

Datas importantes da historia de Alemaña

Xosé María Lema Suárez

Nome oficial: Bundesrepublik Deutschland (‘República Federal Alemá’)

Composta por 16 Estados libres federados (Bundesländer). Capital Berlín.

Poboación: 82 millóns de hab.

Idioma maioritario: o alemán, pero tamén se falan e oficialmente están protexidos, o danés, o sorabo, o romaní e o frisón. O alemán fálase fóra das fronteiras da república (en Austria e no norte de Suíza, e tamén no norte de Italia (Alto Adige ou Tirol do Sur, con capital en Bolzano/Bolzen); o alsaciano considérase un dialecto alemán, aínda que tamén o alemán que se fala en Austria e, sobre todo, en Suíza, se poden considerar dialectos polo difícil que lles resulta ós falantes do alemán oficial a súa comprensión.

As linguas estranxeiras máis usadas no país son o turco, o polaco, os idiomas eslavos balcánicos e o ruso.

O alemán estándar é unha lingua xermánica occidental estreitamente relacionada co inglés, o neerlandés, o flamengo, o luxemburgués e o sueco.

En total, teñen o alemán como idioma nativo arredor de 100 millóns de persoas, case todas na UE, onde é un dos 23 idiomas oficiais e un dos tres de traballo (xunto co inglés e o francés). Dentro da UE o alemán conta con máis millóns de falantes có inglés e có francés (e có italiano e o castelán). No conxunto de Europa supérao o ruso. Segundo as estatísticas, máis do 67 % dos alemáns é capaz de de entenderse noutro idioma (sobre todo o inglés).

Xentilicio: alemán (utilizado por españois, portugueses, franceses < alamáns, tribo xermánica do sur, en contacto cos romanos); xermano (polos ingleses: ‘German’); tedesco (italianos); Deustch (os propios alemáns).

 

DATAS
  PALEOLÍTICO
Desde hai 600.000 anos a 200.000 anos Home de Heidelberg (especie extinguida dunha forma primitiva de homo sapiens); individuos alto (1,80 m) e moi fortes (100 kg)
Desde hai 230.000 anos a 28.000 anos Home de Neanderthal (restos achados en 1856 na cova de Feldhofer, no val de Neander, preto de Düsselforf)
  NEOLÍTICO
1.800-400 a.C. Os pobos celtas do sur de Alemaña e Austria desenvolveron a técnica do traballo do metal, configurando varias culturas (campos de urnas, Hallstatt e La Téne) que se difundiron por toda Europa; disque foron os destas últimas culturas os que introduciron o uso do ferro. A cultura dos celtas acabouse fundindo coa dos pobos xermanos.
750 a.C. Posibles orixes da lingua protoxermánica
Séc. I a.C. Expansión cara ó sur das tribos xermánicas –de maior homoxeneidade idiomática (indoeuropea) que étnica- do norte de Alemaña e do sur de Escandinavia, entrando en contacto coas lexións romanas
Ano 0 ERA CRISTIÁ
9 d.C. Tres lexións romanas dirixidas por Varo foron aniquiladas por Arminio, xefe dos que-ruscos,  na batalla do bosque de Teotoburgo è os romanos non van tratar de conquistar máis territorio, de xeito que a fronteira co Imperio vai quedar establecida permanentemente nas marxes do Rin e do Danubio.
Séc. I Os cronistas romanos clasifican tres grupos de pobos xermánicos: oriental (vándalos, burgundios, godos etc.), setentrional (os de Escandinavia) e occidental (queruscos, francos, frisóns, saxóns, suevos, lombardos, alamáns, turinxios  etc.).
Ca. 98 De origine et situ Germanorum («Sobre a orixe e territorio dos germanos»), tamén coñecido como Xermania, obra do historiador romano Tácito que describe os xermanos e o seu país en base ós testemuños de lexionarios, mercadores e viaxeiros. Malia que os considera primitivos, expresa a súa admiración polos valores destes pobos (austeri-dade, dignidade, valor militar), pero tamén critica a súa afección á bebida e ó xogo, a súa tendencia á inactividade en tempo de paz e a súa terrible indisciplina militar.
Séc. III Xurdimento de gran número de tribos xermánicas no oeste: os alamáns, francos, frisóns e turinxios, pobos que inician o período das grandes migracións ou invasións bárbaras traspasando a fronteira norte do Imperio romano.
SÉCULOS V-XV IDADE MEDIA
Séculos IV-V Invasións xermánicas (=bárbaras) no Imperio romano, motivadas polos cambios climá-ticos desfavorables, as crises de subsistencia, o incremento demográfico, o empuxe dos hunos etc.: cruzan a fronteira do Rin, entre outros, os ostrogodos (godos do leste), os visigodos (godos do oeste), os vándalos, os alanos e o suevos.
411 Os suevos (procedentes da Suabia) atravesan a Galia e entran en Hispania no 409; instálanse na provincia de Gallaecia (NO. da península Ibérica) e fundan o reino suevo, o primeiro reino independente do Imperio romano tras a súa desmembración, que durou máis de 175 anos (do 411 ó 585)
415 O visigodo Ataúlfo casa con Gala Placidia, irmá do emperador romano Honorio, e funda o reino visigodo, con capital en Tolosa (Toulouse) [419-507].
429 Os vándalos, que tamén trataran de se instalar en Hispania, atravesan o estreito de Gibraltar e o seu rei Xenserico funda un reino no norte de África., que se vai dedicar á piratería.
Ca. 450 Tribos xermanas do norte (xutos, anglos, saxóns) desembarcan nas Illas Británicas e relegan os britanos ás “fisterras” (Escocia, Gales, Cornualles). Época da lenda do rei Artur. Parte destes britanos emigran á Armórica (Bretaña francesa) e ó norte da Gallaecia (o bispo Maeloc e a diocese de Britonia).
451 Meroveo, rei dos francos, derrota a Atila nos Campos Cataláunicos (preto de Châlons-en-Champagne, norte de Francia).
482-511 Reino franco de Clodoveo (Clovis), que se instala no norte da Galia (actual Francia e Países Baixos) e acaba cos restos do dominio romano occidental.
493-553 Reino ostrogodo de Italia
714-741 O franco Carlos Martel somete as tribos xermanas dos alamáns e turinxios e loita contra os saxóns; os bávaros perden a súa independencia.
732 Carlos Martel frea a invasión musulmá en Poitiers
751 O papa Estevo II pide axuda ó rei franco Pipino II o Breve contra o rei lombardo Astolfo, e pon a Roma baixo a protección do rei franco, que recibe o título de Patricius Romanorum (‘Protector dos romanos’). Pipino faralle ó papa doazón do ducado de Roma (a Doazón de Pipino), orixe do Estado Pontificio.
768-814 Reinado de Carlomagno, fillo de Pipino
772-814 Carlomagno vence os saxóns (xermanos do oeste, de Saxonia) e sométeos, aínda que estes se rebelarían en moitas ocasións.
773-774 Carlomagno conquista o reino lombardo, proclámase “rei dos francos e dos lombardos” e confirma a doazón de Pipino.
798 Con máis guerras contra os saxóns, eslavos e ávaros, Carlomagno logra a incorporación ó Imperio carolinxio do territorio comprendido entre a desembocadura do río Oder (norte de Alemaña) e o Adriático
800 O papa León III coroa emperador a Carlomagno (Romanum gobernans Imperium).
812 Tratado de Aquisgrán (actual Aachen): Miguel I, emperador de Oriente, recoñece a Carlomagno como emperador de Occidente.

Carlomagno aconsella ó seu fillo Ludovico que non se deixe coroar polo papa, senón que colla a coroa por si mesmo (a Deo coronatus), seguindo a tradición bizantina.

814 Morte de Carlomagno
814-840 Ludovico Pío (Luís o Piadoso)  consinte que o papa Estevo IV o coroe en Reims, o que supón que só o papa pode outorgar a dignidade imperial
817 “Ordinatio imperii”: a dignidade imperial será herdada polo primoxénito de Ludovico (Lotario, que xa estaba asociado á coroa); os fillos menores, en calidade de subordinados ó emperador, reciben o goberno dos reinos de Aquitania (Pipino) e de Baviera (Luís o Xermánico)
829 Malia que no acordo se facía constar que non habería novas divisións, o propio Ludovico creou o reino de Alamania para o seu fillo Carlos o Calvo.
830 Por esta razón, 1ª rebelión dos fillos de Ludovico (Pipino, Luís e Lotario, que se fixera coroar no 823 emperador de Roma, con xuramento de fidelidade ó papa).
838 Carlos o Calvo herda Aquitania á morte de Pipino.
840 Guerra fratricida: Luís o Xermánico e Carlos o Calvo contra Lotario (derrotado no 841 na batalla de Fontenoy)
842 Xuramento de Estrasburgo entre Luís o Xermánico e Carlos o Calvo (o máis antigo documento que se conserva redactado en antigo alemán e antigo franco)
ORIXES PRIMIXENIAS DOS REINOS DE FRANCIA E ALEMAÑA
843 Tratado de Verdún: división do Imperio carolinxio en tres reinos: o emperador Lotario I recibe a parte central (a Lotarinxia, do mar do Norte á metade norte de Italia, coas cidades imperiais de Aquisgrán e Roma); Luís o Xermánico a parte oriental (orixe da actual Alemaña) e Carlos o Calvo a occidental (orixe da actual Francia). Só formalmente se conserva a unidade do Imperio.
Entre os fillos e netos destes reis seguirán habendo loitas e as fronteiras destes reinos variarán con moita frecuencia; nunca foron estables, como é lóxico.
919-1024 ÉPOCA DOS EMPERADORES SAXÓNS
910 Fundación da abadía de Cluny
919-936 Henrique I, rei dos francos e dos saxóns
936-973 Otón I o Grande
962 Otón I o Grande é coroado emperador en Roma do Sacro Imperio R.X.
962-1806 SACRO IMPERIO ROMANO XERMÁNICO
973-983 Otón II
983-1002 Otón III, que intenta no 996 reconstruír o Imperio de Carlomagno
1002-1024 Henrique II o Santo, que fora elixido emperador porque se sabía que non podería fundar unha dinastía (era impotente: mantivo coa súa muller, santa Cunegunda de Luxemburgo, un matrimonio ‘branco’, e tal castidade forzosa valeríalle para a súa posterior canonización). Así e todo, disque someteu a súa muller a unha ordalía –facéndoa camiñar descalza sobre ascuas- porque sospeitaba da súa infidelidade.
1007 Fundación do bispado de Bamberg, cidade protexida polo emperador Henrique, para a evanxelización dos eslavos do río Meno (Main).
1024-1125 OS EMPERADORES SÁLICOS
1024-1039 Herda o imperio Conrado II, neto de Conrado o Roxo de Lorena
1033 Incorporación do reino de Borgoña ó Sacro Imperio, por herdanza (ó que se opoñen os señores feudais borgoñóns).
1039-1056 Herique III, coroado emperador en 1047
1056-1106 Henrique IV, que no 1075 logra someter os saxóns, sempre en rebeldía.
1074 O papa Gregorio VII (o monxe Hildebrando, de Cluny, de carácter austero), tras un Concilio en Roma, sanciona a imposición do celibato ós cregos.
1075 Novo concilio romano: prohíbese que os cregos reciban cargos dos laicos: inicio da loita das Investiduras entre o papado e o Imperio Xermánico. O papa Gregorio VII ameaza ó emperador Henrique IV coa excomuñón.
1076 Sínodo de Worms: Henrique IV e os bispos alemáns declaran deposto o papa.

Concilio lateranense: Gregorio VII depón e excomunga o emperador, liberando os seus súbditos do xuramento de fidelidade.

1077 Ante a rebelión dos seus súbditos, o emperador atravesa os Alpes en inverno e permanece tras días descalzo ante o castelo de Canosa (onde estaba o papa refuxiado) para implorar o seu perdón; obteno tras prometer a arbitraxe papal en todos os conflitos
1080 O emperador incumpre a palabra e faise coroar emperador polo antipapa Guiberto de Rávena.

-O emperador acosa a Gregorio VII, refuxiado no Castel de Sant’Angelo en Roma; liberáno os normandos de Roberto Guiscardo, refuxiándose en Salerno, onde morre, consciente de ter fracasado no intento de subordinar a Igrexa e o Imperio á autoridade papa (deste xeito, subsiste a doutrina da orixe divina do poder imperial).

1122 Concordato de Worms entre Henrique V e o papa Calisto II, que dá fin á 1ª fase da loita das Investiduras: o emperador renuncia a conceder a investidura espiritual representada polo báculo e o anel (para bispos e abades, dignidades canónicas reservadas ó papa), pero si outorgará a investidura temporal representada polo cetro e a espada (bens cedidos en feudo).
1125-1137 Morre o emperador Lotario II e empezan as loitas entre os güelfos de Saxonia (partidarios da Casa de Baviera e do Pontificado) e os xibelinos (da Casa de Suabia e do emperador)
1137-1254 O IMPERIO DOS HOHENSTAUFEN
1152-1190 Frederico I Barbarroxa, da dinastía suaba dos Hohenstaufen, pretende instaurar un gran Imperio de Occidente con capital en Roma, pero recibe a oposición do papa Alexandre III è sucédense moitas guerras en Italia (ata seis ou sete campañas) entre os partidarios do papa (güelfos) e do emperador (xibelinos)
1188 Dieta de Worms: o emperador Frederico I emprende a 3ª Cruzada, morrendo en San Xoán de Acre en 1191.
1209 Otón IV nomeado emperador, pero é excomungado polo papa Inocencio III, que coroa a Frederico II, educado baixo a súa tutela
1250 Continúan as loitas dinásticas. En 1250 morre Frederico II na Puglia (Italia).
1250-54 Reinado de Conrado IV, pero more nunha batalla e con el rematan os Hohenstaufen è empeza un período de interregno, sendo un dos aspirantes á coroa imperial alemá Afonso X o Sabio de Castela, por ser fillo de Beatriz de Suabia.
1273-1356 INÍCIASE O PERÍODO DO IMPERIO ELECTIVO XERMÁNICO
1257 Dobre elección de Afonso X de Castela e de Ricardo de Cornualles è acórdase instaurar un sistema electivo: a) formación dunha orde de príncipes electores (3 eclesiásticos e 4 leigos); b) renuncia do Sacro Imperio Xermánico á política italiana e á idea dun Imperio universal.

-máis adiante, cunha nova Constitución imperial, favorécese a elección dos candidatos das casas de Luxemburgo e, despois de 1417, a de Habsburgo austríaca para asegurar o dualismo do Estado: a división do poder entre o emperador e o Imperio; refórzase a influencia leiga para evitar a inxerencia do papa na elección do emperador (segundo a Bula de Ouro, de 1356, o papa só poderá elixir “o rei dos romanos” designado polos electores).

LIGA DAS CIDADES XERMANAS MERIDIONAIS
1254 Liga das cidades renanas (para asegurar a tregua no interregno)
1376 Liga das cidades suabas
1389 Paz xeral de Eger e renuncia ás Ligas e fin da política independente das cidades meridionais
PROXECTO DUN IMPERIO PANESLAVO
1373-1419 Wenceslao, rei de Bohemia, goberna despoticamente. Contra el organízase a Liga dos Cabaleiros
1410-1437 Sexismundo de Luxemburgo logra coroarse emperador
1414-18 Concilio de Constanza, convocado polo emperador Sexismundo para acabar coa división da Igrexa: persistía o Cisma de Occidente (desde 1378), división Aviñón-Roma (chegou a haber ata tres  papas)
1415 Execución de Jan Hus, reformista bohemio, e rebelión violenta do catolicismo bohemio contra a Igrexa Católica e o Sacro Imperio Xermánico (rebelión antixermánica dos checos).
1419 1ª Defenestración de Praga e división dos husitas en utraquistas e taboritas.
O IMPERIO MUNDIAL DOS HABSBURGO
1438-39 Extinta a dinastía de Luxemburgo, cinxe a coroa xermana Alberte II, da casa de Habsburgo, austríaca
1440-93 Frederico III, emperador
1477 Os Habsburgo adquiren o ducado de Borgoña
1491 Acordo hereditario dos Habsburgo con Bohemia e Moravia
1493-1519 Maximiliano I de Austria (Habsburgo), emperador dun amplísimo territorio: Países Baixos, Lorena-Palatinado, Borgoña, toda a actual Alemaña e boa parte de Polonia, Bohemia, Moravia, Baden-Würtemberg, Baviera, Austria….
1496 Filipe o Fermoso (natural de Bruxas), fillo de Maximiliano, casa coa infanta Juana de Castela e introduce neste reino a Casa de Habsbrugo en 1506
1495-1521 Diversas Dietas (Worms, Colonia…) intentan dar unha Constitución imperial para evitar o fraccionamento territorial
SÉCULOS XVI-XVIII IDADE MODERNA
1500 Nace en Gante (Flandres) o príncipe Carlos, fillo de Filipe o Fermoso e de Juana de Castela.
1517 O 18-09 desembarca en Villaviciosa (Asturias) o príncipe flamengo Carlos de Habsburgo, Carlos de Gante, herdeiro das coroas de Castela (tras a abdicación de súa nai, recluída nun convento en Tordesillas) e Aragón (tras a morte do seu avó Fernando  o Católico (1516).

O 31-10 Martiño Lutero fixa na igrexa de Wittenberg as 95 teses contra as indulxencias.

1518 Morre o cardeal Cisneros, rexente de Castela. Na 1ª sesión das Cortes de Castela esixíuselle a Carlos, para ser recoñecido rei, “el respeto a las leyes de Castilla y que aprendiese el castellano”. El accedeu, pero a cambio dun crédito de 600.000 ducados. No reino de Aragón as negociacións aínda foron máis arduas.
1519 Morre Maximiliano de Austria e o seu neto Carlos postúlase como emperador do Sacro Imperio Xermano, cousa que logra mediante subornos ós electores e certas concesións (os banqueiros Fugger de Augsburgo financian a súa elección a cambio  do monopolio das minas de mercurio de Almadén).
1520 Despois de conseguir financiamento nas Cortes de Santiago e A Coruña para para a súa elección (400 mil ducados) o rei Carlos I embarca na Coruña para ser coroado emperador.

-23-10: Carlos de Gante foi coroado en Aquisgrán emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico co nome de Carlos V, como é coñecido na historia europea. Tiña 20 anos e era o rei máis poderoso de Europa.

1521 Batalla de Villalar (Valladolid), onde as tropas imperiais fieis a Carlos I vencen ás das Comunidades de Castela (os xefes casteláns Padilla, Bravo e Maldonado foron executados).

Edicto de Worms, co que Carlos V pretendía acabar coa disidencia de Lutero declarándoo herexe.

1526 Dieta de Spira, que consagraba a relativa tolerancia relixiosa entre protestantes e católicos baixo o lema “Cuius regio, eius religio”.
1529 Nova Dieta de Spira: ante a intención dos católicos de anularen a tolerancia relixiosa, os luteranos protestaron è serán chamados ‘protestantes’
1530 25-6: Confesión de Augsburgo: declaración de fe dos reformistas luteranos ante o emperador Carlos V dos líderes luteranos (Philip Melanchton), coa aprobación de M. Lutero e asinada por sete príncipes alemáns.

-3-8: os teólogos católicos refutan a doutrina luterana.

1532 Paz ou tregua de Núremberg entre o emperador e os líderes protestantes.
1545 Dieta de Worms: os estados protestantes alemáns néganse a asistir ó Concilio de Trento (1545-1563)
1547 Batalla de Mühlberg: Carlos V vence o exército protestante da Liga de Esmalcalda; vitoria pírrica, pois non logra conter o protestantismo.
1552 Fúndase en Roma o Collegium Germanicum, dedicado a formar sacerdotes alemáns para introducir a Contrarreforma.
1555 Paz de Augsburgo, que proclama a liberdade relixiosa nos Estados alemáns e consagra a excisión do cristianismo de Occidente.
1556 Carlos V abdica e retírase ó mosteiro de Yuste (Estremadura): lega ó seu fillo Filipe II a coroa de España (Castela e Aragón), as posesións italianas, os estados da Casa de Borgoña e os territorios do Novo Mundo; ó seu irmán Fernando cédelle o Imperio alemán e os territorios austríacos.
1555-1564 O emperador Fernando I procura manter a paz relixiosa. Fracasa na súa tentativa de unificación confesional.
1563 Iníciase a Contrarreforma en Baviera (baluarte do catolicismo alemán). Xesuítas como san Pedro Canisio (o segundo apóstolo de Alemaña) van ser fundamentais neste propósito.
1564-1576 Maximiliano II prohíbe a publicación dos decretos do Concilio de Trento e declárase neutral en materia confesional. O protestantismo segue espallándose polo norte do Imperio.
1576-1612 Rodolfo II, educado en España polos xesuítas, introduce a Contrarreforma nos dominios da casa de Habsburgo. Vive en Praga como un misántropo, e rodéase de alquimistas e astrónomos (Kepler, Ticho Brahe).
1583 Triunfo da facción católica en Colonia: o arcebispo, convertido ó protestantismo, é expulsado da cidade.
1596 Persecución de protestantes en Estiria, por orde do arquiduque Fernando.
1609 O rei Maximiliano I de Baviera funda a Liga Católica co apoio de España.
1618 2ª Defenestración de Praga, chispa que deu orixe á Guerra dos Trinta Anos: ó ser proclamado rei de Bohemia Fernando de Estiria, xefe da Liga Católica, os protestantes checos lanzaron polas ventás do pazo imperial a dous funcionarios católicos do rei. Cando Fernando II foi proclamado emperador, os bohemios escolleron como rei o elector palatino Frederico V, calvinista e xefe dos protestantes.
1618-1648 Guerra dos Trinta Anos, que afectou sobre todo ó Imperio alemán. Causas:

A) relixiosas: intento do emperador Fernando II de impoñer o catolicismo; loitas relixiosas en Bohemia.

B) Políticas: intento do mesmo emperador en transformar en hereditario o Imperio alemán, que era electivo; rivalidade entre o emperador e varios príncipes alemáns.

C) Intento de Francia de arruinar a Casa de Austria (Habsburgo) e restablecer o equilibrio europeo.

D) Rivalidade comercial no mar Báltico dos alemáns cos dinamarqueses e suecos.

1648 Paz de Westfalia: no último período da Guerra dos Trinta Anos (o período francés), Francia entrou na guerra a favor dos protestantes e a loita estendeuse dos Pireneos ó Báltico. Os terzos españois foron vencidos en Flandres na batalla de Rocroi (1643), e o emperador Fernando III, ante o perigo de que as tropas francesas (Luís XIII, cardeal Richelieu) tomasen Viena en 1648, asinou a paz.
1648 Consecuencias da Paz de Westfalia:

a) o emperador de Alemaña recoñeceu que os 335 príncipes do seu Imperio eran soberanos en cada un dos seus estados confederados;

b) estableceuse a completa liberdade relixiosa en Alemaña;

c) Suecia e Dinamarca ampliaron os seus territorios a custa do Imperio alemán;

d) Alemaña devolveu a Francia Alsacia e Lorena;

e) A Confederación Helvética (Suíza) e os Países Baixos (Holanda) sepáranse do Imperio e independízanse;

f)  desaparece a hexemonía dos Habsburgo en Europa, e tamén marca a fin da hexemonía española en Europa.

Despois de 1648 Despois de Westfalia: O Imperio alemán componse de 335 territorios soberanos con órganos de goberno repartidos entre o emperador e o Imperio: Chancelería da Corte en Viena; Chancelería imperial en Maguncia (Mainz), p.ex.  A Dieta imperial (desde 1663 en Ratisbona) permanente é unha asemblea articulada en tres grupos:  8 príncipes electores; 165 príncipes non electores; 61 cidades imperiais. Só para a guerra se prevía un exército imperial (improvisado). O emperador só era un señor territorial máis.
1640-1688 O Gran Elector Frederico Guillerme (da casa de Hohenzollern) crea o Estado prusiano, no norte de Alemaña (estados de Brandenburgo e Prusia), con capital en Berlín.
1669 Austria afírmase como gran potencia, obtendo dos turcos toda Hungría e Transilvania.
1700-1740 Créase a monarquía dualista austro-húngara, e Viena convértese na capital do novo imperio Austro-Húngaro
1711-1740 1713: Carlos VI rei de Austria tras renunciar ás súas pretensións ó trono de España (Guerra de Sucesión española 1700-1713) asina o Tratado de Utrech.

-o non ter sucesión masculina, publicou a Pragmática Sanción (1713) para asegurar o trono para a súa filla María Teresa

1740-48 Guerra de Sucesión austríaca, provocada pola invasión de Silesia de Frederico II de Prusia. Na Paz de Aquisgrán (1748) sería recoñecida no trono imperial, pero Austria entregou Silesia a Prusia.
1789 Iníciase a Revolución francesa, que, pola súa oposición ó absolutismo monárquico, chocará cos imperios alemán e austríaco.
1792 Invasión de Francia por tropas austroprusianas contra os revolucionarios franceses. Vitoria francesa en Valmy e retirada do exército invasor
1800 Napoleón derrota o exército austríaco en Marengo
1805 Napoleón atravesa o Rin, vence o exército austríaco en Ulm e ocupa Viena. Na batalla de Austerlitz vence a austríacos e rusos.
IDADE CONTEMPORÁNEA
FIN DO SACRO IMPERIO ROMANO XERMÁNICO è CONFEDERACIÓN DO RIN
1806 Confederación do Rin, protectorado francés que supón o desmembramento do Imperio alemán.

-6-8: presionado por Napoleón, Francisco II renuncia á coroa imperial, o que supón o remate do Sacro Imperio Romano Xermánico.

outubro 1806: Napoleón vence os prusianos en Jena e entra en Berlín.

1813-15 A loita contra os exércitos imperiais de Napoleón van facer espertar o nacionalismo alemán è toda Europa aliada contra el: desde Gran Bretaña e España a Rusia.
1814 6-4: tras seren derrotadas as tropas francesas en Rusia e en España (en Galicia xa o foran en xuño de 1809), Napoleón abdica e será recluído na illa de Elba.
1815 Marzo: Napoleón desembarca en Cannes e inicia o Imperio dos Cen Días.
1815 18-6: batalla de Waterloo: Napoleón é vencido definitivamente por unha coalición internacional (prusianos, austríacos, británicos) ó mando do duque de Wellington.
CONFEDERACIÓN XERMÁNICA
1815 set. 1815: créase en Viena a Santa Alianza, intento dos monarcas absolutistas de Rusia (ortodoxo), de Prusia (protestante) e de Austria (católico) de erradicar o liberalismo e volver á monarquía absoluta.

– neste congreso tamén se constitúe a Confederación Xermánica, creada para manter a integridade dos estados alemáns: 39 estados soberanos cun imperio (Austria) e cinco reinos (Prusia, Baviera, Württemberg, Saxonia e Hannover); ten unha Dieta (congreso) con sede en Fránkfurt. Cada un destes estados (Land) tiña leis e sistemas de gobernos propios, pero existía unha forte conciencia, nacida nas guerras napoleónicas e estimulada por intelectuais (Fichte, Hegel, Ranke) de formar parte dunha única nación: a nación alemá (idea romántica e historicista de nación, que existe aínda que o pobo non teña conciencia diso: unha mesma historia, unha mesma lingua, unha mesma idiosincrasia…). Este tipo de nacionalismo oponse ó da revolución francesa (nación = pobo).

1816 Nace en Tréveris (Trier) Karl Marx, creador do marxismo.
1831 Morre W.F. Hegel, o pensador máis importante da época e representante do “idealismo alemán”. O seu pensamento influirán en Karl Marx e no materialismo histórico.
1834 Créase a Deutscher Zollverein (‘Unión aduaneira alemá’), baixo a presidencia de Prusia, que abarca a 25 millóns de persoas e supón unha etapa previa á unificación política.
1840 Morre Frederico Guillerme III de Prusia, que se aferrara ós principios da Sta. Alianza (perseguiu os liberais, suspendeu reformas constitucionais, aprazou o decreto de abolición da servidume dos labregos etc.)
1840-1861 Frederico Guillerme IV de Prusia amnistía os perseguidos políticos e pon fin ás desordes católicas de Colonia iniciadas en 1837 (conflito co estado prusiano polos matrimonios mixtos; os bispos católicos opoñíanse á secularización e propugnaban o control relixioso da educación).
1848 Revolución de marzo. Enfrontamentos entre obreiros e militares en Berlín (barricadas). F. Guillerme IV acaba prometendo unha Constitución.

-tamén houbo levantamentos en Viena, e o príncipe Metternich ten que fuxir.

-Marx e Engels publican o Manifesto Comunista.

A UNIFICACIÓN ALEMÁ
1862 O rei Guillermo I de Prusia nomea Primeiro Ministro a Otto von Bismarck, o chanceler de ferro, que fortalece o exército e inicia a época do militarismo xermánico con miras a lograr a unificación alemá combinando a guerra e a diplomacia.
1864 Guerra dos Ducados: Austria e Prusia, aliados, eliminan no ducado de Holstein a administración danesa e anexionan á Confederación Xermánica o ducado de Schlewig, territorio danés habitado por alemáns.
1866 Guerra contra Austria. A derrota austríaca permitiría excluír Austria da unificación; disólvese a Confederación Xermánica e créase a Confederación alemá do Norte, presidida polo rei prusiano.
1870 Guerra franco-prusiana, provocada para estimular o patriotismo alemán fronte a un inimigo secular (lembranzas da invasión napoleónica). Vitoria dos prusianos en Sedán e anexión de Alsacia e Lorena, cunha poboación falante dun dialecto alemán, o alsaciano.
II IMPERIO (REICH) ALEMÁN (1871-1918)
1871 Proclamación do II Reich alemán: unha alianza de monarcas (Luís II de Baviera entre eles) que recoñecen a preeminencia do rei de Prusia Guillerme I, convertido en káiser ‘emperador’. (En 1861 Italia lograra a súa unificación, con Vítor Manuel II, rei do Piemonte, como soberano)

Lógrase por fin a ansiada unificación alemá, pero con moitos matices. O modelo político foi unha monarquía constitucional confederal, conservando os antigos Estados unha grande autonomía interna (sobre todo aqueles que achegasen axuda financeira; Baviera e Würtemberg teñen o privilexio do exército, correos e impostos propios. O poder central controla o exército, as aduanas, o comercio e as comunicacións. O órgano supremo do Reich é o Consello Federal (Bundesrat) con poder lexislativo e dereito a control (o seu presidente é o rei de Prusia, xefe supremo do exército, é quen nomea o chanceler (1º Ministro), que só é responsable ante o emperador.

O Reichtag (Parlamento) é elixido por sufraxio universal masculino, pero conta cunha autonomía moi relativa.

1871 Lei do Púlpito, para limitar a influencia política do clero. Bismarck gobernou co apoio dos partidos conservadores, pero non só tivo a oposición do incipiente Partido Socialdemócrata Alemán (SPD), senón da Igrexa Católica.
1888-1918 Reinado do káiser Guillerme II
1890 Destitución de Bismarck, debido ó triunfo nas eleccións do Partido Socialdemócrata (SPD), que reclama os dereitos da clases obreira. A SPD nacería a partir das ideas do revisionismo de Eduard Bernstein, que renuncia á ditadura do proletariado e acepta entrar no sistema burgués de partidos para lograr o poder polas urnas. A Socialdemocracia alemá sería a 1ª en conseguir un certo estado de benestar para a clase obreira.
1890-1914 Tensións prebélicas en Europa polas rivalidades imperialistas dos grandes Estados-nación (p.ex., a rivalidade franco-alemá, os intereses coloniais, as tensións nacionalistas (Estados-nación imperialistas; nacións sen Estado que desexan telo).
1914 Sistema de alianza europeas: a) Tripla Alianza (Imperio alemán, Imperio Austrohúngaro e Italia); b) Triple Entente (Gran Bretaña, Francia e Imperio ruso).
1914-1918 I GUERRA MUNDIAL
1914-18 I Guerra mundial; dous bandos:

a)       Os Imperios centrais (Imperio alemán, Imperio Austrohúngaro, Imperio turco e Bulgaria);

b)       Os aliados: Gran Bretaña, Francia, Imperio ruso (Italia en 1915, EE.UU. en 1917, ano en que a Rusia bolxevique de Lenin abandona a guerra)

1918 7 out.: o goberno alemán pídelle armisticio ó presidente Wilson è a influencia da Revolución rusa provoca sublevacións de obreiros e militares en Hamburgo, Hannover e Múnic (ó estilo dos sóviets).

-7 nov.: proclamación da República en Baviera. Revolución en Berlín.

-9 nov.: abdicación de Guillerme II, que foxe a Holanda è proclamación da República alemá.

-10 nov.: rebelión espartaquista dos socialdemócratas radicais (Liebknecht, Rosa Luxemburg) que propugnan a ditadura do proletariado.

11 nov.: armisticio que dá fin á guerra, en base ós 14 puntos de Wilson è derrota dos Imperios alemán e austrohúngaro.

1919-1939 PERÍODO DE ENTREGUERRAS
1919 Tratado de Versalles (das potencias vencedoras con Alemaña):

a) perdas territoriais de Alemaña: Alsacia e Lorena a Francia; Eupen e Malmedy a Bélxica; o norte de Schleswig a Dinamarca; Posnania, Prusia Occidental e Alta Silesia a Polonia.

-Danzig convertida en cidade libre.

-o Sarre será administrado durante 15 anos por Francia

b) condicións militares (redución do exército, ocupación da zona do Rin, supresión do servizo militar obrigatorio.

c) condición económicas: fortes indemnizacións de guerra ós vencedores.

d) condicións morais: Alemaña declarada responsable da guerra.

e) disolución do Imperio alemán e destitución do káiser è Alemaña pasa a ser unha república.

1918-1933 A REPÚBLICA ALEMÁ DE WEIMAR
1918 -nov.: pacto entre a facción moderada da socialdemocracia (Friedrich Ebert) e o exército (xeneral W. Groener) è nace a República de Weimar (cidade do land de Turinxia), sede da Asemblea de Weimar (1918-19)
1919 -xan.: militares de dereitas asasinan os líderes do movemento espartaquista (‘Garda Vermella’), Liebknecht e Rosa Luxemburg, e afogan este movemento comunista.
1919-1925 Friedrich Ebert  (SPD) é elixido presidente da República, á fronte dun goberno de coalición cos católicos e co Partido Demócrata Alemán.
1919 Constitución da República de Weimar:

-República federal, parlamentaria e democrática.

-Parlamento constituído polo Reichstag (deputados electos) e o Reichsrat (representantes dos Länder).

A República tivo a hostilizade da alta burguesía (contraria á lei das 8 horas, á contribución sobre rendas etc.), do exército e de grupos da extrema dereita.

-a extrema esquerda adopta unha táctica insurreccional (Kurt Eisner proclama unha República dos soviets en Múnic)

1920 Nunha cervexería de Múnic, un antigo cabo do exército de orixe austríaca, Adolf Hitler, funda o Partido Obreiro Alemán Nacional Socialista (partido Nazi)
1923 Ocupación da zona do Ruhr por Francia e Bélxica como garantía dos seus créditos.
1923 9-11: Putsch de Múnic: golpe de estado de Hitler e Ludendorff en Múnic, co apoio do Comisario Xeral do Estado para Baviera, Von Kahr. è co apoio do exército e da policía, Hitler é encarcerado (no cárcere escribe Mein Kampf ‘A miña loita’)..
1925-1934 Von Hindenburg, presidente da República
1930 Caída de Müller, último chanceler socialdemócrata è agrávanse as crises.
1932 Xullo: eleccións xerais con vitoria (sen maioría absoluta) do Partido Nazi (14 millóns de votos e 230 deputados no Reichstag; os comunistas logran 89 deputados è o triunfo desata a violencia dos nazis contra comunistas e socialdemócratas.

-Hindenburg oponse á designación de Hitler como chanceler e convócanse novas eleccións:

-6-11: os nazis perden 3 millóns de votos; avance nacionalista e comunista

1933-1945 ALEMAÑA BAIXO O NAZISMO
1933 -30-01: Hitler (chanceler) forma goberno de coalición con nacionalistas, independentes e católicos, con Von Papen como vicechanceler.

-27-02: os nazis incendian o Reichstag e bótanlles a culpa ós comunistas è persecución oficial dos partidos de esquerda.

-05-03: novas eleccións ó Reichstag: os nazis obteñen 17 millóns de votos (maioría absoluta); os socialdemócratas 7 millóns; comunistas 4.800.000 e nacionalistas 3 millóns.

-13-03: creación do Ministerio para a Educación do Pobo e da Propaganda, ó cargo de Joseph Goebbels.

-21-03: disolución do Parlamento è detencións arbitrarias de membros da oposición política

-07-4: Lei de Unificación dos Länder: abolición do sistema federal a prol do centralismo estatal.

-maio: prohibición de partidos e sindicatos, a excepción do Partido Nazi, o único (para asegurar a unidade do Partido e do Estado).

1934 -Creación da GESTAPO (Policía secreta do Reich), controlada por H. Himmler, xefe supremo das SS è reprímense todos os movementos da oposición è os inimigos políticos son enviados a campos de concentración (Dachau, preto de Múnic, foi un dos primeiros).

-30-06: a Noite dos coitelos longos (asasinato masivo dos principais dirixentes das Sturmabteilung (SA, grupos armados de asalto) non leais a Hitler)

– Agosto: morre o presidente Hindenburg e Hitler asume tamén a presidencia como Führer (‘o guieiro’) e chanceler de todos os alemáns, integrados todos no Partido Nazi e as súas agrupacións

-pacto de non agresión con Polonia.

1935 Reinstauración do servizo militar obrigatorio.

Leis de Núremberg: a pureza de sangue para a supervivencia do pobo alemán (prohibidos os matrimonios mixtos cos xudeos etc.)

1936 Denuncia do Pacto de Locarno de 1925 e ocupación da Renania desmilitarizada(fin do Pacto de Versalles)

-agosto: Xogos Olímpicos de Berlín.

-axuda material ós militares sublevados na Guerra civil española, violando o acordo de Non Intervención.

1937 Protocolo Hossbach: Hitler descobre os seus plans de guerra: conquista do espazo vital alemán pola violencia è xuntar os territorios de fala e cultura alemás.
1938 10-01: noite dos cristais rotos, contra os xudeos.

13-03: anexión de Austria (Auschluss), confirmada en abril por plebiscito.

01-10: Conferencia de Múnic (Hitler, Mussolini, Chamberlain, Daladier) è cesión a Alemania dos Sudetes checos è non haberá guerra! (Chamberlain e Daladier recibidos triunfalmente)

1939 16-03: invasión de Checoslovaquia polos alemáns.

21-03: esixencia a Polonia da anexión de Danzig e do corredor polaco de comunicación entre este territorio e Alemaña è Polonia non acepta e GB e Francia abandonan a política de pacificación e garanten a independencia polaca (pacto do 25-08).

26-03: anexión de Alemaña do territorio Memel de Lituania.

29-08: Pacto de non agresión xermano-soviético (entre Hitler e Stalin, para repartir Polonia).

-01-09: invasión de Polonia. Comeza a II GM

1939-1945 II GUERRA MUNDIAL
1939-1942 1ª fase: guerra lóstrego è triunfos rápidos do Eixe Berlín-Roma-Tokio

Fronte occidental:

-1940: ocupación de Dinamarca e Noruega.

-ocupación de Holanda e Bélxica para invadir Francia

-22 xuño: Francia capitula è armisticio de Compiègne e división do país entre a Francia ocupada (oeste e norte) e o goberno de Vichy do mariscal Petain (interior e sueste).

-Gran Bretaña soa ante Alemaña: a batalla de Inglaterra (bombardeos). Churchill, 1º ministro dun gobeno de coalición.

1940-41 Guerra nos Balcáns
1940-42 Guerra no norte de África
1941 21-06: Alemaña ataca a URSS sen declaración de guerra, rompendo co pacto anterior

07-09: ataque xaponés a Pearl Harbour (Hawaii), que decide a entrada dos EE.UU. na guerra, a favor dos aliados.

1942-43 Batalla de Stalingrado (agosto 42-febreiro 43) è a derrota nazi supón o cambio de rumbo na guerra.

07-11: desembarque dos angloamericanos no norte de África (operación Toch).

1943-1945 2ª fase: vitorias dos aliados:

1943: 13-05, derrota alemá no norte de África (El Alamein etc.)

-maio: instalación dun campamento militar na Cacharosa (Baio), de Artillería e Infantería, para vixiar a costa, de Malpica a Fisterra.

-xullo e agosto: desembarque aliado en Italia

-xullo: caída de Mussolini (destituído polo rei Vittore Emmanuele II).

1944 06-06: Desembarque de Normandía (Operación Overlord).

-20 xullo: atentado frustrado de Von Stauffenberg contra Hitler

-agosto: liberación de París

-outubro: o novo goberno italiano decláralle a guerra a Alemaña (loita dos       partisanos).

-outubro: desmantélase toda présa o campamento militar da Cacharosa (Baio).

-decembro: comeza a batalla das Ardenas (ofensiva alemá á desesperada)

1945 -xaneiro-abril: ofensiva imparable soviética na fronte oriental

-28 abril, capitulación das forzas alemás en Italia. Mussolini executado polos partisanos.

-29 abril: Hitler escribe o seu testamento político.

-30 abril: suicidio de Hitler, Eva Braun, Goebbels e familia no seu búnker de Berlín.

-7 maio: capitulación da Wehmacht no Cuartel Xeral de Eisenhower en Reims.

-8 maio: 2ª capitulación no Cuartel Xeral soviético en Berlín, ante o mariscal Zúkov

-23 maio: destitución e arresto do goberno de Doenitz (designado por Hitler no seu testamento).

-25 setembro: capitulación de Xapón tras o lanzamento das dúas bombas atómica sobre Hiroshima (6-08) e Nagasaki (9-08).

ACORDOS DE PAZ E POSGUERRA
1945 -4-11 febreiro: Conferencia de Ialta (Crimea, URSS): Churchill, Roosevelt, Stalin.

-26-06: Carta de San Francisco, fundacional da ONU.

-xullo-agosto: Conferencia e Acordo de Postdam (Berlín): Churchill, Truman, Stalin e Atlee) è división de Alemaña: a URSS anexiónase Prusia Oriental, a Galitzia Oriental e Polesia; confórmase de novo Polonia cos territorios do leste da liña Oder-Neisse: Pomerania, Silesia, Prusia Oriental, Galitzia Occ.) è evacuación de todos os alemáns residentes en Polonia, Hungría e Checoslovaquia è Estatuto especial para Berlín.

-Alemaña, dividida en 4 zonas de ocupación: 1) A Británica (noroccidental), francesa (suroeste: Renania e Würtemberg); americana (centro-sur: Hessen e Baviera) e a soviética (leste).

-autorízanse a maior parte dos partidos, a excepción do NazionalSocialista.

-reconstitución dos Länder (Alemaña volve ser unha República Federal descentralizada).

-20-11: empezan os Xuízos de Núremberg, contra os xefes nazis.

1945-47 Empezan os enfrontamentos entre os vencedores da IIGM, xerme da futura Guerra fría.
1947-1989/90 GUERRA FRÍA (BLOQUE OCCIDENTAL / BLOQUE SOVIÉTICO)
1947-53 Fase álxida da Guerra fría
1948-1961 Plan Marshall: axudas de máis de 30.000 millóns de dólares dos EE.UU. para a reconstrución da Europa da posguerra: Gran Bretaña, Francia, Alemaña occidental e Italia foron as máis beneficiadas (a España de Franco quedou fóra; só recibiría leite en pé e manteiga para os nenos das escolas).
1948-49 Bloqueo de Berlín: os EE.UU e os seus aliados xestionaban a creación don estado alemán independente sen contar cos soviéticos que, como resposta, cortaron as comunicación terrestres con Berlín, que quedou bloqueado è realizaríanse máis de 300.000 voos para subministrar a poboación da cidade. O bloqueo foi levantado ó ano seguinte.
1949 O bloqueo acelerou o proceso de división de Alemaña en dous bloques e Estados: na zona occidental, a República Federal Alemá (RFA)/ Bundesrepublik Deutschland (BRD), coa unión das zonas de ocupación británica, americana e franciesa (capital en Bonn), e na oriental, zona de ocupación soviética, coa creación da República Democrática Alemá (RDA), capital en Berlín leste.
1949-1963 Konrad Adenauer (CDU), chanceler da RFA.
1957 A Europa dos 6 (CEE, Mercado Común Europeo): Francia, Alemaña, Italia, Bélxica, Holanda e Luxembrurgo.
1961 Construción do muro de Berlín: coas axudas do Plan Marshall, a zona occidental de Berlín progresaba máis cá oriental e moitos dos habitantes deste sector pasaban ó outro lado è esta foi a causa de que o goberno da RDA decidise pechar a fronteira urbana coa construción dun alto valado, vixiado por soldados con orde de disparar contra os fuxitivos.
1962-1985 Coexistencia pacífica na guerra fría e distensión entre os bloques

Antecedentes:

-en 1953 morrera Stalin: Nikita Kruschev substitúeo (1953-1971)

-en 1960 John F. Kennedy sae elixido presidente dos EE.UU.

-en 1963 Kennedy visita Berlín e protesta polo muro: “Eu son berlinés”.

-Kruschev e Kennedy souberon salvar momentos álxidos (crise dos mísiles en Cuba, 1962) e favoreceron a distensión.

1963-1966 Ludwig Erhart (CDU), chanceler da RFA.
1966-1969 Kurt G. Kiesinger, chanceler da RFA.
1969-1974 Willy  Brandt (SPD), chanceler da RFA

-1970: o socialdemócrata Willy Brandt, favorece a distensión coa súa política de apertura ó Leste (a Ostpolitik): tratados co Pacto de Varsovia, negociacións coa RDA (recoñecemento mutuo) etc.

1974-1982 Helmut Schmidtt (SPD), chanceler da RFA
1982-1998 Helmut Kohl (CDU), chanceler da RFA.
1985-1991 FIN DA GUERRA FRÍA E REUNIFICACIÓN DE ALEMAÑA
1985 Mikhail Gorbachov accede ó poder na URSS, como secretario xeral do PCUS è impulsará a perestroika (reformas) políticas e a glásnot (transparencia informativa) na URSS
1987 Tratado de Washington sobre desarme entre Gorbachov e R. Reagan
1989 -agosto-setembro: apertura da fronteira húngara coa RDA è fuxida de milleiros de alemáns.

-outubro: dimisión de Honecker (presidente da RDA)

-9-11: derrubo do muro de Berlín

1990 -12-09 (Moscova) e 02-10 (Nova York): Acta de Unificación (reunificación das dúas Alemañas) è anexión da RDA pola RFA, baixo a presidencia de Helmut Kohl
1994 Abandonan Alemaña as derradeiras tropas soviéticas de ocupación.
1998-2005 Gerhard Schröder (SPD), chanceler da RFA
2005- ? Angela Merkel (CDU), chanceler da RFA (e da UE !).
En resumo, de 1949 á actualidade Os cristiándemócratas (CDU) gobernaron, con 5 chanceleres, entre 1949 e 1969, entre 1982 e 1998 e desde 2005 á actualidade en diversas coalicións co Partido Liberal Democrático (FDP), o Partido Alemán (DP) e mesmo cos socialdemócratas.

O Partdo Socialdemócrata Alemán (SPD) gobernou con 3 chanceleres entre 1969 e 1982 co apoio do FPD e entre 1998 e 2005 co apoio do partido Alianza 90/Os Verdes.

Helmut Kohl foi o que máis tempo botou no cargo (16 anos), pero a súa correlixionaria Angela Merkel (xa con 10 anos) leva camiño de superalo.

 

 

 

 

 

Viaxe ó sur de Alemaña 6

 

6º día (Dienstag / martes 25 agosto)

Bad-Windsheim – Rothenburg – Heidelberg ( 176 km)

Bad-Windsheim – Rothenberg ob der Tauber 26 km
Rothenburg ob der Tauber-Heidelberg 150 km
TOTAL 176 km

ROTHENBURG OB DER TAUBER**

Tras o almorzo, en pouco tempo puxémonos nesta cidade de arredor duns 12.000 hab., situada nun lugar desde o que domina o río Tauber, na Romantische Strasse; a súa principal atracción turística está no ben conservado centro medieval.

A muralla cuberta de Rothenburg (foto XMLS)

A muralla cuberta de Rothenburg (foto XMLS)

Historia

Nun promontorio sobre o río, nos xardíns hoxe chamados de Burggarten, construíuse en 1142 o castelo imperial da casa Hohenstaufen, a carón do cal medrou unha vila amurallada que en 1274 obtivo a rango de cidade libre do Sacro Imperio.

-tras o terremoto de 1356 construíronse as murallas actuais e moitos dos principais monumentos.

O Grolo Mestre (Meistertrunk):: en 1631, durante a Guerra dos Trinta Anos, a cidade foi tomada polos suecos, ó mando do conde de Tilly, quen fixo prisioneiros ós concelleiros da cidade, condenounos  a morte e ordenou que a cidade fose incendiada. O alcalde deulle como ofreza de benvida viño servido nun colorido vaso de vidro de tres litros e medio. Tilly ofreceu respectar a cidade se alguén era capaz de beber o viño da xerra nun único grolo. O alcalde, Georg Musch, ofreceuse e deu bebido todo o viño nun só grolo, co cal a cidade foi salvada da destrución. Este feito deu lugar a unha festa, a Meistertrunk (‘grolo mestre’) que se celebra en distintos momentos do ano, entre maio e outubro.

DSC07951

Testemuño dun doador xaponés na rolda das murallas de Rothenburg (XMLS)

Despois de que, en 1650, as últimas tropas abandonasen a cidade, o seu desenvolvemento quedou paralizado, e ese foi a razón de que se conservasen moitos edificios desta época.

En 1803 pasou a formar parte do Estado libre de Baviera, e a partir de entón foi destino turístico para ingleses e franceses.

No séc. XX, no período de entreguerras, foi un bastión do incipiente partido nazi (nas eleccións de 1933 este partido recibiu o 83 % dos votos dos seus cidadáns).

O 31-03-1945 foi bombardeada pola aviación americana, que destruíu o 40 % da cidade, pero a destrución apenas afectou ós edificios históricos, que foron reconstruídos ó remate da guerra.

Cóntase que o 17-04-1945, a piques de finalizar a IIGM, o xeneral americano Devers deu orde de que a artillería atacase a cidade, pero esta foi salvada por outro oficial americano, John McCloy, que, como sabía pola súa nai da beleza medieval da cidade, foi remiso a destruíla sen máis e pediu permiso para solicitar a rendición antes do ataque; o comandante rexional alemán rexeitou a oferta, pero o maior alemán Thömmes, que estaba ó mando das tropas de defensa, ignorou esta orde e rendeu a cidade.

Semella unha lenda urbana, pero, como dirían os italianos, “si non è vero, è ben trovatto”.

DSC07961

Casa do Concello e praza Maior (XMLS)

Visita

Hoxe en día o turismo é a base da economía de Rothenburg (turistas de todo o mundo, xaponeses en particular): rúas estreitas, prazas pequenas, edificios antigos ben conservados… Pasou a ser a imaxe da Alemaña romántica. O conxunto da esquina da praciña Plönlein –na Schmiedgasse- é unha das imaxes máis recoñecidas de Alemaña. Polo seu aspecto medieval a cidade apareceu en varios filmes: Chitty Chitty Bang BangPinoccio de Disney etc.

A maior parte dos visitantes percorremos a pé ocamiño de rolda das murallas dos séculos XIV e XV, con 43 torres. Todo ou en parte. Observamos que nelas había pedras con nomes inscritos, pertencentes a persoas de diversos países do mundo, particularmente xaponeses, pero tamén norteamericanos, alemáns etc. Seguramente foron doadores, persoas que colaboraron economicamente cunha importante cantidade para a restauración e conservacións das murallas. Un método que tamén se podería poñer a andar en Galicia.

Vista parcial de Rothenburg desde a torre branca do Concello (XMLS)

Vista parcial de Rothenburg desde a torre branca do Concello (XMLS)

As guías recomendan entrar pola porta Röder Tor (E.), para seguir cara ó norte para chegar á Würzburger Tor (despois de pasar por outras dúas); no extremo NO atópase a Klinger Tor (con bos miradoiros); diante da porta, a igrexa Wolfgangskirche (de 1475).

Polo lado O. atopamos outras tres torres, ata chegar á porta fortificada de Burgtor, cunha alta torre. No Burgggaten*, o xardín do montículo penedío sobre o río Tauber, atópase a Blausiuskapelle, único resto da fortaleza imperial do séc. XIII, na actualidade dedicada ós Caídos. Desde alí hai un boa perspectiva sobre o río: na beira do río vese a torre Topplerschlösschen (de 1388) e a ponte Doppelbrücke sobre o Tauber (sécs. XIV-XV), e logo o santuario de Kobolzellerkirche, de estilo gótico serodio.

Igrexa gótica de St. Jacob (Santiago) [XMLS]

Igrexa gótica de St. Jacob (Santiago) [XMLS]

Continuando polo lado sur chegamos á torre Johanniterturn, situada fronte á igrexa gótica Johanniskirche (finais séc. XIV). No edificio do antigo mosteiro, reconstruído en 1718, ten a súa sede o Mittelalterliches Kriminal Museum (‘Museo da Criminoloxía e da Tortura’), visitable (hai que pagar); no exterior hai unha gaiola de ferro para a exposición pública dos condenados, quizais ata a súa morte (lembra a “armadura de forca”, que existía en Tilbury, na entrada do porto de Londres para escarmento dos piratas e corsarios), un carro-prisión para transportar presos e un aparello para as decapitacións.

Continuando cara ó sur pola rúa Untere Schmiedgasse ataPlönlein** (< lat. planum) hai unha encrucillada de rúas entre casas de trabes entrelazadas e unha fonte; á dereita, en descenso, a poderosa torre cadrada Kobolzeller Tor (séc. XIII), e outra cadrada máis, a Kohlturn.

Se desexamos continuar pola estreita prolongación cara ó sur pola rúa Spitalgasse chegaremos ó Spital**, un grande hospital construído entre 1574 e 1591 por L. Weidmann.

A cidade antiga e a nova (ó fondo) de Rothenburg (XMLS)

A cidade antiga e a nova (ó fondo) de Rothenburg (XMLS)

Volvendo ó centro da cidade polas rúas citadas, naMarktplatz (‘Praza Maior’) atópase o Rathaus(Casa do Concello), o edificio máis fermoso, cunha parte renacentista (1572-1578) –a que mira á praza-, porticada e con galería no alto, unha torre cun miradoiro na esquina; a parte que mira á rúa Herrngasse é gótica do séc. XIII, cunha torre do séc. XVI. No interior, hai unhas salas renacentistas e a sala gótica Kaisersaal, ligada ó recordo da Meistertrunk.

Na visita que fixemos á Casa do Concello quixemos entrar na Kaisersaal -dedicada ó Grolo Mestre-, pero estaba pechada ós visitantes. Preguntamos e indicóusenos que só se abría con ocasión das celebracións, pois o do Grolo era un evento cultural periódico.

As vistas desde a torre da Casa do Concello son espléndidas, pero o tramo derradeiro para acceder á parte máis alta é de bastante dificultade. A subida é gratis ata este tramo, que é o que se cobra (2 € por persoa; hai unha funcionaria alí atendendo). Trátase dunha esqueira de madeira disposta verticalmente, duns dez ou doce chanzos. Se dificultoso é o ascenso pola estreitura do oco, aínda máis o é a baixada, pois hai que descender de recú e atoutiñando onde se colocan os pés, ata tocar o chanzo superior. O espazo ó aire libre, ben protexido por unha varanda de metal, é moi estreito, non recomendable para as persoas con certo exceso de peso, pois dificilmente non caben polo portelo de entrada.

A Marktplatz desde a torre da Casa do Concello (XMLS)

A Marktplatz desde a torre da Casa do Concello (XMLS)

-á dereita da Rathaus atópase a antiga adega Ratstrinkstube (de 1466), cun reloxo que se pon en movemento case a cada hora cunhas figuriñas que reconstrúen a historia da Meistertrunk.

rúa Herrngasse é a máis bonita; ábrese entre palacetes de diferentes épocas, e nela hai unha fonte do séc. XV (a Herrnbrunnen) e unha antiga igrexa gótica franciscana (Franziskanerkirche), hoxe evanxélica. Ó norte da Casa do Concello tamén hai unha igrexa de considerables dimensións dedicada a Santiago (St. Jakob**), de estilo gótico do séc. XV. No exterior, na lado sur, hai unha esvelta escultura de bronce dun Santiago peregrino, bastante moderna, co seu chapeu de amplas abas, a cabaza atada ó cinto, unha cuncha de vieira na man esquerda e un longo caxato na dereita. Xunto coa do exterior da igrexa de Augsburgo é a segunda escultura moderna que atopamos de Santiago peregrino, o que pode dar a entender que recentemente houbo unha recuperación das peregrinacións xacobeas desde Alemaña.

A gaiola do Museo da Tortura (XMLS)

A gaiola do Museo da Tortura (XMLS)

O carro-gaiola do Museo da Tortura (XMLS)

O carro-gaiola do Museo da Tortura (XMLS)

Saímos despois en direccións a Heidelberg. No longo traxecto (150 km), no que Pablo nos levou en boa parte por estradas secundarias –así tamén puidemos ver tamén a Alemaña “profunda”, que é de supoñer que tamén exista-, Xosé M. Penas Patiño, que se preocupara de facer as correspondentes fotocopias en Núremberg, deunos outra magnífica charla centrada tres ornitólogos alemáns -Johann F. Naumann (1780-1857), Konrad Lorenz (1903-1989) e Eduard Rüppell (1794-1884) e outros científicos coma Friedrich H. von Humboldt (1769-1859) e Alfred Lothar Wegener (1880-1930), o da teoría da deriva dos continentes. Sobre Von Humboldt tamén falaría Antón G. Losada, pois, segundo o diario da viaxe que o científico emprendeu cara a América desde o porto da Coruña, o último anaco de terra que viu do continente europeo seica foi a illa Sisarga de Malpica: “el último objeto que vieron sus ojos del Viejo Mundo” (Humboldt y el cosmos. Vida, obra y viajes de un hombre universal (1769-1859); Ediciones del Serbal, 1982, páx. 58).

Non fomos todo por autoestradas, pois o intrépido condutor Pablo Bustelo tamén nos aventurou por estradas secundarias, coma esta de Rothenburg a Heidelberg (XMLS)

Non fomos todo por autoestradas, pois o intrépido condutor Pablo Bustelo tamén nos aventurou por estradas secundarias, coma esta de Rothenburg a Heidelberg (XMLS)

HEIDELBERG**

-143.000 hab.

Situada nas beiras do río Neckar (afluente do Rin), nunha das zonas máis cálidas de Alemaña, é unha cidade famosa polo seu centro histórico e por ter a universidade máis antiga de Alemaña (fundada en 1386). Ten augas termais, que tamén atrae o turismo. Tamén é coñecida polo descubrimento, en 1907, da mandíbula do ‘home de Heidelberg’, que habitou este lugar hai 600.000 anos.

Algo de historia

No séc. V a.C. existía neste lugar unha fortaleza celta. No ano 40 d.C. instalouse un campamento permanente e construíuse unha ponte de madeira sobre o río. No ano 260 o campamento foi conquistado polos pobo xermanos.

No ano 863 fundouse o mosteiro de San Miguel no Heiligenberg, no interior da dobre muralla da fortaleza celta. No ano 1115 o castelo de Heidelberg pasa á casa de Hohenstaufen. No 1225 Luís I, duque de Baviera, obtivo o Palatinado e, polo tanto, tamén o castelo.

O ano 1386 Ruperto I, elector do Palatinado, funda a Universidade de Heidelberg, que andando o tempo desempeñará un papel importante na época do humanismo e a Reforma, e tamén no conflito entre o luteranismo e o calvinismo. En 1518, uns meses despois de facer públicas as 95 teses contra as indulxencias, Martiño Lutero foi recibido en Heidelberg para a súa defensa. En 1555 a cidade pasouse ó calvinismo e veríase inmersa na Guerra dos Trinta Anos; foi devastada polos franceses en 1689 e en 1693, e máis tarde reconstruída (casas de estilo barroco). A biblioteca de Heidelberg, fundada en 1421, é a biblioteca pública máis antiga de Alemaña que aínda permanece intacta. Está considerada tamén un dos berces do Romanticismo alemán.

1933-45: Heidelberg foi unha das prazas fortes do partido Nazi, que era o máis votado nas eleccións. Entre 1934-35 o réxime construíu un grande anfiteatro en Heiligenberg para celebrar os acontecementos das SS. A cidade non fora bombardeada durante a IIGM por non ser centro industrial Rematada a guerra, morrería aquí o xeneral americano Patton, en accidente de tráfico.

O castelo de Heidelberg (XMLS)

O castelo de Heidelberg (XMLS)

Visitas

castelo (Schloss)** atópase na parte alta da cidade, no lado sur. Hai desde alí fermosas vista da cidade e do río. Puidemos acceder a el polo funicular, pois ós autobuses estalles prohibido. O billete do funicular (12 € ida e volta) permite tamén a visita á Botica do castelo e ás dúas grandes cubas do bar-restaurante.

Plano da cidade

Plano da cidade

O castelo foi construído contra o 1400 polo príncipe elector e rei de Alemaña Ruperto III, para logo ilo ampliando. Foi semidestruído polos franceses en 1689 e 1693. A través da torre da Portada (TorTurm), de forma cadrada, do ano 1530, accédese a un patio interior, con fachadas renacentistas. Entrando veremos a Fassbau, bodega construída entre 1583-1592 que conta cunha enorme cuba, a Grosses Fass*, construída en 1751 cunha capacidade de 220.000 litros; hai outra máis antiga, a Kleiness Fass*, de “tan só” 45.000 litros (do ano 1664).

Polo lado norte esténdese o Friedriechsbau*, pazo renacentista mandado construír por Frederico IV entre 1592-1610.

No lado leste atópase a xoia do castelo, o Ottheinrichsbau**, pazo mandado construír polo príncipe elector Otón Henrique entre 1556-1559. É unha obra mestra do renacemento alemán, con exuberante decoración dun artista flamengo. Neste edifico instalouse un valioso Museo de Botica (oDeutsches Apotheken Museum), con valiosos mobles do séc. XVIII e unha colección de receitas antigas. A Apotheken Turn presta acubillo a un antigo laboratorio de alquimia.

Vista de Heidelberg desde o Castelo, coa ponte vella sobre o río Necker (XMLS)

Vista de Heidelberg desde o Castelo, coa ponte vella sobre o río Necker (XMLS)

rúa principal da cidade é aHauptstrasse*(uns 2 km de longo), que conta con edificios interesantes, como a Haus zum Riesen (a ‘Casa do Xigante’) de 1707.  Fronte a ela, a Friedrichsbau (1863), sede de institutos universitarios; na rúa Karpfengasse atópase o Kongresshaus, construído en 1901 pero reconstruído en 1990; máis adiante atópase a Providenzkirche(‘igrexa da Providencia’), así chamada polo lema ‘Dominus providebit’ (‘Deus proverá’), lema do príncipe elector Carlos Luís, que a mandara erixir en 1661.

33. Botica (Apotheke) do castelo de Heidelberg

A antiga botica do castelo de Heidelberg (XMLS)

O edificio da Alte Universität (‘Universidade Antiga’) é un edificio barroco de entre 1712-1728. No seu interior atópase aStudentenkarzer (‘Cárcere estudantil’), cuarto pequeno que serviu de 1778 a 1918 para encerrar os estudantes contestatarios.

Tamén é visitable a Neue Universität (‘Universidade nova’), construída entre 1930 e 1932, que conserva no patio aHexenturm (‘Torre das Bruxas’), único resto das edificacións do séc. XV. Fronte á Universidade atópase a Biblioteca universitaria, construída entre 1901-1905, con copias de valiosos manuscritos. Enfronte, cara ó sur, a Peterskirche (‘igrexa de San Pedro’), edificio gótico do séc. XV.

A Heiliggeistkirche (igrexa protestante) XMLS

A Heiliggeistkirche (igrexa protestante) XMLS

A Jesuitenkirche (igrexa católica) XMLS

A Jesuitenkirche (igrexa católica) XMLS

.

.

.

.

.

.

.

.

.

Detrás da Universidade Nova hai edificios xesuíticos: Jesuitenkolleg (1703) e a Jesuitenkirche ‘Igrexa dos xesuítas’ (1711-1749), construcións barrocas.

Non lonxe da ponte Vella queda a Heiliggeistkirche, igrexa protestante construída entre 1399-1441 polo elector Ruperto III para sepulcro familiar. A torre data de 1508, aínda que remata en estilo barroco.

Pola Steingasse chegamos á Ponte Vella (Alte Brücke), construída por M. Maier entre 1786-1788; está decorada con estatuas e precedida por un arco triunfal que se abre entre dúas torres do séc. XV.

Pasando ó outro lado do río por esta ponte pódese ascender por un paso peonil ó Paseo dos Filósofos(Philosophenwag), desde onde se contemplan espléndidas vistas da cidade e do castelo.

A Ponte Vella sobre o río Necker (XMLS)

A Ponte Vella sobre o río Necker (XMLS)

Viaxe ó sur de Alemaña 5

VIAXE Ó SUR DE ALEMAÑA (5ª ENTREGA)

.5º entrega (Luns  / Montag 24 August)Ratisbona – Núremberg – Bamberg – Bad-Windsheim ( 246 km)
Ratisbona-Núremberg 112 km
Núremberg-Bamberg 63 km
Bamberg-Bad-Windsheim 71 km
TOTAL 246 km

Camiño de Núremberg: as primeiras conferencias rodantes

Pola mañá o viaxeiro Antón García Losada, completando o seu traballo da guía impresa, ilustrounos sobre o marco xeográfico, cunha conferencia impartida (como as que virían despois) micro en man desde a cadeira do guía, que ben podería levar como título: “Rexións naturais de Alemaña. Baviera e os Alpes”.

A continuación entrou en escena a viaxeira Xela Cid, que dedicou o seu parlamento a falar sobre “Ecoloxía fluvial. Os ríos alemáns e os ríos galegos. O pai Rhin e o pai Miño. O Rhin e o Danubio. O Rhin e o lago Bodensee”.

De Ratisbona a Núremberg: vila bávara [XMLS]

De Ratisbona a Núremberg: vila bávara [XMLS]

Pola tarde, camiño de Bamberg, foi Manolo Chouza quen, ademais de nos facer rir cos seus chistes, nos ilustrou amplamente sobre os “Científicos do séc. XIX. Europa-Galicia: Mendel-Darwin, López Seoane e Baltasar Merino”. Como sempre hai unha ligazón con Galicia e coas nosas comarcas da Costa do Solpor, comentamos que o naturalista Víctor López Seoane, doutor en medicina (Ferrol 1834-A Coruña 1900) fora o segundo marido de Francisca Rioboo Álvarez (1834-1919), dona das Torres do Allo entre outras propiedades dos Rioboo. O naturalista López Seoane foi moi coñecido no seu tempo; leva o seu nome a víbora galega (“víbora de Seoane”). Quizais fose el quen mandou plantar os carballos e falsos plátanos que flanquean a avenida de acceso ó pazo do Allo desde a estrada xeral A Coruña-Fisterra. No libro cobrador de rendas das Torres hai, escrita da súa man, unha descrición da leira, das árbores (buxos centenarios, cortados na década de 1950) e dos seus cultivos (véxase J.Á. SÁNCHEZ GARCÍA:Torres do Allo; Deputación da Coruña, 2001; pp. 261-269; na p. 267 hai unha foto de D. Víctor e de Dª Francisca, xa anciáns, tirada uns anos antes do 1900, na que aparecen na fachada da torre sur das Torres xunto con seis dos seus sete fillos).

NÚREMBERG (NÜRNBERG)** 

A chamada en castelán antigo Nuremberga conta con 493.000 hab. e é  2ª cidade da Baviera e capital administrativa da Franconia. Situada nas beiras do río Pegnitz.

-centro de estudos superiores; comparte universidade con Erlangen (en Núremberg, as facultades de Económicas, Pedagoxía e Belas Artes).

-centro industrial (electrónica, automóbiles, xoguetería, cervexa etc.).

-aquí celébrase a Feira do Xoguete máis importante de Alemaña.

-conta cun impresionante mercado navideño.

Vista de Núremberg, desde a muralla do NO. [XMLS]

Vista de Núremberg, desde a muralla do NO. [XMLS]

Historia

-o nome procede de nourenberc ‘monte penedío’. Aparece por vez primeira nun documento imperial do ano 1050. En 1219 o emperador Frederico II concedeulle a dignidade de cidade libre do Imperio.

-a cidade tivo grande importancia económica nos séculos XV e XVI, cando os seus comerciantes monopolizaban o comercio con Oriente (China, p. ex.) e os seus obradoiros artísticos facían da cidade o centro cultural renacentista máis importante de Alemaña (p.ex. o pintor Michael Wohlgemut e o seu discípulo Albrecht Dürer).

-o descubrimento de América e despois a Guerra dos Trinta Anos (1618-1648) condenaron a cidade a unha lenta decadencia.

-desde o séc. XIV prodúcense en Núremberg instrumentos científicos coma os compases, globos terráqueos (coma o de Martin Behaim, de 1492, aínda sen o continente americano), astrolabios, cuadrantes e outras ferramentas que contribuíron ó desenvolvemento da cartografía.

-En 1471 nace nesta cidade o artista e matemático Albrecht Dürer (castelanizado como Alberto Durero); despois de estudos en Italia instalouse na súa cidade natal contra o 1507, e morou nela ata a súa morte (1528).

Imaxe de Santiago con caxato de peregrino, vieira no chapeu e maqueta de igrexa na man esquerda (pola súa catedral en Compostela) na entrada da igrexa de S. Sebaldo de Núremberg (XMLS)

Imaxe de Santiago con caxato de peregrino, vieira no chapeu e maqueta de igrexa na man esquerda (pola súa catedral en Compostela) na entrada da igrexa de S. Sebaldo de Núremberg (XMLS)

-no séc. XVI a cidade foi visitada periodicamente polos emperadores do Sacro Imperio Alemán, entre eles Carlos V, por se teren que celebrar nela as Reichstage(as Dietas imperiais), reunións ou asembleas que se facían no castelo de Núremberg.

-en 1525 a cidade converteuse nun dos centros da Reforma luterana, e nela asinouse a Paz de Núremberg, que supoñía a aceptación dos reformistas no seo do Imperio.

-En 1621 fúndase en Núremberg o primeiro banco público. Os seus produtos chegan ós mercados mundiais: é famosa a Goldene Strasse ‘a vía do ouro’, que unía esta cidade con Praga e outras da Europa do leste.

-no séc. XVIII Núremberg converteuse nun centro importante de coñecementos matemático-astronómico; os mapas publicados pola empresa Homann vendéronse por toda Europa.

-en 1806, co Sacro Imperio en estado de disolución, Núremberg entrou a formar parte da Baviera, perdendo o carácter de cidade imperial (o Estado libre de Baviera fíxose cargo das débedas). A construción do primeiro camiño de ferro alemán (Núremberg-Fürth, 1835) iniciou a súa recuperación económica.

-no séc. XX, pola súa importancia no Sacro Imperio Romano Xermánico e mais polo seu significado histórico-cultural no xermanismo, foi a cidade escolleita por Hitler como sede dos congresos do Partido Nazi (Reichsparteitag); considerábase a Núremberg ‘a cidade xoia’ de Alemaña, e o Führer quixo apropiarse da súa simboloxía especial na Idade Media, como cidade sinalada polo emperador para celebrar a súa primeira Dieta imperial despois da súa elección.

-na cidade residía o fanático propagandista antisemita Julius Streiches, editor do xornal Der Stürmer.  Con todo, a diferenza doutras cidades de Alemaña, a maioría da poboación non se identificaba coa ideoloxía nazi, pero o réxime estaba empeñado en presentar ante o mundo a Núremberg como ‘a cidade máis alemá’ e a máis leal ó partido nazi.

-as concentracións multitudinarias do Partido Nazi celebrábanse anualmente en Núremberg desde 1927 e ata 1928: foron os Congresos de Núremberg do NSDAP (Partido Nacionalsocialista Obreiro Alemán). As celebracións celebradas no Campo Zeppelin (en 1923 realizáronse alí probas aéreas en homenaxe ó inventor do dirixible) rodáronse en 1934 pola cineasta Leni Riefenstahl na súa película propagandística O triunfo da vontade. Ese mesmo ano o arquitecto Albert Speer deseñou a tribuna desde a cal Hitler lanzaba agresivos discursos contra os xudeos para fortalecer o carácter antisemita do III Reich.

-o réxime nazi construíu en Núremberg unha réplica do Coloseo de Roma para sede dos congresos do Partido Nazi, con capacidade para 50.000 persoas. A causa da guerra o edificio non se rematou como se deseñara. Hoxe acubilla o Dokumenta-tionzentrum Reichsparteitagsgelände (‘Centro de Documentación sobre a Histo-ria dos Congresos do Partido Nazi’, más conocido como Dokuzentrum). Alí hai unha exposición permanente sobre as orixes do antixudaísmo alemán, a fundación do Partido Nazi, o ascenso de Hitler ó poder, os crimes contra os xudeu,a persecución dos socialdemócratas e doutros partidos  etc.

-preto do Dokuzentrum atópanse o Luitpoldhain e mais o Campo de Marte, utilizados para eventos militares para fomentar o espírito belixerante dos espectadores. Desde a tribuna de Zeppelin pronunciaba Hitler os seus discursos. Toda esta área pódese visitar a pé. Existen paneis informativos.

-xunto a Berlín, Essen, Düsseldorf, Hamburgo, Múnic e, sobre todo, Dresde, Núremberg foi unha das cidades máis bombardeadas polos aliados durante a IIGM. Bombardeos realizados entre 1943 e 1945, sendo o peor o do 2-1-1945, no que pereceron 6.000 civís e cen mil quedaron sen fogar, e o 90 % da cidade antiga quedou destruída nunha hora.

Finalizada a IIGM, de 1945 a 1946 a Sala 600 do Pazo de Xustiza foi escenario dos Xuízos de Núremberg contra os líderes nazis, que culminaron coa condena dalgúns deles. Primeiro xulgouse a funcionarios do partido e do goberno nazis, despois a médicos, xuíces, industriais que apoiaran o réxime.

-Na actualidade, desde 2014, o alcalde (o Dr. Ulrich Maly) pertence ó Partido Socialdemócrata (SPD), que conta con 32 representantes; a CSU ten 23; o Partido Verde (Die Grüne), 5, o Partido Liberal 2, o Partido da Esquerda (Linke) 3 e o neonazi Ausländer Stopp, 2.

Os Xuízos de Núremberg

Os Xuízos ou Procesos de Núremberg (Nürnberger Prozesse) foron uns xuízos emprendidos polos países aliados e  desenvolvidos do 20-11-1945 ó 1-10-1946, contra dirixentes nazis capturados por diferentes crimes e abusos contra a humanidade cometidos no nome do II Reich do 1-9-1939 a maio de 1945.De 4.850 peticións de procesamento foron procesadas 611 persoas.

O que tivo máis repercusión foi o Xuízo principal, dirixido polo Tribunal Militar Internacional (TMI) contra 24 dos principais dirixentes nazis capturados. O proceso empezou o 20-11-1945, e entre os procesados máis destacados, atopábanse: Karl Dönitz, almirante da Flota Alemá e sucesor de Hitler tras o suicidio deste; Rudolf Hess, secretario particular de Hitler, que  en misión secreta voara en 1941 a Gran Bretaña, onde fora capturado polos ingleses;Hermann Goering, Comandante en Jefe de la Luftwaffe y Presidente del Parlamento alemán;  Alfred Jodl e Wilhelm Keitel, xefes  del Alto Mando de Wehrmacht; Alfred Rosenberg, autor do libro da ideoloxía nacionalsocialista racistaO Mito do século XX, Ministro de Educación do Reich e despois ministro de Territorios Ocupados; Joachim von Ribbentrop, ministro de Asuntos Exteriores; Albert Speer, arquitecto e ministro de Armamentos; Franz von Papen, antigo xefe do Partido Conservador e despois embaixador nazi en Austria e Turquía.

Entre os xulgados que xa morreran ó final da guerra estaban Adolf HitlerJoseph Goebbels (ministro de Propaganda) e Heinrich Himmler (capitán xeral das SS).

Entre os que estaban fuxidos: Adolf EichmannMartin Bormann e Josef Mengele.Boa parte destes acusados foron condenados a morte na forca, sentenza executada o 16-10-1946 (Goering suicidouse con cianuro un día antes).

Os condenados a cadea perpetua cumpriron a condena na prisión de Spandau, ata a morte do derradeiro, Rudolf Hess, en 1987. Speer, condenado a 20 anos, saíu en 1966. Outros xa saíran antes, coma Dönitz (10 anos). O industrial Gustav Krupp, que utilizara man de obra escrava nas súas fábricas, saíu absolto.

Sala 600 do Pazo de Xustiza (Xuízo de Núrenberg) [fotoXMLS]

Sala 600 do Pazo de Xustiza (Xuízo de Núrenberg) [fotoXMLS]

Visitas

As murallas.- O condutor do autobúns tivo a deferencia de bordear exteriormente as murallas na maior parte do seu perímetro de planta romboidal e cun perímetro de 5 km, con 80 torres, incluíndo as das portas e excluíndo as das fortalezas. Foron construídas entre o séc. XIV e o XV. O foxo (Graben) foi desecado e cuberto no séc. XIX para abrir a avenidas de circunvalación. Nos catro puntos cardinais abríronse catro portas antigas defendidas por enormes torreóns troncocónicos construídos entre 1556 e 1159.

Entramos na cidade á altura do torreón do noroeste, o do Burg, quizais o mellor conservado. Moi preto atópase a casa do pintor Alberto Durero.

Baixando cara ó centro fomos visitando a igrexa de san Sebaldo, a Casa do Concello (Rathaus), a Frauenkirche, a praza do Mercado etc.

Orixinal relevo contemporáneo nun tímpano románico de igrexa de San Sebaldo [XMLS]

Orixinal relevo contemporáneo nun tímpano románico de igrexa de San Sebaldo [XMLS]

Dürerhaus (‘Casa de Durero’) data do séc. XV; nela viviu A. Durero de 1509 ata a súa morte (1528).

igrexa de S. Sebaldo**, igrexa evanxélica que en orixe era unha basílica románica, da que se conservan as torres e o corpo. A construción continuou entre 1231 e 1273 (coro oriental, naves laterais). No interior consérvase a tumba de san Sebaldo.

igrexa de Nosa Señora (Frauenkirche) é tamén de estilo gótico; construída entre 1352 e 1358 no lugar que ocupaba unha sinagoga. Entre 1506 e 1508 Adam Kraft engadiulle o Michaelschor, pórtico da fachada, cun frontón que ten un reloxo de 1509 (todos os días ás 12 move un cortexo de figuriñas: sete electores que desfilan diante do emperador).

Atravesando o río Pegnitz  visitamos a igrexa de S. Lourenzo (St. Lorenz)**,  a principal igrexa evanxélica da cidade, de estilo gótico pleno. Empezouse pola fachada (1230) e continuaron as obras ata principios do séc. XV. A fachada está flanqueada por torres. No interior, o coro é unha xoia do gótico alemán.

retablo de san Roque (igrexa de St.Lorenz)

retablo de san Roque (igrexa de St.Lorenz)

Nesta zona, atópase a Königstrasse,  a rúa principal  da cidade, que atravesa a cidade desde a estación de ferrocarril (Hauptbannhof) ó río; empeza na porta Königstor e no torreón de defensa redondo Frauentorturm (de 1558); á dereita, a igrexa gótica de Sta. Martha. Preto da estación do tren atópase o Centro Galego.

Algúns visitamos as ruínas da igrexa de Santa Catarina, bombardeada na 2ª GM; non se reconstruíu a propósito, para que quedase constancia dos efectos devastadores da guerra. Custou traballo dar con elas (houbo que preguntar varias veces). Non valeu moito a pena o esforzo para localizala.

O 23-10-1993 inaugurouse a Rúa dos Dereitos Humanos, obra do artista israelí Dani Karavan: en 29 columnas de cemento, a parede dunha casa e unha árbore preséntanse os 30 artigos da Declaración dos Dereitos Humanos en 30 idiomas distintos (do jiddish dos xudeos alemáns ó quechua de América do Sur). Nesta inauguración o alcalde nuremburgués afirmou que os habitantes desta cidade “só poden aceptar que desta cidade se dean sinais de paz, de reconciliación e comprensión entre os pobos”

Frauenkirche (igrexa de Nosa Señora)

Frauenkirche (igrexa de Nosa Señora)

Museos: o Museo Nacional de Arte e Deseño (Neues Museum-Staatliches Museum für Kunst and Design).- Inaugurado no 2000. Interesante desde o punto de vista arquitectónico.

Casa de Albrecht Dürer

Casa de Albrecht Dürer

Museo Nacional Xermánico (Germanisches Nationalmuseum).- Fundado en 1852 e instalado nunha antiga Cartuxa dos séculos XIV e XV. Hai obras desde a prehistoria ó séc. XX. Na 1ª planta hai salas dedicadas á pintura alemá, con obras mestras de Durero, A. Altdorfer ou Holbein o Mozo, entre outros. Pinturas tamén do neoclasicismo alemán e da 1ª metade do XX (Kandinsky, E. Nolde etc.).

Tamén existe o Museo dos Transportes (DB Museum), onde se atopa unha reconstrución do primeiro tren alemán (Núremberg-Fürth, 1835). Existe, así mesmo, o Museo do Xoguete(Spielzeugmuseum), con xoguetes de toda Baviera e de séculos anteriores.

Tamén se pode visitar o Docuzentrum (‘Centro de Documentación do Partido Nazi’).

Na Sala 600 do Xuízo de Núrenberg

Na Sala 600 do Xuízo de Núrenberg

Atendendo ós rogos de varios viaxeiros e viaxeiras, antes de abandonar a cidade fomos visitar o Pazo de Xustiza, onde se celebrara o famoso Xuízo contra os líderes nazis. Unha parte dos viaxeiros, previo pagamento de 4 € por persoa, subiron á sala 600 onde tivera lugar o xuízo. A sala consérvase intacta, sen modificar desde o remate do proceso o 1-10-1946. Procurárase que o mobiliario fose do máis austero. Os visitantes dispuxemos de audioguías en diversos idiomas e na sala hai tamén pantallas de televisión reproducindo os momentos máis sobranceiros do xuízo. Por falta de tempo só se puido permanecer arredor de 20 min na sala, para quitar algunhas fotos e pouco máis.

No autobús proxectouse a máis recente das películas que se rodaron sobre este evento, unha das que trouxo consigo o viaxeiro (e músico) Xoán Antelo. Outra (O pianista, de Roman Polanski) versou sobre a persecución nazi dos xudeus en Polonia. Tamén se proxectou Lutero, sobre a vida do reformador relixioso. E lembrando a nosa visita ós lugares da I Guerra mundial do ano pasado vimos Sendeiros de gloria, de Stanley Kubrick.

DSC07921 - O xinete de Bamberg

BAMBERG** 

-70.000 hab

-chamada a Pequena Venecia do Norte.

-considerada a máis fermosa cidade artística da Alta Franconia, no val onde conflúe o río Regnitz (con dous brazos) co Main (Meno).

-ten un fermoso conxunto monumental declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

-no ano 997 o emperador Henrique II o Santo e santa Cunegunda recibiron como regalo de vodas esta cidade e decidiron transformala nunha nova cidade santa, coma Roma.

Visitas

-a Dom** (a catedral), foi un dos primeiros monumentos que visitamos, fundada polo emperador Henrique II no 1004. Boa parte da construción é do séc. XIII. Conta coas sepulturas do emperador san Henrique e da súa dona** (obra realizada a principios do séc. XVI). Entrando por unha das portas laterais, acaroada a un piar da nave central, atópase a famosa escultura do Xinete (ou o Cabaleiro) de Bamberg, obra gótica do séc. XIII.

Domplatz**, a praza da catedral, con edificios renacentistas, é o corazón da cidade.

-o novo pazo episcopal (Nueu Residenz)**, séculos XVII e XVIII.

Alte Hofhaltung (antiga residencia imperial e episcopal).

Grüner Markt, o mercado de hortalizas (hai unha longa tradición de cultivar hortas na cidade, que ten hortas urbanas protexidas pola UNESCO).

Tumba de san Henrique e santa Cunegunda (cat. Bamberg) [XMLS]

Tumba de san Henrique e santa Cunegunda (cat. Bamberg) [XMLS]

Altes Rathaus (Antiga Casa do Concello), edificio construído no séc. XV nunha ponte (Obere Brücke) sobre o río, e decorado cunha Crucifixión monumental; o actual edificio é barroco do séc. XVIII.

-á esquerda da antiga Casa do Concello álzase acaseta Rottmeister, suspendida sobre a auga; do outro lado, desde a ponte Untere (Untere Brücke), adornada cunha estatua de santa Cunegunda, hai unha boa vista da Klein Venedig*  (‘Pequena Venecia’), o vello barrio dos pescadores, reconstruído.

Había un grande ambiente festivo pola ‘Pequena Venecia’, as rúas próximas ó río. As cervexerías estaban a tope de xente, dentro e principalmente nas terrazas; tamén había establecementos de rúa que vendían salchichas en bocadillo, doces, xeados etc.  –Judenstrasse*, unha das rúas máis belas da cidade, con edificios do séc. XVIII de estilo italiano.

Ambiente festeiro en Bamberg [XMLS]

Ambiente festeiro en Bamberg [XMLS]

O Altes Rathaus (Casa do Concello antiga), decorada con pinturas [XMLS]

O Altes Rathaus (Casa do Concello antiga), decorada con pinturas [XMLS]

O río Regnitz ó seu paso por Bamberg [XMLS]

O río Regnitz ó seu paso por Bamberg [XMLS]

Viaxe ó sur de Alemaña 4

VIAXE Ó SUR DE ALEMAÑA (4ª entrega)

4º día (Sonntag / Domingo 23 August 2015)

Múnic – Augsburgo – Ulm- Ratisbona/Regensburg (374 km)

Múnic-Augsburgo 70 km
Augsburgo-Ulm 85 km
Ulm-Ratisbona/Regensburg 219 km
TOTAL 374 km

AUGSBURGO (AUGSBURG)* 

-260.000 hab., capital  da Suabia bávara. Industrias téxtiles, mecánicas e de fabricación de cervexa.

-Cidade fundada polos romanos o ano 15 a.C. co nome de Augusta Vindelicorum, da provincia de Retia, nun lugar onde había un campamento militar. É polo tanto, unha das cidades máis antigas de Alemaña. Desta época quedan testemuños no seu Museo Romano.

-Na Idade Media estivo gobernada por príncipes bispos e en 1316 recibiu o título de cidade libre do Sacro Imperio Romano Xermánico. Desde entón tivo un progreso económico notable, e no séc. XVI foron famosas familias de banqueiros coma os Fugger e os Welser, prestamistas do emperador Carlos V (I de España), para as súas guerras en Europa e tamén para empresas conquistadoras no Novo Mundo (adquiriron dereitos sobre a explotación das minas de mercurio de Almadén e financiaron exploracións no que hoxe é Venezuela, na procura dalgunha mina de ouro ou de prata).

Os Fugger xa eran prestamistas do emperador Maximiliano, pero cando se presentou o dilema se optar polo apoio financeiro a Francisco I de Francia ou a Carlos de Castela e Aragón, sopesaron os posibles dun e outro. Francisco confiouse e só puido achegar para os subornos dos príncipes electores 300.00 floríns, mentres que Carlos transferiu a suma de 852.000 floríns. Da suma total, os Fugger achegaron case dous terzos, 544.000 floríns, mentres que o resto achegouno a familia Welser e a banca italiana. Deste xeito, o futuro imperio “onde non se poñía o sol”, quedaba en débeda permanente cos Fugger e con outros banqueiros europeos.

Non estaría de máis reflexionar sobre se foi beneficioso ou non para os intereses españois a herdanza europea dos Habsburgo españois (aquí chamados Austrias) ese imperio “no que non se poñía o sol” do que tanto se presume na historiografía española tradicional. En primeiro lugar, a herdanza dos Países Baixos, a Borgoña e o Imperio Alemán era para o rei/emperador e non para o Estado (o reino de Castela, neste caso), que quedou hipotecado indefinidamente cos altísimos gastos, principalmente bélicos (pagamentos ós terzos de Flandres, ós mercenarios dos exércitos etc.), que se requerían para manter as posesións dos monarcas en Europa. O ouro e a prata das Indias non contribuíu a mellorar o nivel de vidas dos súbditos dos reinos peninsulares, senón que ía directamente ás arcas dos banqueiros europeos, pois os reis Carlos I, Filipe II, Filipe III e Filipe IV estiveron constantemente endebedados e chegou a haber profundas crises financeiras (lémbrese o “poderoso caballero es don dinero” de Francisco de Quevedo, xa no séc. XVII: “Nace en las Indias honrado, /donde el mundo le acompaña, / viene a morir en España / y es en Génova enterrado”).  A época imperial é a do Quixote de Cervantes e, sobre todo, da novela picaresca, que transloce unha situación de pobreza endémica no territorio español, onde o pícaro ten que valerse de mil enganos e artimañas para poder comer todos os días. A Europa da época, malia as constantes guerras de relixión, parece que estaba en mellor situación económica que España con todo o seu Imperio colonial (as “posesións españolas” das Provincias Unidas dos Países Baixos eran ben máis ricas, desde logo), co que só se relacionaba o porto de Sevilla, pois tiña o monopolio, e despois o de Cádiz, ata 1765, ano en que se rompeu con ese monopolio e se abriu o comercio ultramarino a outros portos atlánticos como o da Coruña. En suma, que o “imperio onde non se poñía o sol”, non deixaba de ser, coma outros tantos imperior habidos e por haber, un imperio de pés de barro; desde logo, a herdanza enveleñada europea dos Austrias -empeñados en non consentir a independencia dos Países Baixos con interminables guerras- está claro que impediu o progreso económico español a partir do séc. XVI. En suma: que os beneficios do Imperio de América non serviu para desenvolver economicamente España, en comparanza co poderío económico que adquiriron Gran Bretaña, Francia ou Holanda cando crearon, posteriormente, os seus imperios coloniais..

DSC07809

Na Praza do Concello de Augsburgo, coa igrexa de San Pedro (e coa súa alta Perlachturm) e a Casa do Concello detrás (XMLS) [facer clic para ampliar as fotos]

Unha rica historia 

Da Dieta e a Confesión de Augsburgo (1530) á Paz de Augsburgo (1555)

Tras a Dieta [reunión periódica do Imperio alemán] de Worms (1521), na que o emperador Carlos V pretendera acabar coa reforma do frade Martiño Lutero mediante o edicto de Worms, houbo reunións da Dieta en Núremberg (1524) –na que se aceptou o edicto de Worms- e en Spira (1526 e 1529).

O emperador, que precisaba manter a unidade do seu imperio para facer fronte á ameaza turca, convou a Dieta de Augsburgo para lograr a paz cos partidarios de Lutero. Na Dieta de Spira de 1526 decidiuse que de ningún xeito se permitiría matar a Lutero, condenado por herexe no edicto de Worms (1521); esta mesma dieta consagraba a (relativa) tolerancia relixiosa baixo o lema Cuius regio, eius religio (‘cada rexión [debe ter] a relixión do seu señor’). Na nova Dieta de Spira de 1529, ante a intención dos católicos de anularen a tolerancia outorgada en 1526, os reformistas protestaron enerxicamente, e a partir de entón chamóuselles ‘protestantes’.

Á Dieta de Augsburgo de 1530 acudiron os líderes protestantes –dirixidos por Philip Melanchton- pero non o frade, que, ó ser declarado herexe, permanecía en Coburgo (Coburg, preto de Bamberg), baixo a protección do príncipe elector de Saxonia, inspirando desde alí o discurso de Melanchton.

O 25-6-1530 tivo lugar a Confesión de Augsburgo (Confessio Augustana), a declaración de fe dos luteranos ante o emperador, lida en alemán (hai texto escrito en alemán e en latín). Fora preparada por Melanchton coa aprobación de Lutero e asinada por sete príncipes e representantes de dúas cidades autónomas. O texto tiña 28 artigos, dos que nos 21 primeiros se presentaban as doutrinas luteranas e nos sete últimos se rexeitaban abusos da vida cristiá.

  1. As doutrinas luteranas: afirmábase a Trindade; o pecado orixinal como condenatorio se non fose condonado; a deidade e a humanidade de Xesús e o seu sacrificio polo pecado de toda a humanidade; a xustificación pola graza a través da fe (sen necesidade das nosas obras); o evanxeo, o bautismo e a cea do Señor como medios do Espírito Santo para crear e manter a fe; as boas obras como resultado (e non causa) da salvación, pois Cristo xa a lograra sacrificándose por todos nós.
  2. Os abusos estaban relacionados coas prácticas e concepcións falsas na Cea do Señor (négase a transubstanciación da hostia no corpo de Cristo e permítese comungar nas dúas especies, tamén bebendo do cáliz, que os católicos só reservaban para o sacerdote); négase o celibato sacerdotal; critícase o mal uso da confesión e da absolución e négase a autoridade do papa (propúgnase o sacerdocio universal: o crente pódese salvar pola fe e converterse no seu propio sacerdote, polo tanto, invalídanse os sacramentos impartidos polos sacerdotes, a intercesión dos santos etc.).
DSC07796 Santa Ana (luterana)

A capela dos banqueiros Fugger no interior da igrexa de Santa Ana (Augsburgo), onde primeiro se comungou baixo as dúas especies (1525) [foto XMLS]

A REFORMA PROTESTANTE

-1514: o papa León X anova as bulas de indulxencias especiais destinadas a pagar a reconstrución da basílica de San Pedro de Roma.

-O frade agostiño Martiño Lutero (Martin Luder ou Luther, 1483-1546) protesta publicamente sobre esta decisión (os banqueiros Fugger realizan, con comisión, a recadación), e dirixe contra o emisario do arcebispo de Maguncia, as

95 teses contra as indulxencias, que fixa na porta da igrexa de Wittenberg o 31-10-1517. Neste documento negaba a autoridade do papa e o valor das indulxencias, opoñéndose á idea de que o perdón dos pecados se puidese obter a cambio de diñeiro.

Biblias con cánticos á entrada da igrexa de Santa Ana de Augsburgo [XMLS]

Biblias con cánticos á entrada da igrexa de
Santa Ana de Augsburgo [XMLS]

Chamado por Roma a retractarse, Lutero desobedeceu e foi excomungado; queimou publicamente a bula de excomuñón e a súa actitude de rebelión foi apoiada por varios príncipes electores do Imperio alemán, que o protexeron da persecución a que foi sometido.

Deste xeito iniciábase a Reforma protestante.

Excluído da Igrexa, Lutero dedícase á redacción e proclamación da súa doutrina, que se pode resumir nestes puntos:

1. O cristián debe ter fe en Deus e amar o próximo; o perdón dos pecados só se obtén pola fe e non polas boas obras.

  1. O culto consiste só na lectura e comentario da Biblia, que pode ser interpretada libremente por cadaquén (o propio Lutero traduciría a Biblia ó alemán, por vez primeira, cousa atrevida naqueles tempos, pois a lingua “bárbara” xermana non se consideraba digna e apta para uso relixioso (só o era o latín, como o seguiu sendo no culto católico). Esta tradución deulle grande auxe á lingua alemá, pois contribuiu a espallala coa axuda da imprenta).
  2. Só hai tres sacramentos: bautismo, penitencia (sen confesión co crego) e a eucaristía baixo as dúas especies; nega tamén a transubstanciación da hostia no corpo de Cristo).
  3. Nega a autoridade do papa e defende a igualdade entre os sacerdotes. O fiel, o crente, é o seu propio sacerdote (sacerdocio universal); polo tanto, non son válidos os sacramentos impartidos polos sacerdotes nin tampouco é válida a intercesión dos santos.

DSC07799

Os retratos de Martiño Lutero e do seu protector o príncipe Frederico de Saxonia (de Lucas Cranach, 1535) consérvanse á esquerda deste altar da igrexa de Santa Ana de Augsburgo [XMLS] -facer clic para ampliar a foto-

O luteranismo influiría no calvinismo (Xoán Calvino, 1509-1564), que incide máis no destino do home desde o seu nacemento (predestinación) e, en parte, no anglicanismo.

O luteranismo difundiríase rapidamente polo centro e norte do Imperio alemán (Palatinado, Hessen, Turinxia, Saxonia, Brandenburgo, Prusia), mentres que o sur permaneceu dentro do catolicismo (Baden, Würtemberg, Baviera, Austria, Bohemia [actual Rep. Checa] e a maior parte de Polonia).Debido ó seu ton conciliador e á súa brevidade, a Confesión de Augsburgo influíu en todo o movemento da Reforma, en especial no anglicanismo e no calvinismo (Xoán Calvino subscribiu unha versión de 1540). Nos tempos máis actuais foi a base do diálogo ecuménico entre católicos e luteranos promovido polo Concilio Vaticano II (1963-1965).

Un grupo de teólogos católicos realizou unha refutación o 3-8-1530 (a Confutatio Pontificia), que foi contestada por Melanchton coa Apoloxía da Confesión de Augsburgo (1531).

O emperador, forzado pola guerra contra os turcos e contra a Liga de Esmalcalda (exército organizado polos príncipes protestantes en defensa da súa doutrina) de 1531, conseguiu asegurar a unidade mediante a Paz ou tregua de Núremberg (1532), que atrasaba a solución do problema ata que se celebrase un concilio xeral. Esta paz establecía a aceptación dos reformistas no seo do Imperio.

DSC07825

Lutero conta en Augsbugo con roteiros guiados

En 1539 a Reforma introdúcese en Saxonia e Brandenburgo. Carlos V trata de chegar a un acordo cos protestantes, o que conduce a inútiles controversias relixiosas en Worms e Ratisbona (1540-41).

Dieta de Worms (1545): os Estados protestantes néganse a asistir ó Concilio de Trento (1545-1563).

Aliado co papa, coa maior parte da católica Baviera e mesmo con príncipes protestantes coma Mauricio de Saxonia o emperador decide resolver o conflito relixioso pola forza, e na batalla de Mühlberg (1547) vence o exército protestante da Liga de Esmalcalda.

En 1548 Carlos V dita por iniciativa propia o Interim de Augsburgo, polo que se autorizaba nos Estados protestantes a recibir a comuñón baixo as dúas especies e o matrimonio sacerdotal. O Interim foi recibido con hostilidade por católicos e protestantes e Mauricio de Saxonia cambia de bando erixíndose en defensor do protestantismo.

-1552: derrogación do Interim de Augsburgo.

-1555: Paz de Augsburgo, que proclama a liberdade relixiosa e consagra a excisión do cristianismo.

Esta paz supón o fracaso de Carlos V no seu propósito de impedir a implantación da reforma luterana nos territorios do seu Imperio, e tamén da súa política imperial. En 1556 abdica no seu fillo Filipe II a coroa de España, as posesións italianas, os estados da Casa de Borgoña e os territorios do Novo Mundo; ó seu irmán Fernando cédelle o Imperio alemán e os territorios austríacos.

Visitas na cidade de Augsburgo

A catedral (Hoher Dom) **.- Edificio de gran lonxitude (113 m) iniciado no séc. X (no estilo románico); en 1331 empezáronse as bóvedas de crucería góticas e en 1536 o coro oriental. Nos séculos XV e XVI as naves laterais e as torres (estilo gótico).

-o interior é grandioso, cunha nave central e dúas laterais do séc. XIV (góticas). Debaixo do chan das naves hai dúas criptas. Na nave central, unhas vidreiras realizadas en 1130 decoran os ventanais.

-nos altares dos piares centrais hai catro táboas realizadas por Hans Holbein o Vello en 1493.

A Casa do Concello (Rathaus).- Na praza do Concello. A súa fachada fíxose entre 1615-20 (estilo renacentista); o seu corpo central remata cun frontón co emblema da cidade.

Perlachturm*.- Torre románica de 70 m, reconstruída en 1618, situada sobre a fachada da pequena igrexa de St. Peter (na mesma praza do Concello), de 1182, posteriormente restaurada en estilo barroco.

A igrexa de Santiago (St.-Jakob) e as rúas de Santiago (Jacoberstrasse) e do Albergue de Peregrinos (Pilgerhausstrasse) amosan a Augsburgo como un importante punto das peregrinacións xacobeas (XMLS).

A igrexa de Santiago (St.-Jakob) e as rúas de Santiago (Jacoberstrasse)
e do Albergue de Peregrinos (Pilgerhausstrasse) amosan a Augsburgo
como un importante punto das peregrinacións xacobeas (XMLS).

Outras igrexas:

Sta. Anna**.- Resultou moi interesante esta igrexa luterana evanxélica que pertencera a un convento de carmelitas. Construída no séc. XV, o interior restaurouse no estilo barroco en 1748. Foi a primeira igrexa onde se celebrou, na misa da Nadal de 1525, a comuñón nas dúas especies segundo a doutrina luterana. Esta igrexa foi un dos centros da confesión protestante de Augsburgo (desde 1545).

-no coro, sobre o altar, os retratos de Lutero e do elector Frederico de Saxonia (de Lucas Cranach o Vello, 1535).

-no coro occidental, a Fuggerkapelle (‘Capela dos Fugger’) mandada construír entre 1509 e 1518 polos banqueiros Jakob e Ulrich Fugger; obra renacentista. Nela están enterrados só estes dous banqueiros, pois ó pasar a igrexa ó culto luterano a partir de 1545, xa non se enterrou ningún membro máis da familia.

Non se debe esquecer que os Fugger foron unha das causas da protesta de Lutero contra o abuso das indulxencias, pois os representantes dos banqueiros acompañaban ós monxes predicadores das indulxencias nas recadacións, para recibiren a súa parte. En 1520 Lutero atacaba ós Fugger no escrito Á nobreza cristiá da nación alemá dicindo que lles había que poñer unha brida na boca pola súa cobiza.

St. Ulrich e S. Afra*.- Igrexa que ten a súa orixe no sepulcro romano de san Afra, martirizado no 304. Sobre el o bispo Ulrich mandou no 973 construír un santuario. En 1475 ergueuse un novo edificio. En 1594 a torre e en 1710 modificouse ó estilo barroco. No interior (94 m lonxitude x 2750 anchura x 30 m altura), un púlpito de 1608; baixo o coro, a cripta, cos sarcófagos dos santos Afra e Simpert e o mausoleo da S. Ulrich (rococó, 1672).

DSC07823

Fonte cun moderno grupo escultórico cuns peregrinos a Compostela ós pés dunha imaxe de Santiago sobre unha columna (XMLS)

Igrexa de Santiago (St.-Jakob).- Pequena igrexa situada no final da Pilgerhausstrase (‘rúa do Albergue de Peregrinos’) e a Jacoberstrasse (‘rúa de Santiago’). Nesta confluencia hai unha fonte que na súa parte central, sobre unha columna, hai unha escultura de bronce de Santiago peregrino, co seu caxato e coa súa vieira (motivo iconográfico que se repite na todas as imaxes do Apóstolo en moitas igrexas alemás e francesas). Ó pé da columna, no chan, uns peregrinos xacobeos. Esta igrexa forma parte, sen dúbida, do Camiño de Santiago no sur de Alemaña.

Santiago debeu ser un santo de notable culto na cidade; non se esqueza que levou o seu nome o poderoso banqueiro do séc. XVI Jakob Fugger.

Na Halderstrasse atópase unha sinagoga convertida en Museo da Cultura xudía, o primeiro da posguerra europea.

O restaurante Welser Kuche.- Atópase no nº 83 da Maximilianstrasse (a principal da cidade), e ten a particularidade de que nel hai que comer valéndose das mans (e non con garfos), para revivir con fidelidade o ambiente dun banquete medieval. Cómense pratos (supostamente) do séc. XVI, inventados por Philippine Welser, descendente dunha ilustre familia de comerciantes. Sérvense diversos tipos de asados e un trobeiro ameniza a velada. Hai que facer reserva.

DSC07828

O barrio Fuggerei, coas súas casiñas, protexido por un alto muro (XMLS)

Fuggerei**.- Conxunto de 67 casiñas (1519-1525) construídas polo banqueiro Jakob Fugger para os pobres da cidade, e agora para xente de pouca solvencia económica que pagan un canon anual simbólico de 0,88 € e teñen a obriga moral de rezar polos fundadores; coma nos tempos antigos, as tres portas deste barrio péchanse de 10 da noite ás 5 da mañá. Para visitalo hai que chamar ós portais de listas brancas e azuis de entrada e pagar. Un grupo dos nosos viaxeiros (o ‘Barbeira’s Group’) efectuou esta visita.

Nesta cidade naceu Leopold Mozart (o pai do músico W. Amadeus Mozart) e o escritor Bertold-Brecht. Pódense visitar as súas casas, musealizadas, a Mozarthaus e a Bertold-Brecht Haus, esta moi próxima ó barrio das Fuggerei.

ULM*

-120.000 hab.

-situada na beira esquerda do Danubio (Donau en alemán), na Suabia bávara.

Visitas:

DSC07838

Fachada da catedral de Ulm, coa torre de pedra máis alta do mundo [XMLS]

-a antiga Catedral (Ulmer Münster ‘a Grande Igrexa de Ulm’)**.-  Hoxe igrexa parroquial evanxélica, obra mestra da arquitectura gótica alemá, só superada en tamaño pola catedral de Colonia. De estilo gótico (1377-1530), destaca a súa colosal torre** da fachada, a torre de pedra máis alta do mundo (161 m), con 768 chanzos para subir a ela (pagando). Rematouse a finais do séc. XIX.

Tamén é interesante a portada dobre**, cun famoso Ecce Homo.

Algúns dos nosos viaxeiros -os intrépidos “correcamiños” maiormente- atrevéronse a subir os 768 chanzos da torre para contemplar as espléndidas vistas da cidade.

-tamén é interesante a Casa do Concello (Rathaus).

DSC07860

Casiñas para os paxaros en Ulm (XMLS)

-Como nos recordou un dos nosos asesores científicos, nesta cidade naceu un dos máis importantes científicos do séc. XX: Albert Einstein (1879-1955), de familia xudía, o enunciador da teoría física da relatividade, a equivalencia masa-enerxía, segundo a ecuación E = mc2.

Estrada secundaria bávara de Ulm a Ratisbona, cos cultivos de lúpulo nas leiras lindeiras (XMLS)

Estrada secundaria bávara de Ulm a Ratisbona,
cos cultivos de lúpulo nas leiras lindeiras (XMLS)

RATISBONA (REGENSBURG)**

– 128.000 hab.

-na beira dereita do Danubio. Cidade nacida dun campamento romano (Castra Regia) do séc. II destinado a albergar a única lexión romana ó norte dos Alpes (o centro da cidade conserva a clásica proxección ortogonal romana). -nesta cidade naceu D. Juan de Austria (1547 ou 1549 – 1578), fillo ilexítimo do emperador Carlos V e de Bárbara Blomberg, veciña desta cidade. Foi bautizado co nome de Jerónimo (Jeromín), pero cando foi recoñecido polo emperador como fillo cambióuselle o nome polo de Juan. Foi militar e diplomático ó servico do seu irmán Filipe II.  -cidade comercial da Idade Media, nó de rutas comerciais.

-os seus comerciantes inspiráronse en Venecia para as súas residencias.

casas-torre pintadas con tons delicados, rúas lousadas, casas con arcos románicos que contrastan coas agullas góticas da catedral. Unha cidade que conserva unha aparencia antiga, dos séculos XV e XVI.

-saíu indemne da 2ª GM, conserva edificios dos séculos XV e XVI. Hoxe é unha tranquila cidade universitaria.

A casa-torre de Goliat de Ratisbona, pintada coa escena de David e Goliat (fresco de 1573) [XMLS]

A casa-torre de Goliat de Ratisbona, pintada coa escena de David e Goliat
(fresco de 1573) [XMLS]

Visitas

Catedral de S. Pedro (Dom St. Peter)**.-  Gótica, iniciada en 1270; as obras duraron máis de tres séculos. A maxestosa fachada principal está flanqueada por dúas torres de 105 m de altura (do séc. XV); a portada principal está decorada con estatuas e relevos. O coro, do séc. XIII, está inspirado nas catedrais francesas. O interior está dividido en tres naves, transepto e coro. Conta con numerosas obras escultóricas e pictóricas de mérito, e unha cripta baixo a nave na que están enterrados os seus bispos. Detrás da catedral, preto da Porta Praetoria, ábrese o claustro (Kreuzgang) do séc. XI.

Niedermünster*.-  Igrexa dun antigo mosteiro do séc. XII (hoxe pazo episcopal).

-o interior, de tres naves, foi reformado ó estilo barroco no séc. XVIII.

-hai tamén unha igrexa dedicada a Santiago (Saint Jakob). Polo que nos relata A. Lavandeira na súa crónica de La Voz de Galicia do 26-08, dous mozos alemáns de Bamberg, Daniel Wehofoith e Silke Vollath, de 26 anos, emprenderon o luns 24 a peregrinaxe a Santiago e, posiblemente, tamén a Fisterra. A presenza de Santiago nas igrexas alemás é bastante apreciable, como iremos vendo.

En Ratisbona vimos por vez primeira as augas do Danubio; a ponte Steinerne estaba en obras (XMLS)

En Ratisbona vimos por vez primeira as augas do Danubio; a ponte Steinerne estaba en obras (XMLS)

Centro histórico

Saíndo da Krauterermarkt, fronte á catedral, chégase á zona medieval. No nº 4 de Watmarkt atópase a Baumbergerturm, casa-torre de sete plantas construída no séc. XIII. No nº 6 pódese ver unha casa gótica (hoxe restaurante) onde, segundo a tradición, naceu D. Juan de Austria, fillo bastardo de Carlos V (a nai, unha muller da burguesía local). No nº 7 áchase a Goliathaus, casa-torre do séc. XIII decorada cun gran fresco de David e Goliat de 1573.

En toda a cidade destaca a decoración das ventás dos edificios, todas con flores.

Steinerne Brücke, ponte de pedra sobre o Danubio, do ano 1135, considerada unha marabilla da técnica (os 16 ollos miden 320 m de longo).

Altes Rathaus (Antiga Casa do Concello), edificio con partes góticas do séc. XIV (oeste) e barrocas de 1661 (leste).

-tamén se atopa unha igrexa de Santiago (St. Jakob), tamén chamada dos Escoceses, un dos puntos de partida do Camiño de Santiago en Alemaña, igrexa dun convento bieito construído por monxes irlandeses no séc. XII. É de feitura románica; é célebre a súa portada**, cun tímpano no que aparece Cristo entre Santiago e san Xoán.

-Nos arredores destaca o Walhalla, edificio con planta de templo dórico construído por Luís I de Baviera para honrar os grandes personaxes alemáns (na mitoloxía nórdica o Walhalla era a residencia dos heroes mortos na batalla).

En Ratisbona, coma en toda Baviera, os símbolos identitarios do Freistaat Bayern ('Estado libre de Baviera'), como a súa bandeira de rombos azuis e brancos, son constante [XMLS]

En Ratisbona, coma en toda Baviera, os símbolos identitarios do Freistaat Bayern (‘Estado libre de Baviera’), como a súa bandeira de rombos azuis e brancos, son constante [XMLS]