• info@semescom.gal

A biblioteca de Muxía xa conta con toda a nosa bibliografía

libros muxia semescom

A biblioteca de Muxía xa conta con toda a nosa bibliografía

Despois do pedido de Viki Rivadulla, a técnica de cultura do concello de Muxía, para que a Biblioteca puidese contar con todas as obras editadas polo Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte, non puidemos por suposto dicir que non. Ademais, con sorpresa incluída, xa que está recén publicada a última: Os cruceiros máis sobranceiros da Costa da Morte II do muxián Manuel Vilar. Despois da primeira parte, esta obra achégase a coñecer as cruces do sur: comarca de Fisterra, Mazaricos e Carnota.

entrega libros semescom

Xosé María Lema Suárez e Xan Fernández Carrera puideron facer a entrega nas mans do alcalde de Muxía, Félix Porto. Así queda ben completa o espazo da biblioteca que está reservado a publicacións sobre Muxía e a Costa da Morte en xeral. Unha biblioteca á que lle hai que agradecer, por certo, o seu labor reivindicativo ao dedicarlle mes a mes un espazo propio a unha muller destacada.

libros muxia semescom

Admin