• info@semescom.gal

Xa podes consultar na Rede as obras do SEMESCOM

obra dixital semescom

Xa podes consultar na Rede as obras do SEMESCOM

 

O Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (SEMESCOM) pon á disposición do internauta a súa importante obra tanto bibliográfica como audiovisual creada ao longo de toda unha década.

 

A asociación que naceu co obxectivo de difundir, promocionar e dinamizar a cultura local das comarcas do finisterrae deixa unha ducia de libros e outra media de documentais ao alcance de calquera persoa interesada, co único esforzo de pulsar un botón a través da súa remodelada páxina web www.semescom.org.

 

A dixitalización da produción do SEMESCOM é un traballo que se foi realizando en distintas etapas. A primeira, durante o ano 2013, na cal se foron subindo á Rede cada un dos libros editados pola asociación en formato PDF. Deste xeito, os arquivos adquiren un enorme valor ao permitir que en calquera dispositivo electrónico, tablet ou móbil intelixente se poidan consultar. E non só na casa, senón tamén no exterior, aproveitando as guías e rotas, e tamén na escola, como elemento didáctico.

 

Nestes momentos, a dixitalización atópase na súa segunda fase, coa carga dos documentais á Rede. A partir de agora, irase subindo un DVD cada semana á canle do SEMESCOM en Vimeo. http://vimeo.com/semescom

obra dixital semescom

Pica aquí para consultar a obra bibliográfica.

Pica aquí para consultar a obra audiovisual.

Admin