O Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte presentou en Camariñas a súa última obra É un cíclope soberbo… I Certame de poesía sobre os faros da Costa da Morte no mellor dos lugares posibles, no Vilán.
No acto estiveron varios dos autores premiados, como Rocío Leira ou Dolores Canosa, tamén membros do xurado (Xosé María Rei, Miro Villar, Alexandre Nerium) e outra xente de ben que nos acompañou nesta fermosa tardiña. Como a propia Olga Campos, presidenta da Asociación de Empresarios de Camariñas, a quen agradecemos a súa colaboración nesta presentación. Presentando o acto, o presidente do SEMESCOM Xosé María Lema e o vicepresidente Manuel Vilar. No acto houbo palabras de cariño e lembranza cara ao artista Roberto Mouzo, finado hai pouco máis dun ano.
“Como se esperaba, foi un escenario ideal para presentar esta obra. O documental sobre os Faros da Costa da Morte (2010) gustou (conta con tomas aéreas sobre os nosos faros: paisaxes marabillasas). Despois veu a presentación do libro -cun prólogo de Manolo Vilar, no que se fala da relación dos faros coa literatura e coa arte- e logo as poesías, ilutradas con fotos, pinturas e debuxos sobre os faros (o maxistral da portada, do finado Roberto Mouzo). Os premiados presentes no acto recitaron as poesías gañadoras. En suma: que os faros da Costa da Morte seguen inspirando os poetas, pequenos e adultos.” Xosé María Lema.
TODAS AS IMAXES NO FACEBOOK DO SEMESCOM