• info@semescom.gal

A información da Viaxe a Irlanda (Agosto 2013)

A información da Viaxe a Irlanda (Agosto 2013)

Cincuenta e dúas persoas da Costa da Morte, Bergantiños, A Coruña, Santiago, Teo e mesmo da Ferrolterra e Terra de Montes viaxamos, na procura do Megalitismo atlántico e das fisterras celtas, á illa de Irlanda. A ver se en dás sucesivos temos un tempo para contar o máis interesante do día a día da excursión, da que sacamos moitas ensinanzas tanto para o patrimonio cultural e natural da Costa da Morte coma para toda Galicia en xeral. Unha vez máis púxose de manifesto que se as nosas autoridades locais e autonómicas viaxasen máis (polo menos a onde deberan), moito aprenderían para logo aplicar en Galicia.
O primeiro que apreciarían sería un estrito respecto á paisaxe e á tradición cultural e histórica: apenas hai casas que desentoen, tanto nas pequenas cidades, nas aldeas ou casas illadas no campo: seguen un modelo establecido e non se permiten as alturas excesivas. Galicia, que conta cunha paisaxe máis ricaz e variada que Irlanda e que Bretaña xuntas, cada día a vemos máis afeada polas construcións anárquicas de vilas e cidades (¡e agora aínda máis coa volta atrás da lei de Costas!).

cantis moher

Preme aquí para descargar o itinerario completo da viaxe en formato PDF.

Preme aquí para descargar un breve resumo da historia de Irlanda.

Admin