Hoxe, 11 de xuño, cúmprense 20 anos da Marcha Reivindicativa que se celebrara no ano 2006 como resposta ao intento de destrución desta paraxe, por parte da veciñanza e de diversos colectivos culturais, ecoloxistas, feministas e, en xeral, numerosas persoas que esixían a protección dos Penedos de Pasarela e Traba.
Tal como se relata na relación cronolóxica publicada recentemente, nestes vinte anos houbo moitos outros momentos nos que a forza e a conciencia da xente foi quen de defender e protexer este espazo único.
Con motivo deste aniversario, quixemos reunir nunha modesta pero moi significativa publicación un conxunto de textos de autores e autoras da Costa da Morte e de varios puntos de Galiza, aos que agradecemos a súa xenerosidade, e que podedes ler se picades nesta ligazón: