Por Xosé María Lema Suárez, presidente do SEMESCOM.
En contraste cos nosos “curmáns” bretóns, nós os galegos en xeral non presumimos da actividade pirata e corsaria do noso pasado. Máis ben a agochamos, sobre todo certas familias de poderío económico da Coruña, Vigo ou de Compostela.
Mais imos ver como iso non é tan certo, unha vez que soubemos que tamén tivemos un pirata famoso, contemporáneo do bretón Robert Surcouf (1773-1832), e non se pode dicir que reneguemos del por completo malia a súa historia truculenta…