Na viaxe do pasado ano comentouse que de non ser pola COVID-19, un ano en branco, sería a número dez con Xosé María Lema, Chus Barbeira e Pablo Bustelo ao fronte da organización das mesmas.
Pois ben, este ano 2022 si que despedimos por fin unha década de viaxes levadas adiante por estas tres persoas, traballadoras onde as haxa, que lle deron un toque especial, máxico, xerando unha maneira diferente de viaxar.
Estas viaxes, ademais de cumprir cos obxectivos iniciais do SEMESCOM da descuberta do Megalitismo Atlántico e as súas Fisterras, foron un paso máis alá. Coa participación cada vez maior, aproveitando as etapas longas no bus, achegando informacións complementarias, naceron as AULAS RODANTES. Destaparon a Xeografía, a Xeoloxía e Bioloxía, os Fósiles, os Espazos Naturais, os Ríos, a Literatura, as Linguas Minoritarias, a Gastronomía e a Música dos lugares por onde pasamos, e xunto coa súa Historia, esta sempre da man do profesor e presidente do Seminario Xosé María Lema.
Segundo o país de destino estas aulas mudan de nome e foron PETISCOS en Portugal, PROVENZAIS no Sur de Francia ou CHIACCHERATAS en Italia. A creatividade e variedade nos temas tratados, así como a paixón nos relatos expostos alixeiran o camiño e contribúen a facer únicas as viaxes deste grupo.
Agradedecemento para as persoas que escriben, as que falan e sobre todo para os que escoitan.