• info@semescom.gal

“José Vidal, unha vida dedicada á fotografía”

Libro-de-Xan-Fdez-Carrera-sobre-a-vida-fotografica-de-Jose-Vidal-Laxe

“José Vidal, unha vida dedicada á fotografía”

Xan Fernández Carrera vén de presentar unha obra básica para a memoria fotográfica recente da Costa da Morte. A presentación terá lugar este venres 10 de agosto a partir das 19:00 no propio Museo do Mar.

O libro recolle a biografía e obra de José Vidal García (1900-1988), quen exerceu esta profesión ao longo de máis de 50 anos. Un traballo, xunto co de Ramón Caamaño, para o estudo do devir da Costa da Morte e de toda Galicia dende a década dos 20 ata a dos 70, do pasado século.

Xan tivo que facer unha selección das 500 imaxes que saen no libro, do arquivo co que xa conta o concello, que supera as 65.000 unidades fotográficas entre negativos e positivos en papel. O libro vai escollendo temáticas, comezando pola súa súa vila natal, Laxe, e indo ata a de Corme, onde levaba tamén a oficina de correos.

O libro reflicte que Vidal é un “fotógrafo da xente, pola cantidade de fotos de grupos humanos que inmortalizou en celebracións familiares, romarías, feiras…”, como define o propio Xan.

Información en Que pasa na Costa

cartel-presentacion-libro

Admin