• info@semescom.gal

Arán Trillo, Teresa. Escritora.

Teresa Ana María Arán Trillo (Fisterra, 1933) foi mestra e funcionaria na Xunta de Galicia. Poetisa e pintora autodidacta, colaborou cos seus poemas en varias revistas, como a fisterrá O Berrón, ou Galicia en Madrid e Poesía Galicia. Ten publicados tres poemarios, dous en castelán e un en galego; e é autora tamén da letra do himno de Sada.

Obtivo o segundo premio dos “Xogos Florais da ‘Orden de María Pita’” (2003) polo poema “Cornide na lembranza coruñesa”.

 

Obra individual:

 

–     Faíscas do tempo  (A Coruña: Imprenta Comercial, 1987)

–     Entre dos luces  (1997)

–     Diálogos con el mar  (A Coruña: Hotel Riazor,1997)

 

Obra colectiva:

 

–     Queimar as meigas (Galicia: 50 años de poesía de mujer)  (Madrid: Torremozas, 1988).

[Foto: Ir Indo Edicións]

Tomado de X.Mª Rei Lema.- Dicionario de escritores e escritoras da Costa da Morte.