• info@semescom.gal

Álvarez Pardiñas, Ambrosio. Corsario.

Segundo Rafael e Xosé Manuel Lema, o comerciante e corsario Ambrosio Álvarez Pardiñas, activo a finais do séc. XVIII e principios do XIX, era natural de Camariñas. Como comerciante exportaba teas, encaixes de Camariñas e outras mercadorías ó Caribe, tendo a súa base no porto mexicano de Veracruz. En 1780 mandaba o bergantín-goleta ‘Santo Cristo de Finisterre’. Tras serlle concedida a patente de corso por parte do rei Carlos IV, en 1790 armou o seu bergantín ‘La Constancia de Galicia’ con dez canóns; con vinte e cinco tripulantes dedicouse abertamente ó corsarismo, en especial contra barcos ingleses, co adaxo da liberdade de comercio marítimo. O escritor Rafael Lema converteuno en protagonista de dúas das súas novelas.

Tirado de A Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte.