Xermán Roxelio Abella Chouciño (Malpica de Bergantiños, 1945) é licenciado en Teoloxía, Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade Pontificia de Salamanca, e exerce como profesor de ensino secundario en Ponteceso. Á parte de artigos de carácter filosófico en revistas especializadas –destacando os estudos sobre Ángel Amor Ruibal-, é autor de varias novelas destinadas a un público infantil e xuvenil. Tamén publicou unha guía sobre a súa vila natal –en colaboración con Xurxo Alfeirán-: Malpica. Vila da vida na Costa da Morte (Concello de Malpica de Bergantiños, 2004).
Obra individual:
– A cidade maldita (Vigo: Xerais, 1989).
– Gundar e o cabalo de oito patas (A Coruña: Casals, 1991).
– A ermida do diaño (Vigo: Galaxia, 1998).
– As aventuras de Pelusa (A Coruña: Casals, 1998).
Obra colectiva:
– Aí está o conto (Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 1993): “Perdido”.
– Namorados da Costa da Morte (Cee: Concello / Asociación Neria, 2001).
[Foto: Ana García (La Voz de Galicia)]