• info@semescom.gal

Creus, Estevo. Escritor.

Estevo Creus. Foto: Santos-Díez (AELG)]

Estevo Creus. Foto: Santos-Díez (AELG)]

Estevo Creus Andrade (Cee, 1971), licenciado en Psicoloxía, foi un dos fundadores do grupo Talía Teatro. Membro do Batallón Literario da Costa da Morte, foi tamén socio fundador de aventuras editoriais como Letras de Cal ou Retagarda Edicións. Aínda que destaca como poeta, nos seus inicios Estevo obtivo algún éxito cos seus relatos, en concreto os accésit do “Premio Pedrón de Ouro. Modesto R. Figuieredo” (1993) por “E a catro patas, quilómetros”, e do “Premio Ourense de Contos para a Mocidade” (1995) por “Alguén matou a Bambi”. Como poeta aparece a súa obra en diversas revistas (Feros Corvos, Dorna, A Regueifa, Universidade…), en libros colectivos, ou nos cinco libros que ata o de agora publicou.

A súa obra poética foi merecedora de importantes galardóns: o “Premio de Poesía Miguel González Garcés” (1996) por Areados, o “Premio Eusebio Lorenzo Baleirón” (1998) por Teoría do lugar, ou o “Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño” (2002) por Decrúa.

Obra individual:

–     Poemas da cidade oculta  (Vigo: Xerais, 1996).

–     Areados  (A Coruña: Deputación, 1997 / Santiago: Ed. Compostela, 2005).

–     Teoría do lugar  (Sada: Ediciós do Castro, 1999).

–     O libro dos cans  (Santiago de Compostela: Retagarda Edicións, 2000).

–     Decrúa  (A Coruña: Espiral Maior, 2003).

–     Facer Merzbau non ou posible?  (con David Creus; Santiago de Compostela: non ou edicións, 2007).

Obra colectiva:

–     Premios Pedrón de Ouro. Premios do ‘Certame Nacional Galego de narracións breves Modesto R. Figueiredo’. Certames XVIII (1992) e XIX (1993)  (Sada: Ediciós do Castro, 1994): “E a catro patas, quilómetros” (relato).

–     Historia da pusilanimidade e catro contos máis  (Ourense: Casa da Xuventude, 1996): “Alguén matou a Bambi” (relato).

–     Nós  (Corcubión: Concello / BLCM, 1997): “A praia é enorme…”.

–     Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas  (Ponteceso: A. C. Monte Branco, 1997).

–     Mar por medio  (Corcubión: Concello / BLCM, 1998): “Recordo o meu salón…” e “Estamos aquí…”.

–     dEfecto 2000. Antoloxía de poetas dos 90  (Santiago de Compostela: Letras de Cal, 1999).

–     25 anos de poesía galega (1975-2000). III  (A Coruña: La Voz de Galicia, 2002).

–     Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra  (Vigo: FLG / Espiral Maior, Xerais, 2003).

–     Sempre mar: cultura contra a burla negra  (Santiago de Compostela: A. C. Benito Soto / Plataforma contra a burla negra / Colectivo Chapapote / Plataforma Nunca Máis, 2003): “No cultivo extensivo das palabras…”.

–     Poetízate  (Vigo: Xerais, 2005).

–     37 poemas por man propia  (Ribeira: Bourel, 2006).

–     Poetas en blanco y negro. Contemporáneos  (Madrid: Abada, 2006).

–     Poética da casa  (Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 2006).

–     Antoloxía da poesía galega 2  (Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 2007).

–     Polifonías II. Voces poéticas contra a violencia de xénero  (A Coruña: Espiral Maior / Xunta de Galicia, 2007).

–     De Pondal ao Batallón Literario (120 anos de poesía na Costa da Morte)  (Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, 2009).

Tomado de X.Mª Rei Lema.- Dicionario de escritores e escritoras da Costa da Morte.