• info@semescom.gal

Castiñeira Romar, Francisco. Escritor.

Francisco Castiñeira Romar. Foto: Baía Edicións]

Francisco Castiñeira Romar. Foto: Baía Edicións]

Francisco M. Castiñeira Romar (Delémont-Suíza, 1977) é fillo de emigrantes de Laxe, aínda que vivíu case sempre na Coruña… ata que volveu emigrar á Baviera, onde reside agora. A súa escrita componse unicamente de relatos, relatos que viron como acadaban boa cantidade de premios: ‘Concello de Burela’ (1999) por “Némese”, ‘Vila de Pontedeume’ (2001) por “22”, ‘Ágora conto’ (2001) por “W.C.”, ‘Certame Literario de Narración Curta Vila do Carballiño’ (2002) por “Tebras”, ‘Suárez Ferrín’ (2002) por “De feridas e nomes”, ‘Radio France International-Cide Hamete Benengeli’ (2003) por “O cuspe dos Poliquetos”, ‘Lucus Augusti’ (2004) por “Coitelas”, ‘Certame Ourense de Contos para a Mocidade’ (2006) por “Inventario de nubes”. Da reunión de moitos destes relatos premiados naceu un libro, e agora está para saír o segundo con máis contos galardoados. Tamén colaborou en revistas como A Trabe de Ouro ou Dorna.

 

Obra individual:

–     Seica chove  (A Coruña: Baía Edicións, 2002).

Obra colectiva:

–     Na vangarda 2004. Certame galego de novos creadores. Relato curto  (Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 2005): “Batallas que non se libran”.

–     Inventario de nubes e catro contos máis  (Ourense: Casa da Xuventude, 2007).

–     Premios Pedrón de Ouro. Certame de Narración Breve Modesto R. Figueiredo. XXX (2004) e XXXI (2005)  (Sada: Ed. do Castro, 2007): “Inventario de nubes”.

Tomado de X.Mª Rei Lema.- Dicionario de escritores e escritoras da Costa da Morte.