• info@semescom.gal

Canosa Puente, Manuel. Escritor.

Manuel Canosa Puente naceu na vila de Muxía en 1894. Como tantos outros, colleu o camiño da emigración cara á Arxentina, e alí comezou a publicar poemas na prensa da colectividade, como no semanario Galicia (da “Federación de Sociedades Gallegas”) e, fundamentalmente, na revista Alborada da “A. B. C. del Partido de Corcubión”, publicación na que atopamos unha vintena de composicións súas, practicamente todas en galego. Os seus poemas son evocadores da súa vila natal e arredores, pero tamén cultivou a poesía de carácter reivindicativo. Desenvolveu un importante labor social na A. B. C. de Corcubión, da que foi directivo durante moitos anos.

Tomado de X.Mª Rei Lema.- Dicionario de escritores e escritoras da Costa da Morte.