• info@semescom.gal

Canosa, María. Escritora.

María Canosa.

María Canosa.

María Canosa Blanco (Cee, 1978), enxeñeira de camiños, canles e portos, comezou a escribir moi nova, quizais por influencia de súa nai, Concha Blanco. Coma ela, boa parte da súa produción está destinada a un público infantil e xuvenil. Ademais dos relatos e das novelas, María tamén se atreveu en varias ocasións coa poesía. Conseguiu varios premios literarios polos seus relatos nos certames organizados polas A. C. O Facho, A. C. Terra de Sena, A. C. Xermolos ou o “Francisco Fernández del Riego”, pero sobre todos destaca o “Premio de Literatura Infantil e Xuvenil ‘Pura e Dora Vázquez’” que gañou en 2010 pola súa obra O papaventos de Laura. Na actualidade, María colabora en La Voz de Galicia con artigos de opinión. Tamén participou no programa Cifras e Letras da TVG.

 

Obra individual:

 

–     Bramido maino  (Sada: Ediciós do Castro, 1997).

–     A pedra do seixo  (Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, 1997).

–     Á espreita na penumbra  (Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, 1999).

–     Leo era un león  (Vigo: Ir Indo, 2002).

–     Entre papoulas  (A Coruña: Everest, 2009).

–     Faíscas  (Vigo: Galaxia, 2009).

–     Matías, un pito de campionato  (Vigo: Galaxia, 2010).

–     O papaventos de Laura, (2011, Deputación de Ourense. Premio Pura e Dora Vázquez)

–     O Crebanoces, (2011, Pablo Zaera Editor.)

–     A tartaruga de Martiño, (2011, Everest Galicia.)

–     Acuario, (2012, Embora)

–     Xiana, a nena pirata, (2012, Everest Galicia.)

–     Viaxes de inverno, (2013, Everest Galicia)

–      Ana xa chegou!, (2014, Everest Galicia)

–     Papá, que son os sorrisos?, (2014, Galebook)

–    Pasen e miren, (2014, Bululú. Versión tamén en catalán e castelán)

–    Vagalume de versos, (2014, Galaxia)

 

Obra colectiva:

 

–     Dezaseis relatos: Pontedeume 1991-1995  (Pontedeume: Concello, 1995): “O derradeiro adeus”.

–     Nós  (Corcubión: Concello / BLCM, 1997): “Chorei:…” (poesía).

–     Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas  (Ponteceso: A. C. Monte Branco, 1997): “Doentes malferidos” (poesía).

–     O trasno rebuldeiro  (Cee: A. Neria / A. C. Monte Branco, 1997): “Ronca o mar”.

–     Mini-relatos  (Vigo: Librería Cartabón, 1999): “Remexendo”.

–     Narradoras (25 autoras galegas)  (Vigo: Xerais, 2000): “Deixando atrás o asfalto”.

–     A Coruña á luz das letras  (Iñás-Oleiros: Trifolium, 2008): “A torre milenaria”.

–     Tres blues e un rap  (Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Galix, 2008): “O café de Ramón”.

Tomado de X.Mª Rei Lema.- Dicionario de escritores e escritoras da Costa da Morte.