• info@semescom.gal

Baña, Alicia. Escritora.

Alicia Baña Castro (A Ponte do Porto, 1987) é estudante de Bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela. Xa desde moi nova comezou a escribir e a gañar premios. No “Concurso de Relatos da Costa da Morte” conseguiu o 1º premio no ano 2001 por “Vivencias dun can”, e ao ano seguinte o 2º premio por “Lembranzas cheas de po”. Pero non só se especializou en relato, senón que tamén escribe poesía, e de feito xa deu a lume o seu primeiro poemario, Daltonismo vital, libro que recolle os poemas que escribiu nos tres últimos anos e que vai acompañado de ilustracións feitas pola propia autora. Ademais xa ten pola rede colgado algún outro poemario.

Obra individual:

–     Daltonismo vital  (2008).

 

Obra colectiva:

 

–     Treze. V Concurso de Relatos da Costa da Morte  (Noia: Institutos de Baio, Cee e Vimianzo, 2001): “Vivencias dun can”.

–     Treze. VI Concurso de Relatos da Costa da Morte  (Noia: Institutos de Baio, Cee e Vimianzo, 2002): “Lembranzas cheas de po”.

[Foto: La Voz de Galicia]

Tomado de X.Mª Rei Lema.- Dicionario de escritores e escritoras da Costa da Morte.