• info@semescom.gal

Alvite, Valentín. Escritor.

Valentín Alvite Gándara (Cures-Cereixo-Vimianzo, 1959) é Licenciado en Filoloxía galego-portuguesa, exerce como profesor de lingua e literatura galega. O seu labor literario saíu á luz recentemente e, polo momento, cultiva, segundo as súas palabras, “exclusivamente o relato de carácter humorístico, pero que exclúe sempre a vulgaridade, a escatoloxía e as historias disparatadas”.

Conta xa con varios premios na súa curta traxectoria literaria: En 2005 gaña o “III Certame de Microrrelatos ‘Lonxa Literaria’” (Moaña) con “Batea”; e ese mesmo ano obtén o accésit no “Premio Carlos Casares de Microrrelatos” (Ourense). En 2009 gaña o “V Certamen Literario ‘Antonia Carreto’ de relatos cortos” (Santa Amalia-Badaxoz) co relato en castelán “Rebeca”; e tamén o “VIII Certame Relato de Aventuras ‘Antón Avilés de Taramancos’” (Noia) polo relato “O hotel”. Ademais, a súa primeira obra publicada, Don Nuno e outros relatos humorísticos, conta co apadriñamento de Xosé Luís Méndez Ferrín, autor do prólogo.

 

Obra individual:

 

–     Don Nuno e outros relatos humorísticos  (A Coruña: Editorial Seara, 2003).

–     O hotel  (Noia: Toxosoutos, 2009).

 

[Foto: La Voz de Galicia]

Tomado de X.Mª Rei Lema.- Dicionario de escritores e escritoras da Costa da Morte.