• info@semescom.gal

Aleixandre, Marilar. Escritora.

María Pilar Jiménez Aleixandre (Madrid, 1947), aínda que non nacida na Costa da Morte, é unha escritora moi vencellada a esta terra, en concreto, á parroquia ceense de Toba. Doutora en Bioloxía, é catedrática de Didáctica das Ciencias na Universidade de Compostela. Aínda que tardou en publicar, Marilar ten hoxe unha boa morea de títulos editados, tanto de poesía coma de narrativa, e tanto destinados a un público infantil e xuvenil coma a un público adulto. Á parte da literatura de ficción, tamén publicou numerosas obras relacionadas coa bioloxía e coa docencia.

Formou parte do Batallón Literario da Costa da Morte e do consello editorial de “Letras de Cal”, e colabora en numerosas revistas literarias (Dorna, Fadamorgana, Feros Corvos, Festa da palabra silenciada, Grial, Madrygal, Luzes de Galiza, Tempos Novos, Escrita Contemporánea, A Nosa Terra, etc.). Varios premios avalan a súa traxectoria: no eido da literatura infantil e xuvenil foi “Premio Merlín” (1994) e “Premio da Crítica” (1995) por A expedición do Pacífico; “Premio Rañolas” (1996) por O trasno de Alqueidón; “Premio Lazarillo” (1999) e “Premio Lecturas Gálix” (2001) por A banda sen futuro; “Premio The White Ravens” (2002) por Paxaros de papel; “Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil” (2008) e “Premio The White Ravens” (2009) por A Cabeza de Medusa; foi ademais finalista do “Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil” (1996 e 2006) por O trasno de Alqueidón e Rúa Carbón, respectivamente. Na narrativa para adultos acadou os seguintes galardóns: “Premio Álvaro Cunqueiro” (1998) por A Compañía Clandestina de Contrapublicidade; “Premio Manuel Murguía de Narracións Breves” (1998) por “Desaforados muños”; “Premio La Voz de Galicia de novela por entregas” (2001) por Unha presa de terra; e “Premio Xerais” (2001) e “Premio San Clemente” (2002) por Teoría do caos. En poesía gañou o “Premio Esquío” (1998) por Catálogo de velenos e o “Premio Caixanova” (2006) por Mudanzas.

Obra individual:

    · Poesía:

–     Catálogo de velenos  (Ferrol: S. C. Valle Inclán, 1999).

–     Desmentindo a primavera  (Vigo: Xerais, 2003).

–     Abecedario de árbores  (Santiago de Compostela: Concello / El Correo Gallego, 2006).

–     Mudanzas  (Santiago de Compostela: PEN Clube de Galicia / Danú Ed., 2007).

    · Narrativa:

–     Tránsito dos gramáticos  (Vigo: Xerais, 1993).

–     Lobos nas illas  (Vigo: Xerais, 1996).

–     A Compañía Clandestina de Contrapublicidade  (Vigo: Galaxia, 1998).

–     Teoría do caos  (Vigo: Xerais, 2001).

–     Unha presa de terra  (Vigo: Ir Indo, 2001).

–     O coitelo en novembro  (Vigo: Xerais, 2010).

    · Literatura infantil e xuvenil:

–     A formiga coxa  (Vigo: Xerais, 1989).

–     O rescate do Peneireiro  (Vigo: Xerais, 1991).

–     A expedición do Pacífico  (Vigo: Xerais, 1994).

–     Nogard  (Madrid: Alfaguara / Obradoiro, 1994).

–     O trasno de Alqueidón  (Vigo: Xerais, 1996).

–     O monstro da chuvia  (Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 1998; Vigo: SM, 2003).

–     A banda sen futuro  (Vigo: Xerais, 1999).

–     O chápiro verde  (Madrid: Anaya, 1999).

–     Lapadoiras, Sacaúntos e Cocón  (Vigo: Galaxia, 1999).

–     Paxaros de papel  (Vigo: Xerais, 2001).

–     Basilisa, a princesa sapiño  (Vigo: Galaxia, 2002).

–     A vaca de Fisterra e a trabe de alcatrán  (Madrid: Tambre / Edelvives, 2003).

–     Rúa Carbón  (Vigo: Xerais, 2005).

–     Herbalúa  (Vigo: Galaxia, 2006).

–     A cabeza de Medusa  (Vigo: Xerais, 2008).

–     Dez abellas na laranxeira  (Vigo: Xerais, 2008).

Obra colectiva:

    · Poesía:

–     Alguén agarda que volva aquí  (A Coruña: Venus, 1998).

–     Mar por medio  (Corcubión: Concello / BLCM, 1998): “Se destes croios”.

–     dEfecto 2000. Antoloxía de poetas dos 90  (Santiago de Compostela: Letras de Cal, 1999).

–     Palabras con fondo  (Santiago de Compostela: Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, 2000): “África”.

–     A poesía é o gran milagre do mundo  (Santiago de Compostela: PEN Clube de Galicia, 2001): “Derrotas domésticas”.

–     47 poetas de hoxe cantan a Curros Enríquez  (Vigo: Xerais, 2001): “Emigrantes”.

–     Namorados da Costa da Morte  (Cee: Concello / Asociación Neria, 2001).

–     Alma de beiramar  (Vigo: AELG / A Nosa Terra, 2003): “Os nomes a voces”.

–     Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina  (Santiago de Compostela: Fundación Araguaney, 2003): “Endlösung”.

–     Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra  (Vigo: FLG / Espiral Maior / Xerais, 2003): “remontando a maré”.

–     Sempre mar: cultura contra a burla negra  (Santiago de Compostela: A. C. Benito Soto / Plataforma contra a burla negra / Colectivo Chapapote / Plataforma Nunca Máis, 2003): “Barco negreiro”.

–     Xela Arias, quedas en nós  (Vigo: Xerais, 2004): “A deshora”.

–     Poetízate  (Vigo: Xerais, 2005).

–     X. Espazo para un signo  (Vigo: Xerais / Fundación Caixa Galicia, 2005).

–     Polifonías. Voces poéticas contra a violencia de xénero  (A Coruña: Espiral Maior, 2006).

–     Volverlles a palabra: homenaxe aos represaliados do franquismo  (Ourense: Difusora de Letras, Artes e Ideas, 2006): “Desde Lavacolla”.

–     Antoloxía de poesía galega 2  (Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 2007): “O peite”.

–     Poesía viva, poesía pura (Premio Esquío 1981-2006)  (Ferrol: S. C. Valle Inclán, 2007): “Derrotas domésticas”, “Irmás” e “O que escribe a outra”.

–     Vanakkam / Benvidas  (Vigo: Galaxia, 2007): “As debandadoras de seda”.

–     Poetas con Rosalía III  (Santiago de Compostela: Fundación Rosalía de Castro, 2008).

–     De Pondal ao Batallón Literario (120 anos de poesía na Costa da Morte)  (Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, 2009).

    · Narrativa:

–     Manual e escolma do relato galego: unha ollada desde os nosos días  (Santiago de  Compostela: Sotelo Blanco, 1995): “A luz do día escura”.

–     Antoloxía do conto galego de medo  (Vigo: Galaxia, 1996): “Agardando polos morcegos”.

–     Construír a paz. Cultura para a paz  (Vigo: Educadores pola paz / Xerais, 1996): “Comparencia ante o nomeador”.

–     Testemuñas  (Vigo: Asociación Galega de Axuda ó Sahara / Fundación Paz e Solidariedade, 1996): “Memoria de area”.

–     Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996)  (Vigo: Xerais, 1996): “Lobos nas illas”.

–     Antoloxía da narrativa actual I  (Vigo: A Nosa Terra, 1997): “Xoana de Castro atravesa a Quintana”.

–     Nós  (Corcubión: Concello / BLCM, 1997): “Variacións sobre o tema de Carrapuchiña e o lobo”.

–     Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas  (Ponteceso: A. C. Monte Branco, 1997): “Nunha noite así”.

–     Airadas de palabras  (Santiago de Compostela: Laiovento, 1998): “Desaforados muños”.

–     Liñas para lelas  (A Coruña / Vigo: Grándola Nova Edicións / Produccións Audiovisuais, 1998; volume violeta): “Os deuses vínganse en ocasións”.

–     Rías de tinta. Literatura de mujeres en francés, gallego e italiano  (Barcelona: Universitat de Barcelona, 1999): “Lobos nas illas”.

–     Paisaxes con palabras  (Vigo: Galaxia, 2001): “Fronte ao Pindo”.

–     Acordanzas  (Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 2002): “Na pel da troita”.

–     Longa lingua. Os contos da Mesa  (Vigo: Xerais, 2002): “Palabras descarreiradas”.

–     Materia prima. Narrativa galega contemporánea  (Vigo: Xerais, 2002): “O coitelo en novembro”.

–     Carlos Casares. A semente aquecida da palabra  (Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2003): “A morte na arca”.

–     Contos dende a arquitectura  (Pontevedra: Colexio de Arquitectos, 2003): “Deseño”.

–     El mundo es ancho pero no ajeno  (Valencia: Fundación Bancaja, 2003): “Os nomes da area”.

–     Narradio. 56 historias no ar  (Vigo: Xerais, 2003): “Fala Carrapuchiña”.

–     Carlos Casares. Os amigos, as imaxes, as palabras  (Vigo: A Nosa Terra, 2004): “A aperta do polbo”.

–     Santiago de Compostela  (Santiago de Compostela: Concello, 2004).

–     Antoloxía de narrativa galega 1  (Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. 2007): “Pegadas na area”.

–     From the beginning of the sea. Anthology of contemporary Galician short stories  (Brighton: Foreing Demand, 2008): “The light of day so soon dark” e “Wolves in the islands”.

–     Telling Stories from Galicia. Writers for a new millenium  (Vigo: Xunta de Galicia, 2008): “Medusa’s head”.

–     Libraria Couceiro: 1969-2009. 40 anos de agradecemento  (Santiago de Compostela: Libraria Couceiro, 2009): “Cervantes seis”.

–     Breogan’s Lighthouse. An Anthology of Galician Literature  (Londres: Francis Boutle Publishers, 2010).

 

    · Literatura infantil e xuvenil:

 

–     Os Contos da Campaña 1  (Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 1992): “Neve na Amaía”.

–     Contos da Travesía  (Santiago de Compostela: Caixa Galicia / Xunta de Galicia / RENFE, 1995): “A verdadeira historia do rato de biblioteca”.

–     E dixo o Corvo…  (Santiago de Compostela: Hospital Xeral / Xunta de Galicia, 1997): “Catro cascarolos”.

–     Imos xuntos camiñar  (Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 1999): “A sombra do morcego”.

–     Contos para levar no peto  (Vigo: Xerais, 2001): “O rato de biblioteca e a gaiteira de Marín”.

–     Contos de máscaras, rúas, perdicións e caníbales  (Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 2004): “Monólogo da vaca caníbal”.

–     Postais do camiño  (Vigo: Galaxia, 2004): “A canción de Roldán”.

–     Contos de medo no museo  (Lugo: Museo Provincial, 2005): “O botón encarnado”.

–     O son das buguinas  (Vigo: Xerais, 2007): “No lombo do elefante”.

–     Chronicles of the End of the Earth. Galician Writers of Children’s and Young Adults’s Narrative Literature  (Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / GÁLIX, 2009): “A cabeza de Medusa” [fragmento].

 

    · Teatro:

–     El-Rei Artur e a abominable dama  (Vigo: Ir Indo, 2001; con Carme Domenech e Jorge Rey).

 

 

[Foto: Santos-Díez (AELG)]

Tomado de X.Mª Rei Lema.- Dicionario de escritores e escritoras da Costa da Morte.