• info@semescom.gal

Abente, Eduardo. Escritor.

Eduardo Abente Chans naceu na vila de Laxe en 1801 e faleceu en Bamiro-Vimianzo en 1854, parroquia na que botou vinte e catro anos de sacerdote. Eduardo Abente era tío e padriño de Eduardo Pondal, quen o visitaba no seu camiño cara a Muxía, onde iniciou os seus estudos o bardo pontecesán. O nome de Eduardo Abente figura entre os poetas en galego que recompilou Carré Aldao na súa Literatura Gallega (1911); e Couceiro Freijomil, seguindo datos de Murguía, sinala que se licenciou en Cánones, materia na que foi recoñecido como “doctísimo”, e que cultivou a poesía, mais a súa modestia fixo que non quixese nunca publicalas; aínda así di que deixou inédito un volume de Poesías. Como dato curioso digamos que gravou, ou fixo gravar, nun banco de pedra da reitoral bamiresa a seguinte cuarteta: Sentado al sol y al sereno / aquí estuvo Eduardo Abente / feliz sea eternamente / en otro asiento más bueno. / Año 1849.

Tomado de X.Mª Rei Lema.- Dicionario de escritores e escritoras da Costa da Morte.