• info@semescom.gal

Ruta das antas da Costa da Morte, DVD (2008)

Ruta das antas da Costa da Morte (2008)

Ruta das antas da Costa da Morte (2008)

O Megalitismo é o período neolítico que se desenvolve do VII ó II milenio a. C., caracterizado por un tipo de construcións feitas con pedras de gran tamaño, de aí o nome, tomado do grego megas ‘grande’ e lithos ‘pedra’.

Non obstante as construcións megalíticas, pola súa abundancia na Bretaña francesa, adoitamos coñecelas polos seus nomes bretóns: dolmen, que significa ‘mesa de pedra’, menhir ‘pedra longa’ e crómlech ‘círculo de pedras’.

O galego tamén creou nomes específicos para estes monumentos, igualmente válidos: antaarcaantelafornelacasota… para dolmenpedrafita é o equivalente a menhir e quedan na toponimia as eiras -das meigas ou dos mouros– onde se pensa que puido haber algún círculo de pedras megalítico.

 O megalitismo galego é esencialmente funerario. Os túmulos megalíticos son chamados no noso idioma mámoas (pola súa forma de ‘mama’), pequenos outeiros artificiais de terra que no seu interior gardaban ou gardan un sepulcro de pedra (a anta ou dolmen). Tamén reciben outros nomes como medoña ou medorra.

Se queres adquirir esta obra contacta con nós en info@semescom.gal