• info@semescom.gal

Os Penedos de Pasarela e Traba, a arte dos dedos no tempo, DVD (2011)

dvd penedos pasarela traba semescomSe a Acrópole de Atenas contou cos dedos de Fidias para modelar as esculturas do Partenón, aquí esculpiron as formas máxicas os dedos invisibles do vento.

En 1835 o Instituto Xeolóxico e Mineiro de España declarou aos Penedos de Pasarela e Traba Formas Singulares no primeiro mapa xeolóxico de Galicia elaborado polo xeólogo Guillermo Schulz. Tras anos de xestións, o Seminario de Estudos Comarcais e outros colectivos lograron que a Xunta de Galicia declarase Paisaxe Protexida esta paraxe.

O Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte cumpriu coa promesa da realización dun DVD sobre estes Penedos, esperando que este sirva, por unha  parte para dar a coñecer esta singular paraxe, e pola outra para recordarlles ós  poderes públicos as obrigas contraídas (protección, limpeza, recuperación,  rexeneración, promoción etc.).

No guión faise un percorrido por estas formacións xeolóxicas, con especial  detemento nalgunhas das pedras máis significativas; nárrase a historia recente da  paraxe, que estivo en constante perigo de destrución polos sucesivos intentos de  abrir nela unha canteira (especialmente en 1997 e 2006). A loita de colectivos  ecoloxistas da Costa da Morte e de toda Galicia logrou salvala.

 

Ficha artística

Dirección e guión: / Xosé María Lema / Roberto Mouzo

Narración: / Matías Brea

Imaxe: / Marcos Gallego

Edición e posprodución: / Manu G. Torre

Axudante de posprodución: / Noelia Rúa

Imaxes portada e contraportada: Roberto Mouzo

Fotos: Xosé María Lema / Roberto Mouzo

Mapas: Laboratorio Xeolóxico de Laxe / Roberto Mouzo

Tradución ao castelán: Marta Rei Lema / Xosé María Rei Lema

 

Ficha técnica
Produtora / Servicios Audiovisuais Galegos SAGA TV, S.L.
Subvención ou axuda pública / Deputación da Coruña

Titulo orixinal: Os Penedos de Pasarela e Traba, a arte dos dedos no tempo.
Tipo: Documental
Xénero: Cultural
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 23′
Orixe: Galicia
Ano: 2011
Idioma V.O.: Galego
Subtitulada: Castelán

Se queres adquirir esta obra contacta con nós en info@semescom.gal