• info@semescom.gal

Os cruceiros máis sobranceiros da Costa da Morte. (I. Bergantiños Occidental e Terra de Soneira)

Ficha técnica

Título:  Os cruceiros máis sobranceiros da Costa da Morte. I. Bergantiños Occidental e Terra de Soneira

Autores: José Mª Laredo Cordonié e Xosé María Lema Suárez.

Edita: Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte.

Maquetación e impresión: Tórculo Artes Gráficas.

88 páxinas

 

Foi tanta a abundancia de cruceiros que rexistramos no extenso territorio da Costa da Morte que non tivemos máis remedio que acometer nesta primeira fase os das dúas comarcas setentrionais (occidente de Bergantiños e a Terra de Soneira), quedando para unha segunda a zona meridional: a comarca de Fisterra e os concellos de Mazaricos e Carnota. Non pretendemos facer unha relación exhaustiva de todos os cruceiros existentes, senón tan só unha síntese, un percorrido polos máis significativos que, polos motivos máis diversos (a beleza artística, a antigüidade, unha iconografía inédita, detalles curiosos), non se deben deixar de visitar.

Descarga esta obra en formato PDF, premendo aquí.

Se queres adquirir esta obra contacta con nós en info@semescom.gal

Preme aquí para descargar un resumo en formato PDF