• info@semescom.gal

Guía dos Penedos de Pasarela e Traba

guia penedos

 

Ficha técnica

Título: Guía dos Penedos de Pasarela e Traba

Autores: J. R. Vidal Romaní, X. Mª Lema Suárez e R. Mouzo Lavandeira.

Edita: Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte.

Maquetación e impresión: Tórculo Artes Gráficas.

72 páxinas

 

Tras de Pasarela, entre Vimianzo e Traba de Laxe está un dos centros de arte máis abraiantes de Galicia. Alí están as rochas que cantou Pondal e que enfeitizaron a Otero Pedrayo, quen tanto tiña visto. Penedos enormes de rostro humanoide. Con formas de animais. Con caprichos surreais. O Henry Moore ficaría sen fala e o Chillida, seguramente, dedicaríase a outra cousa (Manuel Rivas, 1997).

Hai quen di que son soamente pedras. Son moito máis que pedras. Igual que os máis fermosos bosques son moito máis que madeira, nin tampouco o corpo humano é unha morea de carne e ósos. Os Penedos de Pasarela son monumentos naturais, é arte da natureza feita laboriosamente durante miles e miles de anos polos dedos do tempo. Unha obra de arte da natureza, unha marabilla irrepetible, respectada e tamén durante miles de anos polos devanceiros (M. Rivas, 11-06-2006).

Tras anos de xestións, o Seminario de Estudos Comarcais e outros colectivos lograron que a Xunta de Galicia declarase Paisaxe Protexida, o 11 de decembro de 2008, este senlleiro parque xeolóxico. Con esta declaración, no prazo de dous anos desde a entrada en vigor do decreto (DOG 14-1-2009), o Goberno galego quedaba obrigado a aprobar un Plan de Conservación deste lugar, ademais de desenvolver un plan de acción para a súa protección, xestión e ordenación, con medidas para o mantemento, mellora, recuperación e rexeneración. Esta guía está feita sen que ningún destes compromisos estea cumprido.

Descarga esta obra en formato PDF, premendo aquí.

Se queres adquirir esta obra contacta con nós en info@semescom.gal